1ª FUTGAL: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa
Nova xornada aciaga para os nosos equipos na 1ª FUTGAL, na que só o Camariñas, no derbi ante a Esteirana (xa preocupa a súa situación tras 8 xornadas sen gañar), sumaba 3 puntos. O resto de equipos volveron perder unha semana máis, e xa os temos pechando a clasificación. Muxía, Fisterra, Castriz e Esteirana ocupan da 15ª a 18ª praza…
Todo tras unha xornada na que varios equipos se queixaron as das arbitraxes.
Muxía - Vizoño (2-3)
- Muxía: Ivan Bouzón, Mateo, Michael, Brais, Carlos Costa, Iago, Fabián, Manu Nogueira, Mauro e Fran Moreira. Tamén: Noé, Joel, Adrián Alcaina e Javi Vilela.
- Goles: 0-1, m.46: Jesús Ois de penalti; 1-1, m.58: Mauro Romaní; 2-1, m.65: Fran Moreira; 2-2, m.72: Alex Miranda; 2-3, m.91: Diatta.
Partido moi completo do equipo de Pataca, que se deixou levar no desconto cando menos un punto despois de facer un gran partido, e de conseguir remontar un resultado adverso. A falta de acerto volveu penalizar aos corviños, que na primeira metade deixou ao Vizoño sen pisar a súa área a pesar de ter o vento a favor. Os locais tiveron varios achegamentos pero sen demasiada claridade.
Comezaba a segunda co tanto de penalti dos visitantes, pero os vermellos reaccionaban. Fallaron aí outra pena máxima pero seguiron percutindo e conseguiron darlle a volta ao marcador cos tantos de Mauro e Fran Moreira. Pero nun despiste os visitantes empataron e xa no desconto, co equipo muxián envorcado no campo contrario buscando a vitoria, nunha transición rápida fixeron o terceiro.
Non adoita falar das arbitraxes o adestrador Sergio Pataca, pero considera a de onte como “denigrante, cunha actitude de superioridade e chulería” excesiva por parte do colexiado. O club considera que o colexiado debería vir da área de Santiago cando vén un equipo coruñés, e protestan dous penaltis claros non pitados na área visitante e un en contra que sinalou pero sendo fóra da área.
Fisterra- - Praíña (0-5)
- Fisterra: Adrián Suárez; Isma, Ángel, Dani, Mario, Beltrán, Juan, Miguel, Martín, Guille e Isaac. Tamén: Guille, Lois, Adrián Makaay, Luisete, Pablo, Anxo.
- Goles: 0-1, m.6: Soto; 0-2, m.31; Soto; 0-3, m.40: Yago Torrente; 0-4, m.76: Rubén Ferreiro; 05-, m.89: Rubén Ferreiro.

Partido máis igualado do que di o resultado, entre un Fisterra que case non chegaba aos 20 anos, diante dun Praíña moi efectivo. De feito, practicamente os dous primeiros tiros a gol, aos 5 e aos 31 minutos, do cadro visitante, foron goles, gracias a balóns ás costas da defensa local. Os fisterráns pediron un penalto antes do descanso que puido ter metido ao equipo no partido, que deixou ademais a Isaac medio aturdido toda a segunda metade.
Unha segunda xa sen moito que contar nun Fisterra que está absolutamente en cadro que mesmo sufríu a lesión de Luisete nada máis saír ao campo.

Camariñas - Esteirana (4-1)
- Camariñas: Joe, Víctor, Borja (Anxo), Oliver, Pablo Suárez, David (Moriño), Joseba (Martín), Javi (Asier), Adam (Nuno), Roi.
- Esteirana: Guille, Kevin, Simón, Godo, Sui, Anxo Olveira, Pachi, Aitor, Uxío, Toni, Antón. Tamén: Raúl, Samu León e Anxo Foghete.
- Goles: 1-0, m.9: Soule; 1-1, m.45+3: Toni; 2-1, m.47: Adam de penalti; 3-1, m.83: Javi Antelo de xogadón individual; 4-1, m.93: Nuno.
Partido máis igualado do que sinala o marcador, cun equipo esteirán que segue con moitas baixas (chegron con 14 con Kevin, Sui, Simón e Anxo que saíron tamén lesionados). O Camariñas saíu moi fortes e pronto, nunha falta que saca Javi e remata Soule de cabeza. A primeira parte fui pasando sen moitas ocasións tendo o control o cadro de Cabrejo pero sen profundidade. Ata que no último minuto do primeiro tempo, un balón a área da Esteirana, sen demasiado perigo, Toni aproveita unha indecisión entre porteiro e defensa para facer o empate.
Pero nada máis saír na segunda, penalti a favor dos locais que provoca Javi, un varapau durísimo para os blaugranas, que seguen sen coñecer a vitoria. Os de Adán intentaron algún balón longo a Antón, pero as lesións volveron aparecer, acabando con 10, e 2 tocados sobre o campo. Os locais dominaban con tranquilidade, e conseguía sentenciar na parte final cos golazos de Javi e do xuvenil Nuno.
Racing San Lorenzo - Castriz (2-0)
- Castri: Coke, Fabián, Samuel, Saúl, Anxo, Marcos Mouro, Iván Pastoriza, Adrián García, Chapela, Josiño e Juanjo. Tamén: Íker, Rodo, Alberto Mata, Feal, e Carlos Rieiro e Fabio.
- Goles: 1-0, m.52: Ánder; 2-0, m.81: Younes.
Saen descontentos coa arbitraxe os xalleiros, que marcou o devir do partido coa expulsión de Josiño por doble cartón ao m.40, en dúas xogadas nas que os xalleiros pedían faltas dos rivais. Pero aí cambiou un partido que tiña os de Miguel Chouza de cara, combinando ben, e sendo superior aos santiagueses.
Na segunda, xa sen Josiño, que estaba sendo o mellor do partido, aguantou o que puido no partido máis grande da categoría, como é Santa Isabel. Pero na primeira, e case única ocasión que tiveron os locais na primeira media hora da segunda parte, marcaron. Co paso dos minutos, aínda tiveron un par de bocas ocasións para conseguir o empate, pero non se dou.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.