Sábado. 18.05.2024
El tiempo
15:29
19/06/10

O naufraxio do Frank C en primeira persoa

O naufraxio do Frank C en primeira persoa
Comezamos a semana pasada unha nova sección en QPC da man de dous dos blogueiros máis activos da bisbarra. Xusto Gómez, máis coñecido coma Xusto Fisterra no seu blogue, conta historias do noso mar, entre outras cousas, sobre naufraxios. Unha afección que comparte o muradán Manuel M. Caamaño dende a súa bitácora. Hoxe coñecemos un pouco mellor a Xusto, que tras compartir no seu activo Facebook unha historia de Naufraxios, as tristes protagonistas do mesmo puxéronse en contacto con el. Así, se a semana pasada vivimos a historia do Frank C coas viuvas dun dos finados no naufraxio, hoxe coñecemos un pouco mellor a súa historia.

A cara máis íntima do Frank C

Xusto oñece, coma todos os que vivimos na Costa da Morte historias deles, pero sempre lle da un punto de vista diferente, ou acheganos un pouco mais o relato vivido por outras persoas, ou polos seus propios pensamentos. Un día ao por un enlace dunhas das suas publicacions , na páxina “Descendentes de Mariñeiros”, dunha rede social, atopouse con Mª del Carmen. Contactou con ela, fixo amizade, e o que non sabía, era que ela era unha desas historias vivas que tanto lle intrigaban, é unha das viuvas dun dos tripulantes do barco “Frank C”, naufragado no gran sol, no ano 1991. Sempre buscando información, datos, momentos, pensou que aqueles como moitos outros que desapareceron no mar, non teñan un sitio onde as suas familias lles choren, onde levarlle flores ou rezarlles unhas oracións. E entón pensou en facer algo por homenaxear ás víctimas dese naufraxio, e como mellor, que narrando os sentimentos dende primeira persoa, Mª del Carmen. Propúxolle contar o naufraxio no seu blogue, recalcando que sería como ela vivira o momento, díxo que llo tiña que decir a súa filla, que era un tema moi delicado, que só o falaban entre elas de cando en vez. Que era moi seu e moi doloroso. Aceptou a colaborar dicindo que á súa filla Priscila, lle ía ser difícil expoñer a súa versión e que igual só iría a dela. Así pois, comenzaron a falar e a darlle forma ao artigo,cruzáronse mensaxes por ambos lados e cando xa estaba case para publicar, Xusto, decidío falar coa súa filla, con Priscila, a que aportou os seus recordos, a súa traxedia. Contoulle os seus momentos, os seus recordos, as suas historias máis fermosas, nas que a acompañaba o seu pai. O que recalcou foi que, se dera forma ao que dixo, pero, sen inventar nada. Ao seguinte día recibíu o proxecto en forma de mensaxe para que decidira si estaba ben. Gustoulle, e, entre os tres decidiron de publicalo. Xusto agradece a Mª del Carmen e á súa filla a colaboración, xa que sen elas esta nova sección non podía ver a luz. Publicáronno no blog tendo unha moi boa aceptación ata o punto de que, lle ofreceron a Xusto unha sección no diario dixital QPC, algo que enche de ilusión tanto ao autor do blogue como ás protagonistas. A día de hoxe non son amigos, son como da familia e, tendo gañas de coñocerse, fixeronno o pasado xoves no Faro fisterrán. Priscila e Mª del Carmen viñeron dende Marín a Fisterra para coñocer ao autor da súa publicación. A alegría e a emotividade invadiu o Cabo Fisterra.

A cara máis íntima do Naufraxio

Comentarios