Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (IV): A chegada dos aliados ingleses
Unha vez que o pobo español se levanta en armas contra a invasión napoleónica, Inglaterra aparecerá desde o primeiro momento como un aliado natural que se implicará profundamente na causa hispana con apoio económico e militar. No caso de Galicia, a Xunta Suprema tiña contactos contínuos co goberno inglés que se traducirían ademáis de no apoio militar, especialmente por mar, na concesión dun importante préstamo económico que facilitaría a actividade diaria da Xunta.
Como os acontecementos sucédense rapidamente e as comunicacións entre a Xunta e os concellos, aínda sendo áxiles, non eran tan doadas como poden ser na actualidade, as primeiras novas da situación da guerra chegarán ós portos da Costa da Morte da man das fragatas inglesas nas primeiras semanas de xuño de 1808.
Sorprendidos tiveron que quedar os marinos ingleses despois dos primeiros contactos nos diferentes portos galegos, especialmente no caso de vilas pequenas. Son eles os que toman a iniciativa de presentarse ante os veciños como aliados de España na guerra contra Napoleón diante do recelo e desconfianza coa que se atopan desde un primeiro momento.
Juan María de Casal, xuíz ordinario de Fisterra narra nunha carta á Xunta Suprema de Galicia o primeiro destes encontros que tería tido lugar o 20 de xuño de 1808: “... se presentó a la vista del puerto de esta villa una fragata con el pabellón español en el palo de proa y el de la nación británica en el de popa, echó el bote al agua con un gallardete español largo en la proa dirijiendose a este puerto y luego que llegó a voz de bocina largó su bandera ynglesa en la popa y preguntándole del castillo con las voces de ordenanza contestó que trahía noticias de la paz que nuestra nación española havía hecho con la suya…”.

Despois de tomar terra, o xuíz, acompañado dunha guarda de paisanos armados, seguramente os que se encargaban de defender o castelo de San Carlos, recibe ó capitán Zacarías Mudge, responsable da fragata HMS Phoenix e que comandaba outras dúas máis que estaban próximas ó Cabo Fisterra. Cunha dilatada traxectoria ó servizo da armada británica, este capitán estivo desde 1805 ata 1810 como máximo responsable desta fragata xogando un papel destacado nos meses previos á batalla de Trafalgar. Tamén tiña sido moi destacada a súa participación na expedición de Vancouver, viaxe de exploración organizado pola Marina Real Británica durante cinco anos (1791-1795) na que daría á volta ó mundo. Froito desta expedición sería a supremacía de Inglaterra como primeira potencia no Pacífico Norte, establecendo tamén o control británico sobre Australia e Nova Zelanda.
A través dun interpréte o capitán explica como estando próximos á costa fisterrán reciben o comunicado do almirante da flota británica, que se atopaba preto de Ferrol, no que se lle da conta da paz entre as dúas nacións. O capitán tamén trae noticias de primeira man de como se están desenrolando os primeiros movementos militares e así “... manifestó que la escuadra ynglesa que bloqueaba el Tajo entrara en Lisboa y que se uniera con la de Rusia que allí se allaba y que en aquella corte estaba enarbolado el pabellón español y portugués…”. Tamén informa da marcha da cidade lisboeta do xeneral Junot, con parte da súa tropa, cara Madrid, dada a difícil situación existente na capital española. Unha das fragatas que acompañaban á Phoenix saíra en persecución dunha goleta corsaria francesa estando a espera do seu resultado. Mentras tanto, tivera lugar a declaración da paz con España, sendo este ó motivo de que a Phoenix se achegara a porto para transmitir a boa nova e aproveitar de paso para pedir avituallamento. Esta fragata, botada en 1783 era de quinta clase e contaba con 36 cañóns e unhas medidas de 42 metros de lonxitude por 11,7 de manga, con preto de 850 toneladas de carga. A súa dotación superaba amplamente os 200 mariñeiros. Entre as súas accións máis importantes está sen dúbida a que tivo lugar nas proximidades do Cabo Fisterra o 10 de agosto de 1805 cando capturou á fragata francesa Didon, de maior envergadura e que levaba os despachos do comandante Allemand con destino a frota franco española de Villeneuve. Aínda que perdeu a 12 mariñeiros e tivo 28 feridos, as súas accións foron fundamentais para a posterior victoria inglesa en Trafalgar e incluso para evitar a invasión da propia Inglaterra.
O xuíz de Fisterra comunícalle ó capitán Mudge que non pode facer nada sen consultar antes coa Xunta Suprema de Galicia e como esta resposta non satisface ós oficiais británicos, éstes dirixiranse no día seguinte cara a Corcubión. Alí se expresan en parecidos termos según podemos deducir das comunicacións que á Xunta fixeron por unha parte o alcalde Bartolomé Francisco Figueroa Porrúa, que actúa en ausencia do xuíz, e o axudante militar de marina do distrito, Manuel Barruti. O alcalde corcubionés manifesta como desde o buque inglés traen as novas da paz e como lle solicitan poder entrar a porto, feito que lle será negado polo momento: “... dicha fragata nombrada la Fénix quería entrar con otra a hacer aguada, tomar refrescos, y repararse para salir inmediatamente a la mar porque tenían noticia de que mui luego se esperaban sobre este cabo de Finisterre quatro fragatas francesas, a que se le contestó que no havía orden del gobierno para permitirle la entrada, y que sin perjuicio de dar quenta lo único que se les podría permitir era la entrada de las lanchas para el fin de hacer aguada…”.
Barruti, pola súa parte fai referencia ó entusiasmo co que o pobo de Corcubión recibe ó capitán Mudge: “...saltó a tierra entre repetidos aplausos de aquellos vecinos que pidieron al castillo hiciese saludo en celebridad, como lo executó con tres cañonazos, a que correspondió con los mismos la citada fragata, repitiendo reciprocamente y sin cesar gracias a la Magestad Divina y vivas a la de Fernando 7º…”. A pesar da boa acollida inicial, a resposta é semellante á obtida en Fisterra, é dicir, a reserva polo momento dada a necesidade de comunicarse coa Xunta Suprema para actuar en función do que esta decida. De todas maneiras, e diante das protestas inglesas que afirmaban que noutros portos os tiñan auxiliado, “... se le brindó por dicho Ayuntamiento con el franqueo de aguada y algún refresco que necesitasen siempre que lo quisiesen conducir en sus botes…”. É dicir, mántense a prohibición de achegar as fragatas directamente a porto, tendo que facer todas as operacións a través das lanchas auxiliares, feito que molestou ós oficiais británicos ata o punto de pedir, a través do seu intérprete, a mediación da Xunta. Ésta xa tiña decidido nos días previos que se apoiase en todo canto se puidese ós buques ingleses pero sin permitir que atracaran nos portos as súas fragatas de guerra. Esta medida que trataba de preservar a integridade dos portos e vilas costeiras sería revogada pouco menos dun ano despois polas autoridades corcubionesas. Coa vila saqueada polos franceses na xornada do 13 abril de 1809, pedirán ó capitán da fragata Endymion que entre a porto co fin de dar seguridade e tranquilidade ós seus veciños. As consecuencias deste feito son por todos coñecidas, unha segunda invasión francesa na xornada do 21 de abril de 1809 de tráxicas consecuencias para as vilas de Cee e Corcubión.
- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
Especial Guerra da Independencia
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
As terras fisterrás no século XVIII
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).