Fe
09:59 23/03/12
Das tres virtudes teologales (fe, esperanza e caridade) desta, da fe, é da que máis se fala nestes tempos tan especiais que vivimos. De fe e por extensión, de relixión.
É esta unha materia na que non teño por costume entrar porque me parece unha área onde o respeto ten levantado, aló menos para min, muros difíciles de franquear. Pero dentro do relixioso a nosa comarca, coma o resto de Galicia e como outras partes do mundo pouco desenvolvidas sofre dun mal que me provoca auténticas arcadas. Porque no eido das imposicións de pensamento a igrexa católica e o cristianismo levan a palma. Sen dúbida.
A ver, pola mesma regra de tres que un “pepero” di que non quere ser nacionalista nin falar galego porque “mo queren impoñer pola forza” admite sin embargo que un paisano disfrazado de paiaso o instrúa sobre o aborto, a ética ou a forma de vida que ten que levar en tódolas ordes sen rechistar. Nin un chio. O que diga o señor cura esta ben.
A este patético modo de entender algo tan puro e privado como as propias crenzas se une o desatino de unir relixión (católica ou islámica) e a política dentro dun mesmo abano. Non é admisible que a día de hoxe exista algo como a igrexa católica. Non pola sua raíz, a meramente sectaria e organizadora dun estilo de vida, senón dende o punto de vista de que teña influenza política. Alguén concibe que unha entidade con ánimo de lucro non pague impostos? Esa é a igrexa, que gaña cartos a esgalla en multitude de actividades sen declarar nadiña e sen desglosar a que destina eses cartos mentres, ademais, influe sen pudor nas accións políticas do partido no goberno.
E o máis lamentable é saber porque sucede isto. Nos tan criticados pola sua utilización hipócrita de Dios, Estados Unidos de América, a distancia entre igrexa e estado é tan sideral que se permiten luxos como a Misa bermella, unha sorte de acto de reafirmación católica que os presidentes de aquela confesión realizan anualmente cando algún deles accede o cargo. E non pasa nada, por que? Porque o americano medio sabe que, por moito que os curas celebren, por moito que digan no púlpito, nunca ningún sairá no telediario ditando a política a seguir en materia de aborto. Non. Iso, aló, o fai o Tribunal Supremo. Aquí o marca Rouco Varela. Un galego.
Hai tempo descubrín unha cousa. A definición exacta que os libros dan a ese xeito de entender todo este asunto é Deismo. Penso que se trataba de darlle un nome pero en realidade o que ven a definir é que si do que se trata e de ter fe non se precisa un organismo para que a regule ou para que mediatice a nosa relación con Dios, ou a quen teñamos elixido como receptor das nosas plegarias. Nin sequera é preciso que escollamos un.
Lincoln, a quen considero intelixente de máis para a epoca que lle tocou vivir, usaba a Dios nos seus discursos coa liberdade que da manter unha relación persoal coa fe. Lincoln padeceu viruela, probablemente cancro e un mal coñecido como síndrome de Marfan que, segundo os estudiosos, é probable que o sumira en etapas de profunda dor que o levaban a depresión e os cambios de humor sen xeito. E nese contexto, a fe soe ser un gran argumento. Fe en que? diredes moitos. Fe en que habera un mañá, e será mellor que hoxe.
Lincoln era deista. Ou non, baptista, como outros afirman. E nesta indefinición dos historiadores é onde radica a clave de todo isto porque, a quen lle importa?. A espiritualidade dun home ou dunha muller non deberían ser asunto de ninguén. Acodir os domingos a un edificio, faime mellor persoa?, fai de min alguén de confianza, sereno, solidario... bo?.
Mirade, creo que nestes tempos, ter fe é bo. Fe nun mesmo, fe en tomar as decisions correctas, en afrontar cada día como unha loita pola superación dun tempo de pura mezquindade e hipocresia. Ter fe non é acudir aos enterros como quen vai a un show publico a, supostamente “dar apoio a familia” cando a familia o que precisa é estar tranquila na sua dor. Ter fe non é rezar a cincuenta figuras de xeso e madeira mentres un paisano que ignora a metade dos asuntos dos que fala marca a liña a seguir na vida dos demais en base a textos do seculo dezaseis.
Ter fe non é ir a misa, ou a sinagoga, ou a mesquita. Iso é turismo ou contemplación arquitectónica.
Para crer, sae á rúa e mira. Descobre persoas que manteñen duras batallas por saír adiante a diario, descobre enfermos que superan as suas eivas, parados que loitan por traballar, mulleres que perseguen a igualdade e mozos e mozas que se preparan para vivir na peor epoca da historia recente para alguen con vinte anos. A fe non move montañas, eso faino a maquinaria pesada. Pero si que mobiliza as persoas, e sen necesidade de dedicar millóns de euros a sufragar as actividade dun pseudo-partido político de extrema dereita, anacrónico e sectario. A Igrexa Católica S.A.
Eu teño fe en Joan Manuel Serrat. Por “Mediterraneo” e por “Hoy puede ser un gran día”. Que se cumpra.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Verdades
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.