Graciñas, prezada Arxentina!
“Aínda non esquecín a alegría que sentín cando a miña nai abriu o baúl que mandara a miña irmá María, emigrante na Arxentina. Aquela tea azul con pequenos lunares brancos quedou moi ben nun vestido de verán que levei na festa da Ermida Vella en setembro en 1950”
- Valentina Suárez Lema [Tines-Vimianzo, 1931]
Dona Diáspora ten boa memoria. Dona Diáspora non esquece. Dona Diáspora é agradecida. Aos que andiveron polos vieiros da emigración dóelles moitísimo a ingratitude xa que non hai maior defecto que o da soberbia que fai esquecer aos que nos botaron unha nun en calquera momento da nosa vida. Por iso é que debemos de abrir ben os ollos e non deixarnos levar polos discursos interesados e restrictivos. Que desde o goberno central ataquen ao goberno arxentino é totalmente inxusto. Están a disparar contra dun dos pobos máis xenerosos do mundo facendo case coma se estivesemos en perigo. As expresións de varios responsables políticos son desafortunadas e están fóra de lugar dentro das obrigadas normas de cortesía que rexen as relacións internacionais. Hai moitas empresas españolas na Arxentina que obteñen os seus maiores beneficios alí e así arranxan a súa conta de resultados. Os accionistas empresariais queren gañar ---é lóxico e razoable--- pero hai que cumprir os compromisos de investimento no país de destino.
Non sei eu se a crise envelenou tamén a capacidade de razoamento xa que non corresponde ensoufar ao pobo arxentino coma se fose unha ameaza. Trátase de recuperar unha participación accionarial nunha empresa privada que desenvolve a súa actividade no exterior. Unha empresa española [en parte] deixará de posuír o 51% das súas accións e a resposta do goberno español non é outra que saír coas espadas cal se fosen cabaleiros templarios. O acto soberano da Arxentina entra dentro do ámbito comercial privado e ten a súa normativa regulamentaria. É ben sabido que diante dun conflicto de intereses están os tribunais de xustiza para dictar sentencia. As democracias teñen os seus mecanismos protectores da legalidade e non é axeitado nin sensato que os señores ministros anden a berrar coma se fosen nenos pequenos aos que lle quitaron un xoguete. En lugar de cargar contra da Arxentina habería que petar forte na mesa dos irmáns Castro para que devolvan o Centro Galego da Habana; xa que alí si temos a dous ladróns do esforzo e da suor de milleiros de emigrantes galegos na illa caribeña.
Para aqueles cidadáns que centran o problema soamente no aspecto económico, imos entón, a facer contas. Se analizamos o recibido [remesas dos emigrantes] das terras do sur en máis dun século de emigración o resultado será que temos unha débeda con eles. Somos nós os debedores. Menos mal que a débeda está moi repartida e non asinamos ningunha hipoteca xa que senón habería que solicitarlle a dona Cristina que nos concedese a dación en pago porque agora mesmo estamos sen un can no peto. Fagamos unha estimanza pola baixa de acordo cos seguintes apartados: a) cen anos de emigración; b) multiplicados por mil euros; c) os mil euros son a cantidade media anual enviada con carácter de axuda familiar; d) o resultado é de 50 mil millóns de euros para medio millón de emigrantes. A cifra resultante coincide ---arriba ou abaixo--- coa valoración que fai a empresa española do seus activos e que reclamará diante do goberno arxentino. Pero hai máis ao favor da Arxentina e ten moito máis valor que o estrictamente monetario. Falamos dos centos de edificios construídos para escolas e asociacións de agricultores e gandeiros. Un exemplo témolo na parroquia teense de Calo onde hai un par de anos que o local dos gandeiros e a leira anexa duns dez mil metros cadrados foi remodelada pola Deputación Provincial para deixar de ser estacionamento e convertirse nun fermoso espazo recreativo e deportivo. En moitas parroquias os mestres responsables do ensino primario tamén recibían axudas económicas dos residentes na Arxentina.
E xa que temos o lapis na man, sigamos sumando. Lembremos contabilizar os barcos ateigados de alimentos que no ano 1947 enviou o presidente Perón. Os actuais parlamentarios e gobernantes son fillos ou netos das sufridas familias que ían coa súa “cartilla” na man a coller a ración de pan, feito coa fariña do trigo solidario das chairas arxentinas. Ademais viñeron ---sempre de balde--- milleiros de toneladas de millo [120.000] e de lentellas [100.000] e aceite comestible [8.000] e carne conxelada e salgada. Sobre a carne de vacún, dicir que soamente un barco, o “Quitay” desembarcou 604 mil quilos no porto de Barcelona. O escritor Fernando Vizcaíno Casas expresa: “Aquello supuso para nosotros un respiro, porque la España de entonces seguía enfrentada a diario con el `pavoroso espectro´ del hambre. Y el hambre total quedaba descartada gracias a la Argentina”. O autor do estudo “Historia del hambre en España y la ayuda argentina tras la guerra civil”, Miguel Krebs, escribe que “el pueblo español siempre recordará que en los momentos más álgidos de su historia, hubo un país con clara conciencia social que supo acercarle un plato de comida”.
Cando dona Diáspora volva pola beira sur pedirá desculpas. Está convencida de que os cidadáns arxentinos entenden perfectamente que o sentimento xeral do pobo español é ben diferente das inapropiadas respostas dos seus representantes institucionais. Quere que saiban perdoar aos que nunca tiveron privacións xa que descoñecen o significado dun prato de comida quente. Quere tamén que as nosas autoridades non cuspan para arriba. Non é momento de pechar portas diante dunha situación interna de forte crise e grave desemprego. Os irmáns arxentinos levan no seu sangue pingas dos nosos rexos carballos desde os tempos do seu primeiro presidente Bernardino Rivadavia [Ribadavia] que era fillo de galegos e levaba no seu corazón a nobre forza mareira dos ventos de Fisterra.
Dona Diáspora tomará un cafeciño na avenida máis longa do mundo cos seus bos e vellos amigos Graciela Pereira, Gladys Semillán, Adolfo Lozano, Carlos Penelas e Carlos Ameixeiras. Ao abeiro dos fermosos vitrais da confeitería “Las Violetas” irá debullando a historia dun retornado que volveu a súa aldea logo do golpe de estado que derrocou a Perón en setembro de 1955. Cando morreu poucos eran os que lembraban o seu apelido real xa que sempre lle chamaron “O Perón”. Nas noites, na taberna, louvaba o marabilloso benestar vivido durante o mandato dun presidente único que axudaba aos traballadores. Alí foi onde os veciños oíron falar dun tal Lonardi que foi o xeneral golpista que botou a Perón pero que estivo no poder só 52 días xa que logo outro xeneral, Aramburu, colleu o mando. Supoñemos que aló enriba o noso emigrante de Tines [Vimianzo] estará triste escoitando as noticias que falan mal do país onde foi fondamente feliz. Ata poida que convoque unha xuntanza de urxencia para pedir o apoio dos compañeiros e así berrar todos xuntos: forza Cristina! viva Perón!
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).