sábado. 10.05.2025
El tiempo
09:35
12/11/10

Liberais Contra conservadores

Liberais Contra conservadores
No limitado campo ideolóxico da política española (e galega) baseado en bos e malos, roxos e azuis, esquerdas e dereitas, existe un auténtico sen sentido baseado na inexplicable falacia na que certas persoas teñen os seus militantes e animadores instalados dende hai tempo. E a recente visita papal saca a flote un problema, que o é, e tamén a razón real pola que o PP non gaña elección tras elección en España dende hai aló menos 20 anos. O seu inexplicable e inasumible nacional- catolicismo e a infiltración que sofre por parte da igrexa católica nos seus órganos de dirección. Veredes, todo parte dun “erro” que os populares cometen habitualmente e que, penso eu, explica en esencia cal é o problema real. Porque, para empezar, non é o mesmo liberal que conservador. Na España de hoxe pouca xente, moita menos menor de 35 anos, esta disposta a asumir que a súa vida diaria, a súa actitude social e as súas relacións persoais estean dirixidas por unhas persoas que se definen como portavoces dun poder maior e que se integran nun estamento que quedou no século XIV, sen renovación e anclado en tradicións nas que practicamente ninguén cre. A igrexa católica é, dende hai tempo, máis un estorbo que unha solución no traballo de difundir a palabra dos evanxelios e da biblia católicos. Se de accións caritativas e solidarias se trata, hai décadas que queda demostrado que a sociedade civil, constituída en ONG`s, asociacións ou plataformas fai e defende mais valores que a mesma igrexa. A educación, outro campo onde a igrexa se distinguiu durante séculos, quedou hai tempo en mans de consorcios que privatizaron as escolas católicas dándolle de paso o seu “toque”… ese que defende presuntos “valores” de corte cristián, pero que en definitiva non son mais que puros cliches fascistas e retrogados. Clasismo, puritanismo esaxerado, claudicación o poder establecido, escándalos financeiros, pedofília. Non se trata de campañas orquestadas polo Diaño nin de ataques sen sentido dos antisistema. A igrexa, hai tempo, cavou a súa propia fosa onde, como si dun terreo de area movediza se tratase, vaise afundindo cada vez mais, alonxado do mundo que habitan os seus feligreses. Dito todo isto alguén se preguntara ¿Qué ten que ver o PP en todo isto?... pois iso digo eu. Si entendemos que os populares encarnan para a política española os ideais liberais, principalmente no económico, un non entende xa nada de nada. ¿É que acaso nunca leron a Jefferson, a Pain?. Celebra o PP os triunfos dos Republicanos nos Estados Unidos (“Mi amigo Geoooooorge” dicía o ex-presidente Aznar) sen pararse a pensar que o principal ataque destes cara dos Demócratas, entre outros, é o de consideralos “vendidos a igrexa católica”. O autentico liberalismo non entende de igrexas, mesquitas ou organizacións para a relixión. Lincoln, grande referente republicano era Deísta, non católico, e aquel partido renega do catolicismo como da peste. Así que ¿Qué celebran os populares?. Celebran a ignorancia. Ser conservador é outra cousa. Un conservador, como indica o seu propio nome, conserva. Garante das tradicións, respetuoso sen macula da opinión dos máis vellos, nunca corre un risco, nunca acepta ideas de progreso máis aló do propio avance natural, lento e a saltos, dos acontecementos. Un conservador, como o PP, non aspira, garda. Non evoluciona, limitase a agardar. Isto casa de marabilla coa igrexa. O problema é que non o fai coa economía e, sobre todo, non o fai cos amigos. Porque cando un se rodea de millonarios, banqueiros e empresarios de baixo nivel ético e moral, de “neocons” como se decidiu bautizar os auténticos artífices do crak da bolsa neoiorquina, non vale conservar. Hai que ser liberal. Defender a non regulación, o nulo control gobernamental. Defender o ascenso por “trepamento” e non polos méritos adquiridos en décadas de traballo. O pelotazo antes que a constancia. ¿Valores católicos? Esta é a realidade. O PP, infiltrado por un profundo nacional-catolicismo, herdado do seu pasado franquista, é incapaz de despoxarse dunha serie de elementos que, consolidados entre as súas bases, fan imposible controlar feitos como os desta pasada fin de semana. Ratzinguer non é Voitila. Non ten nin o seu carisma nin o seu don para a comunicación nin este mundo é aquel mundo. Nin ten a idade que o Papa polaco tiña cando veu a España (62 anos contra 83) nin España e a mesma que aquela que trataba de desperazarse despois de 40 anos de misa obrigatoria e tiranía relixiosa. Así que, pese a quen pese, unha visita do Papa agora non vale para moito máis que para encher telediarios, remover a clase política para que traballe na fin de semana e dar tema a tertulianos de radio e televisión. Fin. O demais (cifras millonarias de ingresos directos, proxección mundial, visibilizacion da cidade visitada, etc,etc) son milongas. Contos. Falemos de feitos. A dia de hoxe esa promoción a logras coa entrega dos premios da MTV. Os ve máis xente, de máis países, máis ricos e non teñen porque ser católicos. Voila! Non me estendo máis. Cada quen pode ser de quen lle pete, cristián, evanxelista, baptista, agnóstico ou dos santos dos últimos días. A min polo menos me da o mesmo. Pero, ollo, na súa casa. E cos seus cartos. Si queren poden ser do PP. Ou do PSOE. Pero si prefiren o primeiro o segundo ou o terceiro, saiban aló menos que se supón que debe defender o seu partido. No caso do PP estaría ben que o souberan tamén os seus lideres. Para poder explicarllo os votantes… si lle quedan.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores

Comentarios