Xoves. 25.04.2024
El tiempo
08:59
08/05/12

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (III): a igrexa da Xunqueira trala invasión

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos (III): a igrexa da Xunqueira trala invasión

Ó día seguinte á segunda invasión polas tropas francesas, o 22 de abril de 1809, certificase polo escribán de número Fernando Nicolás Fernández con asistencia do xuíz ordinario Ramón Pérez Porrúa e do párroco Francisco Domingo Fernández que “haviendo el 13 del corriente vajado a esta  dicha villa crecida partida de tropas francesas después que han dado muerte a quantos han cogido al descuido, saqueado y quemado muchos de sus edificios, rompieron una de las puertas de la Ygla. Parroquial de esta villa, la entraron, robaron sus tres lamparas de la capilla mayor, cruz parroquial, copón, calizes con sus patenas, incensario, gaveta, diadema y corazón de la Virgen de los Dolores que se hallaba colocada en su altar dentro de la capilla de Ánimas y San Sebastián su patrono unida a dicha iglesia, que todo era de plata con otras alajas y hornamentos de superior estimacion. Posterior y en el día 21 del mismo mes volvieron a esta villa otro número de tropas francesas y procedieron a ejecutar iguales hechos de matanza, saqueo y quema practicando lo mismo en la Ygla Parroquial de forma que quedaron reducidas a cenizas  todas sus puertas, tribuna, techo con el de la referida Capilla de Ánimas, todos sus altares, imágenes, porción de ornamentos, arcas, cera, altar, con el retablo de la referida Capilla, custodia que en el havía, imágenes del San Sebastián, la de un Crucifixo de cuerpo con otras de bulto que en el estaban colocadas; altar e imagen de los Dolores, su vidriera mayor y en seguida quantos utensilios tenia dicha Cofradía e Iglesia Parroquial para su diario y su anual servicio con los de la Semana Santa y maderas de la armazon del Monumento, ataúdes, altar y retablo mayor con sus imágenes, incluso la Patrona con la casa de fábrica a ella inmediata; de modo que solo han quedado sus paredes y eso estas muy mal tratadas y tan destruídas y quemadas que al parecer manifiestan insuficiencia de existir por algunas partes sin que por este motivo pueda celebrarse con aquella pura decencia que se requiere…”

Nos días seguintes á segunda invasión que rematou coa queima da igrexa acométense as tarefas máis urxentes de limpeza e adecentamento do pouco que se puido salvar.  É de salientar que sabemos con bastante certeza dos bens parroquias que se gardaban na igrexa xa que no mes de xullo de 1808 fíxose un reconto pormenorizado para que a todo tiempo conste a reconocer e ynventariar todas las alajas y mas utensilios que existen y son del servicio de la propia Yglesia, a presencia de todos…  Grazas ó atrevemento do párroco que decidiu, nas horas previas á primeira invasión, coa axuda do sacristán e algún veciño máis, agochar as xoias principais na parte máis alta da igrexa detrás do camarín da Virxe e parte dos libros parroquiais con outros ornamentos en cestos que se enviaron a Lires, contamos con datos de primeira do man do que realmente aconteceu. Esto foi finalmente posible, ademáis, ó descartar a idea inicial de agochar estas cousas nalgunha sepultura dentro da igrexa por ter noticia de que en San Salvador de Colúns os franceses revisaranas na busca de cousas de valor. Ademáis de certo número de pezas de ropa salváronse da queima las coronas de plata de Nuestra Señora La Aparecida y su Niño,  como ygualmente las dos coronas, rastrillo de la Virgen, corona de su Niño, como asimismo otra pequeña, que quedo reservada en poder del presente Cura. Menos sorte correron as xoias doutras imaxes da igrexa xa que, ó verse afectadas en parte polo lume, tiveron que fundirse para a súa venta a dous plateiros de Santiago a prezo de 17 reais por onza. Así, as 95 onzas e media que quedaron en limpo produxeron un importe total a 1623,5 reais de vellón.

Os anos seguintes foron moi difíciles e os traballos de reconstrucción alongaríanse especialmente durante a década seguinte. Na Visita de 1816 faise referencia á pobreza e a grave crise que segueu á invasión, ata o punto de que os clérigos da vila piden que se lle pague polas misas do Santísimo, Semana Santa e Xunqueira al igual que los que vienen de fuera porque la aflicción de los años no les permite sin este subsidio subsistir. As ofrendas á Virxe poden chegar como media ós 60 reais ó ano, cando na década de 1780, no que xa baixan considerablemente as recadacións, era duns 250 reais por ano. Cando en maio de 1824 se queren tomar contas ós maiordomos que correron co colector de esmolas desde o ano 1816, estes aseguran que la limosna que han recogido ha sido muy limitada, y por solo la procedencia de alguna cachucha o facera de lechon que al momento, y sin llevar quenta ni razon de los devotos que la davan, ni su precio, la hechavan su producto en la caja del petitorio de la Virgen para sus menesteres, por cuio todo no pueden ni tienen de que rendir quentas algunas.

  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

       


Novas relacionadas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Elección Histórica da Costa da Morte

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

 

Comentarios