sábado. 10.05.2025
El tiempo
21:47
08/11/10

Cousas que pasan desapercibidas

Cousas que pasan desapercibidas
O que se está a xogar a sociedade mundial con esto da crise deixa detalles que pasan desapercibidas para moitos. Por simplificar o tema: froito desas apreturas económicas, os mesmos que nos meteron neste furado financieiro se cren con dereito a dar as súas particulares solucións. Unhas teses por case todos e que non deixo de alucinar vendo como son cridas totalmente sen lembrar as chapuzas cometidas polos seus autores. A sociedade mundial estase a xogar que sobreviva o Estado do Benestar que tanto traballo e sacrificio custou instaurar. As receitas dos terroristas da economía consisten en suprimir conquistas sociais: os medicamentos hai que pagalos, a sanidade non pode ser gratis, todo debe ter un custo… Polo tanto, os que teñen recursos terán medicinas, sanidade, educación, libros… todas esas cousas que nos distinguen deses países onde hai tempo que se botaron nos brazos desa mentira chamada liberalismo económico. O obxectivo non é outro que favorecer aseguradoras, farmacéuticas e demáis telderetes. O que desexe ter atención médica, que suscriba un seguro privado. O que queira medicinas, que as pague… O Estado, din, non se pode facer cargo de todo iso. Por iso chama a atención que algunha xente apoie esas solucións e respalde a aqueles que comulgan con esas teses. Porque non nos debe sorprender que aqueles aos que lle sobran os billetes defendan esas teorías tan “liberais”: eles teñen recursos, eles desfrutan e non teñen porque sufragar nada… Pero como pode un pensionista, un modesto traballador, un “currito”, estar a prol desas modificacións?. Acaso cren que se todos eses tesoirazos saen adiante poderán seguir pagando os seus tratamentos?, tendo que facerse cargo da factura sanitaria poderán “permitirse o luxo” de operarse de apendicite?… Detalles que pasan desapercibidos, pero que nos estamos a xogar. O mundo pode ser diferente se trunfan os tiburóns. Ese detalle ao que non atenden moitas clases modestas… e moitos que militando en certas opcións políticas nin sequera son conscientes das consecuencias dos seus apoios. SI… falo deses concelleiros que están onde están e que non saben o que supón… Porque neste país, hai xente que ten catro macetas e xa se cre terratenente, pero cando suba a marea, esta non vai diferenciar carnés. Quizáis daquela se van dar conta de qué ía o tema… cando tras media vida crendo que menear certas bandeiriñas supoñía garantía de algo, se decaten que non teñen para pagar os medicamentos para a hipertensión. Así de simple.

Entrevista con Fran Hermida

Outros artigos Sen xeito

Fonte

Comentarios