As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (V)
5. O Censo de 1587

A primeira ocasión na que as fontes nos permiten achegarnos ó total da poboación que tería o actual concello ceense ten lugar no ano 1587. Nese ano por mandado de Felipe II faise un vecindario parroquia por parroquia. Coñécese este reconto como Censo de los Obispos por ir a orde dirixida especialmente a eles para que, a través dos párrocos dos seus respectivos obispados, se levara a cabo.
Os seus datos, conservados no Arquivo Xeral de Simancas, son os seguintes:
Santa María de la Junquera | 117 veciños |
San Giao de Pereiriña | 39 idem |
San Estebo de Lires | 35 idem |
San Adrian de Toba | 25 idem |
Santiago de Ameixenda | 25 idem |
Santa Baya de Brens | 25 idem |
San Xtobal de Codesos | 9 idem |
TOTAL | 275 veciños |
Hai que concederlle algo máis de fiabilidade a esta fonte, xa que probablemente sería feita a partir das listas que os maiordomos das parroquias tiñan feitas para elaborar o padrón do precepto pascual e, por suposto, para outro tipo de solicitudes, como podían ser as de repartir os impostos encabezados e outras peticións, ben fora desde o propio concello ou desde instancias superiores, motivadas case sempre por ter que facer repartos fiscais e donativos á Coroa.
Neste mesmo Censo, a vila de Muxía aparece con 50 veciños, Fisterra con 65 e Corcubión con 128. Este último caso é o que presenta unha diferencia máis notable respecto ó reconto de 1571. A importante perda de población que se desprende da diferencia entre os dous recontos é pouco creíble. Así, opinamos que o dato de 1571 está redondeado polo alto (lembramos que era de 200 veciños). No caso de Cee, a poboación é moi semellante, como se houbese un estancamento, feito que podería ter a súa explicación no andazo de peste que houbo precisamente no ano 1570 e do que temos referencias no consistorio celebrado no concello de Santiago o xoves día 8 de xuño dese ano, no que se toman medidas para impedir a entrada na cidade do Apóstolo de xentes procedentes da nosa comarca e doutras partes de Galicia con novas de contaxio:
- En este consistorio los dhos señores visto que la enfermedad dela peste se prosigue en la villa de pontebedra como en la villa de cee e corcobion e laje con su comarca con tierra de vergantiños ..... e otras partes deste reyno e que so color de que bienen en rromeria a este glorioso apostol e por otras bias los vezinos e naturales destas dichas partes e felegresias se entran en esta çibdad y sus arrabales e los mesoneros e otras muchas personas so color de dezir que son sus amigos e parientes los acogen en sus casas e mesones de que rredunda gran dano e por obiarlos acordaron que una persona con bara de justicia tenga la guarda desta çibdad al qual mandaron se diese la lista de los lugares arriba dhos e delos mas que subçediere contagiosos e que la tal persona de dia e de noche besite la dha çibdad e sus arrabales e los mesones e posadas y aga hechar fuera y enterrar sy fuere nesçesario a las personas que benieren de los dhos lugares contagiosos e aga ynformaçion e prenda los culpados para que sean castigados entregando las ynformaçiones a los señores alcaldes e cada uno dellos para que aga justicia e esecuten las penas del pregon que sobre ello se dio e mandaren que de nuevo e a mayor abundamiento se pregone lo que esta mandado e a la tal persona se le de poder para todo lo susodho e que aya de salario dozientos mrs cada dia para su sustento...
Para rematar, coas cifras do Censo dos Obispos, aínda que sorprenda o número igual de veciños para as parroquias de Toba, Ameixenda e Brens, non é nada arriscado afirmar que o territorio do actual concello de Cee estaba habitado aproximadamente por 1.000 personas, na última década do século XVI.
Nota aclaratoria da imaxe: o Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid), iniciado por Carlos V e rematado por Felipe II, custodia toda a documentación xerada polos órganos de goberno da monarquía española desde os Reis Católicos (1475) ata a implantación do réxime liberal (1834).
- Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700-1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (I): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (II): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (III).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX) (IV).
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).