2ª FUTGAL: O Malpica bate ao San Lorenzo e pecha o ano no liderato
Remata o ano coa Liga máis apretada que nunca
Espectacular este Malpica da 25/26. O equipo de David Baña, recén ascendido, remata o ano no liderato, tras superar a todo un San Lorenzo que chegaba líder á Pedra Queimada. Os malpicáns teñen 1 punto de vantaxe sobre os carballeses, e 4 sobre o Xallas, que salvou a contenda cunha remontada no Cunchido, un partido que o podía alonxar da zona alta.
Noutro choque dos de arriba, derrota do Baio ante un Porteño que pouco a pouco xa se vai colocando aí arriba e xa está 5º, a 2 puntos de xalleiros e baieses.
Polo demais, empate de necesidade entre Zas e Sofán B que nnon lles serve para saír dos postos perigosos, pero é que se o pechacancelas, o Mazaricos, ten 10 puntos, a só 3 puntos están Monte Louro, Soneira (ollo que parece que recupera a boa liña), ademais de zaseiros e o filial carballés.
No aspecto goleador, o curso péchase con 3 xogadores con 10 goles, que son Dani Jurjo (Muros), Javi Pérez (San Lorenzo), e Keko (Outes). Con 9 están Saydou (Malpica) e Bruno (Porteño), e con 8 Manel (Outes), Baba (Porteño), Bryan (Xallas) e Salah (Zas).
Cabana - Mazaricos (5-1)
- Goles: 1-0, m.26: David Rey tras un penalti parado por Ángel; 2-0, m.35: Migueliño; 2-1, m.55: Kevin de penalti; 3-1, m.64: Brais Fontenla; 4-1, m.87: Brais Fontenla; 5-1, m.93: Mario Romar.
Segue sufrindo o Mazaricos, que non empeza mal os partidos, pero que acaba sucumbindo por erros propios. O Cabana fixo un partido moi serio, moi práctico e efectivo, pero sufriu ao principio tendo que aparecer Manu para salvar unha gran acción dos de Periscal. Tras un penalti adiantábase e despois confirmaban o seu dominio antes do descanso. Meteuse ao comezo da segunda o Mazaricos no partido, cun penalti e cun par de ocasións, pero o terceiro de Brais deixou o partido encarrilado. 3 puntos importantes para o Cabana alonxar aos de abaixo e poder pensar na Copa contra o Nantón da Previa, mentres que o Mazaricos necesita un bo reseteo, coa idea de que a pesar do mal comezo de temporada están a só 3 puntos da salvación.
Porteño - Baio (3-1)
- Goles: 1-0, m.10: Baba aproveita un rexeite de Rodri a tiro de Iván; 2-0, m.62: Yuyo a centro de Bruno; 2-1, m.65: Norberto; 3-1, m.79: Baba.
Campo impracticable na Grixa, a un partido de altos voos ao que chegaba o Baio con varias baixas importantes. E o Porteño, con gran veteranía, e en liña ascendente, soubo sacar partido. E iso que o Baio saíu moi ben, tendo 2-3 boas ocasións que non acabaron en gol. O xogo directo era clave, con Baba por un lado e Norberto polo outro, fundamentais tanto en defensa como en ataque. De feito, Baba abría o marcador tras unha segunda xogada na que o Baio pedía un saque de banda a favor. O Baio comezou xerar un pouco máis de achegamentos, sen ocasións pero si con presenza en área contraria. Tamén tivo Bruno un tiro lateral tras regatear ao porteiro, pero a saca un defensa baixo paus ante, as protestas dos locais que traspasara, con claridade. a liña de gol.
Comezaba a segunda co tanto de Yuyo para os de Mayor, pero de contado, Norberto recorta noutra xogada embarullada. Nese treito empurrou o Baio, e estivo preto, pero noutro saque de banda rápido, collen fóra de sitio á defensa baiesa e Baba, en posible fóra de xogo, fai o terceiro e sentenza o choque. Aínda o intentou o Baio, e aínda expulsou a Baba por perda de tempo cando ía ser cambiado, e a outro xogador local. Contra o 9, o cadro de Lobelos intentouno e tivo Pastoriza unha moi clara que saca Mariolo e outra de Cheti que sae fóra, pero os puntos quedaron na Grixa e a liga máis apretada que nunca.
Monte Louro - Ponteceso (0-1)
- Goles: 0-1, m.82: Alberto Recarey.
Distópico partido na Agra da Filgueira, no que o Ponteceso logrou os tres puntos. Saía o Monte Louro máis enchufado ao partido aproveitándose da febleza inicial no ritmo do Ponteceso, que non era quen de atravesar o catenaccio defensivo do Louro e teimaba atrás coas contras dos locais, aínda que sen demasiado perigo. Houbo pouco que resaltar no apartado propositivo na primeira parte por ambos equipos mais si foi desdeñable a actuación arbitral: o colexiado expulsou con bo criterio a (...) por unha falta con forza excesiva sobre Iván a altura da rodilla cando xa non tiña posibilidade de pelexalo o balón e o trencilla tivo que activar o protocolo por uns comentarios desafortunados dende a bancada, afortunadamente só quedou no anecdótico. A segunda metade inaugurouse cunha granizada sacada do propio apocalipsis que fixo ter que deter o partido durante uns minutos, retomado este, o Louro refíxose extraordinariamente cun home menos, seguindo o seu plan de partido: buscando as contras e deixando dominar a un Ponteceso que non acertaba no último terzo, inclusive tiveron un man a man con 0-0 que salvou providencialmente Damián.
Xa nos prolegómenos do partido, cando parecía que remataría en empate, Iván chega a liña de fondo nunha boa xogada combinativa e cedeu atrás para que Alberto Recarey colocase o balón no fondo das mallas non se a estirada gatuna do porteiro loureán, que chegou a arañar o balón infructuosamente. Pouco máis nun partido estrano que ben lle puido costar ao Ponteceso os tres valiosos puntos que o situan na sexta posición, pola contra, o bo esforzo do Louro non foi suficiente, perdendo novamente puntos nos minutos finais do partido.
Corcubión - Soneira (1-2)
- Goles: 1-0, m.7: Iago; 1-1, m.30: David LP; 1-2, m.86: Mario Leis.

Dúas liñas completamente contrarias enfrontábanse no Cubaleiro e así rematou o partido, para os que viñan de abaixo arriba. O partido empezaba moi frío, cun Corcubión que entraba con moita potencia, coin dúas ocasións e un golazo de Iago. Pero o Soneira empataba nunha xogada a balón parado que culminou David LP. Os locais pediron un penalti sobre Iago e un gol anulado a César por fóra de xogo.
Na segunda parte o encontro comezou igualado, cun Soneira máis intenso e con máis ritmo. Houbo chegadas nas dúas áreas, polo lado local Rama errou varias, e xa no treito final, un pase ás costas da defensa permitiu a Mario anotar o filtrado definitivo, nunha xogada na que os locais pedían fóra de xogo.
Este triunfo confirma a boa dinámica do Soneira, que suma xa tres semanas consecutivas sen perder.
Corme - Muros (2-0)


- Goles: 1-0, m.27: Isra; 2-0, m.35: Rubén.
Partido igualado no que o Muros pagou os erros moi caros. Foi unha primeira xogada igualada, que comezaba con algún aviso de Fran ao que tiña que responder Adrián Suárez. No ecuador do primeiro tempo aparece Isra para abrir o marcador, e o tanto afecta ao cadro de Joaquín Quintáns, que pouco despois comete unha perda na saída do balón e Rubén Porteiro penaliza co segundo.
Arriscou na segunda o cadro muradán, obrigando a Quique a facer varias paradas, pero os de Ángel aguantaron ben sen encaixar.
O partido estivo marcado por un detalle. No treito final, cando Juan oVello se achegaba a sacar un córner, atópase con Suso da Torriña e decide fundirse nunha fonda aperta na lembranza de Alejandro, vello amigo do xogador costeiro. É un dos moitos detalles que a xente do Fútbol da Costa ten co Corme, con Suso ou co propio Borja Torrado, o fillo de Alejandro. “O de onte foi do máis bonito que me pasou no Fútbol da Costa”, asegura agradecido Suso da Torriña.
Zas - Sofán B (1-1)
- Goles: 1-0, m.55: Juan Touriñán; 1-1, m.94: Dani Calvete.
Partido entre dous equipos necesitados de puntos para afastarse da zona baixa da clasificación, nun encontro marcado pola igualdade, o aspecto táctico e un alto desgaste físico por parte de ambos conxuntos.
O Sofán B tratou de facer dano principalmente polos costados, aproveitando a profundidade dos seus homes de banda, mentres que o Sporting Zas buscou apretar arriba e xogar o maior tempo posible en campo contrario. A primeira metade estivo moi disputada, con achegamentos nas dúas áreas pero sen ocasións claras nin demasiada fortuna no remate. Como acción máis salientable, un gol anulado ao Zas nun saque de esquina por unha falta previa, decisión que mantivo o marcador en branco ata o descanso.
Tralo paso polos vestiarios, o Zas saiu máis metido no encontro e deu un paso adiante. Froito dese empuxe chegou o gol local, nun disparo de Juan desde a frontal da área despois de varios achegamentos consecutivos que xa avisaban do que podía chegar.
Co marcador en contra, o Sofán moveu ficha e incorporou máis xente en ataque. Os minutos finais convertéronse nun ida e volta continuo, con poucas elaboracións e moita disputa, propio dun partido de tensión e necesidade. Cando todo parecía indicar que os tres puntos ían quedar en Zas, unha man dentro da área tras un saque de banda nos últimos instantes do encontro permitiu ao Sofán empatar desde os once metros, deixando o partido no 1-1 definitivo.
Malpica - San Lorenzo (2-0)
- Goles: 1-0, m.30: Saydou; 2-0, m.75: Saydou.
O partidazo da semana dábase nunha Pedra Queimada que volve vivir xornadas con ambiente de antano. Os dous mellores equipos do primeiro treito da temporada enfrontábanse e o Malpica demostrou que non vai de farol, malia ser un recén ascendido. E iso que os de Baña chegaban con con numerosas baixas en defensa (Villar, Carrumba e Triple) sumándose tamén a de Anxo nos primeiros minutos do partido.
Encontro igualado marcado, para os carballeses, polas accións claves arbitrais, como un posible fóra de xogo no primeiro gol local.
Comezaba algo mellor o Malpica, encontrando espacios polas bandas donde estaban Camilo e Chicha pero sen encontrar gol. Os visitantes non se quedaban atrás colgando balóns a área nos que Damián e Garci interceptaban de forma maxistral. O primeiro gol chega tras un pase fenomenal de Saydou no que se fai un autopase ao porteiro en carreira e remata a porteria vacía, co resultado vaise o Malpica aventaxado ao descanso.
Ao comezao da segunda parte o porteiro malpicán Abdou non puido continuar tras ataxar unha acción en dous tempos e tuvo que ser sustituido por Pepucho. O San Lorenzo máis cómodo e colgando balóns a área pero topábanse con Saúl (que quitou un balón debaixo dos paus) Garci outra vez e Damián. Cando mellor estaban os visitantes golpeou o Malpica tras unha falta en campo propio que saca Chicha e busca directamente arriba a Saydou que controla de forma espectacular co exterior do pé e en carreira marca un auténtico golazo por deibaixondas pernas do porteiro visitante. Co 2-0 no marcador para o Malpica, o SanLo intentouno ata o final pero sen fortuna.
Outes - Xallas (1-2)
- Goles: 1-0, m.15: Sanchiño; 1-1, m.36: Rubén Blanco nun córner; 1-2, m.57: Doro.
Partido igualadísimo. O Xallas avisaba con Bryan e Doro pero aparecía Dani. O Outes comezaba moi ben, combinando e con transicións rápidas, meténdose pronto por diante. O Xallas foi levando o partido ao seu, poñendo un partido máis forte e alto, e foi buscando balóns máis áreos e con máis potencia arriba e así recurtaba nun córner.
Comezou ben de novo o cadro de Geno na segunda, pero tras un saque de banda longo, Doro facía o segundo para os xalleiros. No treito final intentaron os locais pero os de Doriño souberon defender moi ben a vantaxe.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.12: O Malpica bate ao Xallas en Fontenla.
- X.11: Os David puideron cos Goliat.
- X.10: Igualdade máxima.
- X.9: O Baio vence ao Xallas e o Malpica toma o mando no Cairo.
- X.7: O Mazaricos frea ao Xallas.
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.