Hoxe: Coma un pano (Coristanco, 1.984)
- A vida é coma un pano, Eladio. Pode ser sucia, estampada de porcalladas. Pode ser limpa, como un pano extendido pola cabeza para toma-lo sol e disfrutar. Ou pode ser húmida, chea de súor e bágoas, que é o habitual na xente.
- Pois tamén se poderá usar para as tres cousas ¿non sí? Con tal de lavala...
- Pero é que a vida non se lava, home. A merda que ti botaches á túa existencia non se borra endexamáis.
- ¿E logo as confesións?
- As confesións son montaxes para liberar remordimentos. Pero non arranxan as desfeitas, nin desdín as mentiras, nin resucitan os asasinados. As confesións son A Semana Fantástica da Igrexa, o dous por un. A promoción para atraer clientela ao negocio.
- Ou sexa, que segundo vostede pensa, todo é coma un pano: a vida e o mundo.
- Non. Iso de que o mundo é un pano está lonxe de ser certo. O mundo é tan grande como é. Se atopas ó teu veciño en Tokio, será unha casualidade enorme, pero non por iso deixará de ter a cidade vinte ou vintecinco millóns de habitantes.
- Home, xa o sei, pero é un dicir para resaltar esas casualidades. Tamén vostede está contando o da vida figuradamente.
- Si, pero con máis base. Porque é unha verdade absoluta que só hai tres tipos de persoas: os que malean, os que se divirten e os que traballan.
- Pois eu traballo e disfruto.
- Ti non disfrutas, Eladiño, que ver o Madrid na televisión, xogar ao tute cos amigos e coller unha borracheira na romaría do patrón non é o tipo de diversión ó que me refiro. Porque máis alá daquelas montañas, Eladio, hai xente fascinante á que eu chamo millonarios de vida. Se a ti anímate a existencia unha pinga de diversión en forma de romería, esas persoas viven baixo unha catarata de sensacións que anega os sentidos. Persoas que falaron no seu día: agora só rin. Persoas que inventaron a palabra "excitante". Persoas que teñen nun día máis minutos de vida, da de verdade, que todos nós en oitenta anos. E unha vez que morren esas persoas, botan fume os corpos coma fan os freos cando vas a douscentos por hora. Nós imos co freo de man posto toda a puñeteira vida. Tocounos ser "productores do rural": desconfiados, individualistas, amarróns e ruíns. Capaces de comer caldo todo o ano, pasar frío nos invernos, andar coa mesma roupa e vivir na mesma casa por non vender uns piñeiros que logo han estragar os fillos.
- Hoxe como está, don Eloi. Despois de escoitarlle dan gañas de colgarse dunha viga...
- Pois agora que o penso, quizáis o pano tamén valla para iso. O seu derradeiro uso.
- Tería que ser ben longo...
- Tería. Un de caxemira había de chegar. Cóbrame os viños, Eladio, que teño que apaña-lo millo antes de que chegue a muller da leira. Deica logo.
- Oiches, Eladio ¿Quen era ese? Moito parolabas con el.
- ¿Non o coñeces? É Eloi Franco, o armador.
- ¿Franco do Val? Xa se me facía unha cara coñecida.
- Pois o mesmo. A tira de barcos conxeladores e varias naves no porto da Coruña.
- Non sabía que tiñamos clientes tan importantes...
- O pobre está coma unha chota. Vive en Nantón, nun pazo. Para aquí, na cafetería, de camiño á Coruña dous días á semana, e filosofa tal coma se fose un labrego sabio. E hai que seguirlle o conto coma se estivesemos nunha cantina de aldea a fósemos dous paisanos.
- Pero...¿Faino de coña?
- ¡Asegúroche que non! Xa viches o serio que estaba. Polo que me contaron, entre a coca e as separacións, este home quedou tocado. Debe ser unha terapia que lle manda o siquiatra ou algo así...
- Manda carallo que hai xente rara no mundo. Pois cando llo conte a Lucía, vai alucinar, co serio que sae nos xornais...
- Nin se che ocorra comentar nada, a ver se por culpa túa perdemos o noso mellor cliente.
- Pois non sei eu se cando me toque atendelo...
- Sempre ven onda min porque o levo ben. Pero ti tranquilo que só tes que escoitalo. E aínda que che pida un viño, ti ponlle whisky Chivas de reserva con moito xeo.
- Ou sexa, que moito paisano, moito tal, pero aínda mantén o niveliño..
- ¡Home claro! Está un pouco espeso de coco, pero non é parvo.
- Aí arranca ¡Deus que Bemeuve! Mira, está baixando a capota...
- Si, é para apaña-lo millo.
- ¿Como?
- Nada.
- Ángel M. Moar (ammmoar[arroba]quepasanacosta.gal)
Relatos anteriores
- O trofeo (Berdeogas, 1943).
- Hoxe: Tocando (Toba, 1966) .
- Hoxe: “Perder ou perder” (Carballo, 1964) .
- Hoxe: A primeira (Cee, 1970).
- Hoxe: Sabas (Carballo, 1986).
- Hoxe: A carreira (Zas, 1956).
- Hoxe: Prexuizo (Carballo, 1.997).
- Hoxe: Tómbola (Muxía, 1979) .
- Hoxe: Ven (Buxantes, 1922).
- Hoxe: Amigos (Corcubión, 1.965) .
- Hoxe: A rata vermella (Pereiriña, 1933) .
- Hoxe: Póker (Ponte do Porto, 1977) .
- Hoxe: O pitoniso (Trasufre, 1985).
- Hoxe: Elías (Carballo, 1.987).
- Hoxe: Na procesión (Fisterra, 1963).
- Hoxe: A última (Malpica, 1968).
- Hoxe: O Alzamento (Ponteceso, 1935).
- Hoxe: A semana (Zas, 1947).
- Hoxe: Os formidables de Nantón (Cabana, 1954).
- Hoxe: Comida (Arou, 1946).
- Hoxe: A porta (Camariñas, 1.944).
- Hoxe: A pequena (Frixe, 1.908):
- Hoxe: No fondo (Suarriba, 1.955).
- Hoxe: Un neno carbón (Corcubión, 1.926).
- Hoxe: Dúas irmás (Malpica, 1.951).
- Hoxe: A caixa (Berdoias, 1.957).
- Hoxe: A radio (Corcubión, 1.953).
- Hoxe: Sambaxada (Cee, 1.976).
- Hoxe: Tres días (Muxía, 1.949).
- Hoxe: O baile dos vampiros (Corcubión, 1.992) .
- Hoxe: Touliña (Camelle, 1.948).
- Hoxe: Un diaño por Fisterra (Fisterra, 1.913).
- Hoxe: O Regalo: (Corme, 1.9/opinion//hoxe-tres-dias-muxia-1-949/20100929171621098995.html) .
- Hoxe: Ego te absolvo (Carballo, 1.975) .
- Hoxe: Tuno de Oficio (Santiago de Compostela, 1.982).
- Hoxe: Regateo (Moraime, 1.950).
- Hoxe: O Macao (Baio, 1.988).
- Hoxe: Na Escola (Cabana, 1.971) .
- Hoxe: O último desfile de San Cristóbal: (Corcubión, 1.989).
- Hoxe: O álbum (Fisterra, 1.932).
- Hoxe: Xenerosidade e entrega (A Coruña, 1.994).
- Hoxe: O mozo de onte (Cee, 1.936).
- Hoxe: coMISIÓN SUICIDA (Corcubión, 1.972).
- Hoxe: A espera (Agualada, 1.981).
- Hoxe: Vertixinoso (Carballo, 1.974).
- Hoxe: Afogo (Laxe, 1.967) .
- Hoxe: A frecha (Corcubión, 1.969).
- Hoxe: Gloria (Ponteceso, 1.937).
- Hoxe: Un día de furia (Cee, 1.990).
- Hoxe: O Sabio (Lira, 1.978).
- Hoxe: Propulsión (Cee, 1.998).
- Hoxe: A decisión (A Coruña, 1.901).
- Hoxe: Desencontros na primeira fase (Muxía-Fisterra, 1.973) .
- Hoxe: O poeta II (Redonda, 1.980).
- Hoxe: A voz (Carballo, 1.995).
- Hoxe: O poeta I (Redonda, 1.941).
- Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Hoxe: Sen perdón (Baio, 1.996).
- Hoxe: Unha foto (Ponte de Porto, 1.934).
- Hoxe: Sindo o bebedor (Cee, 1.983) .
- Hoxe: O monstro de Quilmas (Quilmas, 1.930).
- Hoxe: A burla (Laxe, 1.960).
- Hoxe: A illa do tesouro (Ézaro, 1.958).
- Hoxe: Carioca (Corcubión, 1.993).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).