Venres. 19.04.2024
El tiempo
09:00
28/09/12

Estado policial

Estado policial

A pesares de resultar previsible, os graves sucesos acontecidos o pasado martes pola noite en Madrid obríganme a falar dunha serie longa de acontecementos que culminan no sucedido este martes, e na conclusión efectiva do periodo democrático en España (por moito que sigamos crendo que non é así) e o finiquitado do estado das autonomías en esencia.

Hai tres persoas que describen coas súas declaracións, ao meu entender, o que aquí sucede de xeito ben claro, así que me vou referir a elas e a el facendo mención das súas verbas exactas.

En primeiro lugar Mª Dolores de Cospedal, Secretaria xeral do PP que manifestaba que "non recordo outro intento de violentar a soberanía nacional dende que estamos en democracia". Ben. Corría o 11 de Marzo do ano 2004. Horas despois do maior atentado terrorista na historia do país e a vista de que a historia inventada polo Ministro do Interior Angel Acebes e polo goberno de José Mª Aznar non colaba (grazas entre outras cousas a existencia dunha canle de noticias de esquerdas) o goberno do PP, segundo revelaron en público e privado un bo numero de persoeiros, manexaba a posibilidade de declarar o estado de excepción e suspender o proceso electoral que, só 48 horas despois debía poñer o pais diante das urnas. Aí e onde estivo o maior golpe a democracia.

Noutro nivel distinto pero igual de grave. 24 de novembro de 2005. 200 altos cargos do PP se manifestan diante do Parlamento galego. Aquel día a mobilización duns 200 cargos públicos do PP, alcaldes, concelleiros e tres senadores, para manifestarse diante do Parlamento galego en protesta pola suspensión de varias obras da Xunta, derivou nunha forte bronca no exterior da Cámara. Neste caso non houbo paus, non. Pero a situación e basicamente a mesma. 200 cidadáns (que iso é un edil, un alcalde ou un senador fora da súa respectiva sede política) rodeando a cámara galega “o epicentro da soberanía nacional”, en verbas da ínclita De Cospedal.

A única pregunta que a Sra. De Cospedal debería de contestar obrigatoriamente é canto gaña ao ano e canto gañaba cando só ocupaba un cargo no PP (ata 240.000€ se tumbou nun ano). Iso é o que quero escoitar a esta señora.

Tamén me gustaría que a primeira pregunta que contestara antes de cada comparecencia diante dos medios a Delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes fose, onde esta o seu home Sra. Cifuentes?. A xustiza española non é quen de dar co paradoiro de Francisco Javier Aguilar Viyuela, que vén sendo o home de Cristina Cifuentes, delegada do Goberno na Comunidade de Madrid. Así constou no seu día no Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid que chegou a emitir varias cédulas de notificación por considerar que o empresario, con problemas legais serios, estaba en “ignorado paradero”.

Estas son as persoas que gobernan o país. Un Rexistrador en excedencia pero que cobra por nada despois de anos sen exercer, a filla dun militar golpista e algún que outro imputado ou investigado por diversos delitos de toda índole (algúns incluso exercendo alcaldías con total impunidade). Non digo que elas ou eles sexan responsables das actividades dos seus compañeiros ou compañeiras, familiares, etc. Non. Digo que non me presta confianza ningunha que unha persoa que debe facer gala da responsabilidade diante da lei como principal argumento para obrigar os demais a cumprila, faga caso omiso a calquera asomo de legalidade.

A última persoa a que quero citar hoxe é Roberto Blanco Valdes, Catedrático de Dereito Constitucional na Facultade de Dereito da USC. Nunha entrevista na Cadena SER o mediatico mestre dixo, ao fío do debate sobre a necesidade de reformar o esquema autonómico para pasar, madía leva, a un sistema Federal que “A diferenza entre o noso estado das autonomías e un estado federal é basicamente o nome".

Pois iso. A ver se deixamos de enredar. Inútiles.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Comentarios