Corme acolle o vindeiro xoves unha xornada sobre ciencia e fotografía arredor do Mar de Ardora
Únense os astros vinculados coa astrofotografía para organizar unha xornada divulgativa arredor do Mar de Ardora, e do colectivo xerado na rede. A Confraría de Pescadores de Corme, co apoio da Intecnar, o Concello de Ponteceso, a AVV Eduardo Pondal, a ANPA As Forcadas, o Petón da Ghaivota e a Asociación de Profesionais do Astroturismo da Costa da Morte, prepara unha xornada sobre “CIencia e imaxe na Costa da Morte” para dar todas as claves do Mar de Ardora.
Primeiro será a bióloga Yolanda Pazos a que analice científicamente o proceso biolóxico que provoca a bioluminiscencia. Ademais, permitirá ver ese “bichiño luminoso”, un cultivo de dinoflaxelados, a través de microscopio.
Completará fotógrafo Drewkorme, un dos que mellor leva captado este fenómeno nos últimos anos, ensinará as mellores técnicas para inmortalizar un bonito recordo do mar de ardora e levará imaxes e vídeos incribles, como os que temos recollidos en QPC!





