Outra campaña da Xunta
Na Xunta, ou non saben onde tirar cos cartos, ou están de vacile permanente. Tampouco cabe desbotar a posibilidade de que sexan incapaces, xa que a Administración a cotío teima en amosar esa falla de “habelencia”. Se hai uns días alucinabamos cunha campaña a prol do leite galego, inzada de erros ortográficos, a nova campaña estilo “se bebes non conduzas” é outra coña.
A Administración que tanto fachendea de aforrar os cartos dos galegos, gasta 100.000 euros nunha campaña publicitaria carente de sentido. Diversos famosos saen nun vídeo reflexionando sobre os perigos de combinar alcol e condución. Ata aí todo ben. Un dos protagonistas é Manquiña, fervente defensor do reprimido idioma castelán neste país onde se malla nos castelán-falantes. Un actor que fóra do rexistro desplegado en “Airbag”, onde fixo de si mesmo, é un artista máis ca prescindible. O individuo pide que non se misture coche e alcol, cun vaso de sangría na man…
A campaña ten como banda sonora unha canción do meritorio grupo Jabón Blue. De novo unha campaña institucional da Xunta onde unha vez máis o castelán cobra protagonismo. A canción está na lingua de Cervantes. Despois virán coa carallada do bilingüismo e todas esas monsergas de cara á galería. Para colmo de despropósito, os hostaleiros do ocio nocturno se comprometen a facer soar a canción a última hora da noite… é dicir, cando a xente xa ten unha boa chea do corpo. Todos imaxinamos a un tipo como unha cuba, a piques de coller o coche e tambaleando pola pista do pub… en canto escoita o tema musical corre na procura dun taxi, ao decatarse da súa falta de civismo ao tantar conducir borracho…
Curioso xeito de combater os acidentes nas estradas: suprímese o Noitebús e a cambio fan unha campaña sen obxectivo concreto ningún por aquelo de non ficar cruzados de brazos ante unha realidade que consume a vida de moitos xoves cada fin de semana. A Xunta, unha vez máis, limpando a súa conciencia. Porque a campaña de marras da a impresión que só supón unha actuación para ter algo que poñer cando haxa que acudir ás urnas. Catro pósters, un CD e uns seudofamosos dicindo o malo que é beber. Moi orixinal. Por certo, se queren combater os acidentes, que empecen por facer ALGO nesa estrada comarcal que nos in-comunica con A Coruña, que ten máis furados que a chorri-campaña dos accidentes.
- Fran Hermida ([email protected]).
Máis información
- senxeito.eu, o blog de Fran Hermida.
Entrevistas con Fran Hermida
- 10 preguntas con Fran Hermida, o camello do humor da Costa da Morte: 10 anos percorrendo o país arrincando gargalladas.
- "Eu son pelexón e rebelde e polo tanto toca reconstruirme".
- Da radio municipal de Corcubión á tele.
Outros artigos Sen xeito
- Cerimonia da confusión.
- O galego sae caro.
- Mundo Pendular.
- Casi un 10% de vergoña.
- Carta ao alcalde de Corcubión.
- Cousas que pasan desapercibidas.
- Falta de valentía.
- Folga Xeral.
- Touros.
- Prexuizos.
- Polígonos.
- Foro Costa da Morte.
- Ocos.
- Unha de crise.
- Golpe do mar.
- Viaxe no tempo.
- Batalliñas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).