As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (IV)
4. O Censo de 1571
Como xa comentamos noutra entrega, no ano 1571, a Coroa de Castela ten a intención de repartir polos seus territorios ós moriscos granadinos. Por este motivo é necesario coñecer a poboación de cada lugar co fin de ver como se podería facer mellor a súa distribución.
Nembargantes, as premisas da orde non se cumpliron con demasiado celo na nosa comarca, así que só se nos dá información da poboación das catro vilas mariñeiras, deixando de lado ás demáis parroquias, xa que na opinión dos encargados de levar a cabo o reconto, estas non son nada atractivas para que os moriscos se poideran asentar nelas:

Los pueblos de población son los puertos de la mar los quales todos se nabegan de entrada y salida, tienen la salida para Portogal, Françia e Yngla terra, la comodidad para los moriscos en ofiçios e artifiçios en que pueden ganar de comer y bebir y sustentarse y entretenerse, paresçe hes dificultoso y trabajoso porque los xcristianos le son hodiosos y quando se pudiesen entretener seria en estos puertos de mar y entorno dellos una y dos leguas porque toda otra tierra hestan tan çeparados los bezinos y labradores que paresçe ninguna comodidad ay para la bibienda dellos y façilmente caso que bengan a los dhos puertos de la mar pueden yr y ausentarse cada paso. Hes todo tierra donde no se coje mas de un fruto en el año y las partes fuera de los puertos dela mar hes todo tierra fria y aspera. No son partes dose pueda hazer pasa y higo, aunque ay bino ollan (sic) como de suso se dize e higueras, por la frieldad de la tierra. (datos proporcionados no consistorio celebrado o venres 27 de xullo de 1571 en Santiago).
Parece claro, que non había moita vontade de acoller ós moriscos nas nosas terras. A información referida á poboación das catro vilas non deixa de chamar a atención, dada a gran diferencia que se pode observar respecto ó ano 1533:
El puerto de Cee, señorio del arçedianago de Trastamara en esta santa ygª y una parroquia, pescadores y labradores ciento y veinte.
El puerto y villa de Corcubión del señorio del Conde de Altamira, ay en ella una parroquia e duçientos vezinos.
La villa y puerto de Finisterra con una parroquia, ay çinquenta pescadores y labradores del señorio del arçobispo.
El puerto de Mugia de treinta vezinos, una parroquia del señorio del arçobispo.
A comparación destes datos cos de 1533 abre moitas interrogantes:
VILA | 1533 | 1571 |
CEE | 59 | 120 |
CORCUBIÓN | 46 | 200 |
FISTERRA | 39 | 50 |
MUXIA | 57 | 30 |
Parece evidente que o concepto de veciño non pode ser o mesmo nas dúas fontes. No primeiro caso hai que ter en conta a falta de eclesiásticos e fidalgos, así como unha máis que probable ocultación. Pola contra, para o ano 1571 hai un “redondeo” nas cifras que, posiblemente sexa á alza, polo menos para as dúas primeiras. O que si se pode comprobar é a importancia do porto e vila de Corcubión, circunstancia que posiblemente tamén se daría na primeira data pero que quedaría agochada pola propia fonte. A única explicación que se pode dar para explicar as diferenzas tan grandes que se atopan nas cifras é que no primeiro caso estamos diante do número de contribuíntes, mentras que no segundo faise referencia ó total de veciños, entrando aquí un importante número de viúvas e mulleres que viven “de sobre sí”, que non aparecerían reflexadas no primeiro reconto.
Nota aclaratoria da imaxe: Granada foi o último reino islámico na Península e concentrou no seu territorio o maior continxente de poboación morisca ata a década dos setenta do século XVI. Despois da rebelión das Alpujarras (1568-71), estes moriscos, que falaban árabe e conservaban boa parte dos rasgos culturais propios, foron deportados cara as terras castelás.
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (I): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (II): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (III).
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).