Sábado. 02.11.2024
El tiempo
10:14
21/01/11

Falsas aparencias

Falsas aparencias
En todo o debate, falsario e miserable que se está mantendo o redor da bochornosa negociación para a reforma das pensións (para negociar fai falla que se senten nunha mesa dúas partes contrarias, e non dous lacaios do mesmo patrón) o máis lamentable é que se quere negociar algo que nin precisa nin necesita ningunha reforma porque, a día de hoxe, é a única cousa que funciona relativamente ben no que a asuntos dependentes da administración publica se refire. Ofrécense a diario datos de tódalas clases sobre o que se gañaría, a altura no futuro a que o sistema “cascaría” se ninguén o reforma xa, os anos que se necesitaría cotizar, que si a poboación vive máis que cando se ideou o método actual, que si a esperanza de vida fai inviable o actual sistema. Bobadas. Un par de datos da miña colleita. España dedica o 9% do seu PIB a pensións. É dicir, de tódolos cartos cantos se xeran e compoñen o total do producido pola economía, o estado dedica só o 9% a garantirnos a todos que, a fin da nosa vida laboral, imos ter para comer. A cifra parece grande, tendo en conta que, segundo Eurostat, a axencia estatística europea, España xerou 1.214.896,8 millóns de euros en 2008. Claro que, coma sempre, perdemos na comparación, ¿Por qué? Francia, Holanda e Alemaña destinan o 13%, Austria o 14%, Italia o 15 e a media Europea rolda o 12%. ¿Para que, entón, esta reforma?. Simple, a piden os bancos. O único terreo onde nin a publicidade nin as constantes “suxerencias” da administración foron quen de facer entrar os Españois foi no feito de integrar un plan de pensións privado a cada individuo. Só un pequeno grupo o subscribiu e, ademais, non é precisamente o mais rico (esa parte da poboación prefire os depósitos a prazo). Pero esa é outra historia. Por si alguén a estas alturas aínda se pregunta que está sucedendo, a resposta ben agora. Nunca fomos unha democracia. Na realidade, no ano 78 o que se instaurou en España foi unha oligarcocracia. A morte de Franco tratábase de conseguir un sistema que, perpetuando as diferenzas de clases do sistema anterior, procedese a unha especie de xogo de aparencias que, diante da opinión publica interior e exterior, dótase a administración dunha áurea de lexitimidade xurdida directamente dos administrados; de nos. Dos pobres pardillos pagadores que, como sucedera no anterior período, se van a facer cargo da factura de xeito constante e sea cal sea o seu importe. Así, a transición transfórmase no que foi, un xogo de mans ó mellor estilo Juan Tamariz, no que esquerda e dereita, vencedores e vencidos, acaban coincidindo no básico, no primordial, e non me refiro a necesidade dunha democracia plena, ao servizo do pobo, etc, etc… non. Falo do principio, ben sinxelo pero que nos empeñamos en non acabar de entender que di que toda organización, calquera organización, cando alcanza certo tamaño, remata por “depredar” todo canto atopa o seu arredor ata consumir todos os recursos presentes e posibles. Unha máxima que entenderon dende os elementos máis profundos do “búnker” Franquista ata os máis preclaros elementos intelectuais da esquerda clandestina. Por exemplo… Esta frase é obra dun destes dous bandos: “…no puedo admitir las asociaciones políticas porque las asociaciones políticas son un mal peligroso para toda la sociedad. Las asociaciones derivan inevitablemente en partidos políticos, y los partidos políticos son el opio del pueblo y los políticos sús vampiros”. Ben. Agora a visión do outro lado; “ (…) A partir de ese momento se va dibujando el oportunismo de ciertos partidos que luego arrastran a los demas. En el momento de ver que están apoyados por las masas surge la tendencia de los partidos por conservar y negociar”. E dende aquí, engado eu, certas persoas sobran na transición española. ¿Difícil diferenciar eh? A primeira das citas corresponde o Tenente Xeneral Tomas García Rebull, ultra das posicións máis rancias do réxime ata o último minuto do proceso. A segunda é obra de Antonio García Trevijano, avogado e intelectual fundador da Junta Democrática, aglutinadora da oposición política o réxime que dicía isto o coñecer da intención do PSOE naquel momento de deixar sen voto no citado órgano a aquelas persoas que formaban parte del a titulo individual, sen pertencer a ningún partido. Ou entras polo aro ou non es ninguén. Iso foi en resumo o que se dixo entón, de xeito máis ladino, mais sinistro, pero con esa claridade e na busca do mesmo “premio”. O poder, a gloria e a manixa coa que gobernar os pobres pardillos que, dende ese dia, cren que son donos do seu destino no político e no social. Simplemente, un xogo de falsas aparencias, deseñado con grande estilo e capacidade, onde nos enredan para que non nos dea por preguntar. ¿Por qué na vez de xubilarnos os /opinion/jose-luis-louzan/intrigado/20100929181457099004.html non dedicades a pensións o mesmo que os demais? Falsas aparencias. Partidos políticos. ¿Alguén necesita máis explicacións para atinar co culpable da actual situación?. Eu non.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores

Comentarios