Dona Diáspora en Borneiro
A nosa vella emigrante quere retirarse. Confesa non ter forzas para continuar ao servizo da familia emigrante. Antes do remate de 2012 foi ata Baíñas para aconsellarse coa súa boa amiga Pedra da Arca e agora mesmo está en Borneiro [Cabana de Bergantiños] falando co seu grande amigo Dombate para ter una opinión máis sobre o seu retiro voluntario no areal uruguaio de Piriápolis.
- Boas, meu amigo megalítico. Non puiden despedir o ano contigo –tes que perdoar-- pois quedara coa túa curmá Pedra da Arca. Ben sabes que non quero abusar da túa hospitalidade pero non ando ben. Estou asulagada na poceira do desalento e coa miña saúde emocional polo chan. Levo un século enteiro acumulando fracasos e por iso dicidín deixar o meu oficio de costureira das morriñas emigrantes.
- Non sei, miña amiga, semellas estar moi nervosa. Acouga un anaquiño mentras vou buscar a bolsa de “Canarias” para axiña preparar uns bos e ralaxantes amargos coa túa “yerba mate” preferida. Sempre teño ao meu carón un caldeiro de auguiña quente para matear con devagar ao estilo montevideano. Coido que aos teus anos, querida Diáspora, non son nada boas as súpetas subidas da tensión arterial e máis aínda se temos en conta que coa crise recurtadora poida que hoxe domingo non haxa quen te atenda no P.A.C. de Zas.
- Non teñas medo, son dura de roer. Os meus nervos están xustificados pero irán minguando despois duns sandadores mates. O meu problema non é físico xa que a pesar das longas singraduras aínda vou mantendo o rumbo. Tes que axudarme! Perdín a fe e así non podo seguir vogando. Onte mesmo predicaba a fin da emigración e mañá non podo ir por Alemaña adiante contando historias fantásticas sobre o noso verde paraíso. A mocidade expulsada pola praga da crise non escoitará o meu caducado discurso que ancorou en emocións do pasado.
- Entendo esteas enfurruñada. Sempre fuches unha moi cumpridora costureira que cosía coa mesma profesionalidade xa fose un remendo ou un encargo da máis “haute couture”. Son da opinión de que nin a tú agulla nin o teu fío están pasados de moda porque non hai tecnoloxía no mundo que poida superar unha puntada que une en irmandade os farrapos sentimentais dos galegos no exterior. Poida que esaxeres a importancia das novas tecnoloxías xa que non perden identidade os novos emigrantes que se comunican mediante un “twit” ou un “whatsaap”.
- Agradezo queiras animarme pero vexo escuro o meu futuro. Son unha vella fracasada que non cumpriu a súa promesa de rematar coa exportación de pastores galegos que deixan orfos os seus vizosos montes para ir coidar de afastados prados sen herba. O que máis me doe é pensar en que non fun quen de facer sorrír a Rosalía de Castro. A nosa egrexia “Cantora do Sar” estará rezando con devoción para que Galicia volva axiña ao rego do progreso e así poder quitar do dicionario a palabra “emigración”.
- Non miña amiga, non. Estás asumindo a totalidade dunha carga que se ten que dividir entre todos os que vimos a luz no fogar de Breogán. Ti traballaches sempre de balde e sen outra meta que non fose a promoción da cultura galega no seo da familia emigrante. A túa democrática e xenerosa achega é merecente da máis alta distinción das Nacións Unidas por manter activa a forza das raíces identitarias. Se as portas dos corazóns emigrantes se abriron foi porque confiaron nos teus sabios e desinteresados consellos e ninguén pode negar que te implicaches persoalmente en cada unha das saudades do amplo colectivo emigrante. Se me fas caso e antes de coller o bañador, pídoche fales co secretario xeral de Emigración para explicarlle que non queres ser unha mariñeira esquecida no peirao da desilusión.
- De acordo, Dombate. Pedirei cita e irei ata a rúa compostelá de Basquiños. O teu consello coincide co de Pedra da Arca --nótase que sodes da familia--- que insistiu moito en que coñeza a Rodríguez Miranda. Agora que o penso e tendo en conta a súa orixe ourensá, vou aproveitar a visita para falarlle do meu amigo porteño Juan Manuel Sánchez. Informareino de que Sánchez é un dos máis importantes artistas plásticos da Arxentina e co valor engadido de descender de pai ourensán. Hoxe é o único sobrevivinte do recoñecido grupo artístico “Espartaco” que foi un moi importante movimento renovador no Río da Prata. Hai tempo que Juan Manuel quere expoñer en Galicia pero certamente que aos seus 80 anos non corresponde que ande a pedir esmola. Supoño que se o convidan ven encantado e como non é nada interesado, retribuirá a xentileza pintando un mural nalgunha parede que desexe enfeitarse coa arte dun fillo da emigración.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).