luns. 02.12.2024
El tiempo
13:55
21/09/11

Pobo vivo?

Resulta que ese invento adaptable ao gusto do gobernante chamado “austeridade”, vai entrar nos colexios do país coma un elefante nunca cacharrería. O colexio de Corcubión non ía quedar á marxe disto, e segundo parece vaise fomentar a calidade da docencia a base de mesturar nenos de diferentes idades. A brillante idea acostúmase a aderezar con recortes de profesorado, xa que seica botando a tesoira na educación vai mellorar a economía e os mercados deixarán de amolar á Bolsa. En fin…

No medio desta polémica, lembro aqueles días de axitación en Corcubión por mor da instalación dun Club de alterne na zona de Quenxe. A piques estiveron de ir cos fachos en procesión á porta do Club a prenderlle lume. Ata hubo recollida de sinaturas. Todo aderezado cos argumentos máis variados que sempre desembocaban no perxudicial dun negocio deste tipo ao carón dun colexio. “Que vergüenza los niños llendo a clase rodeados de ese ambiente”. Ou o horario escolar era ata moi tarde ou o negocio ese ía ser coma un 24 horas… En resumo: os país e nais montaron en cólera e impediron coa mobilzación que o Club fose instalado naquel lugar. Unha reacción diametralmente oposta á que vemos arestora, ondee non atopamos nin rastro daqueles proxenitores tan preocupados pola formación dos seus cativos. Quizáis os primeiros en reacionar deberían ser os pais e nais da Anpa…pero deben andar moi liados porque semella que a disminución de mestres e o revoltallo de alunos non lles preocupa.
Ao alcalde debería causarlle malestar que o colexio da Vila sufra recortes, pero nin está nin se lle espera. Un, que inda non ten fillos pero que agarda telos, non comprende a tranquilidade daqueles que permanecen impasibles ante o deterioro da calidade educativa que van sufrir os rapaces. Algúns por descoñecemento, outros por ignorancia (”ao meu neno non lle afecta” tranquilos, só é o comenzo) e moitos porque non lle importa o máis mínimo… Diferentes xeitos de favorecer a entrada da pobreza na nosa Vila. A pobreza cultural e educativa que soe ser a que anuncia a chegada da outra, a económica, que semella que é a única que importa. De tódolos xeitos eu coido que a pobreza xa está aquí. Porque so unha sociedade pobre pode permitirse non loitar polo seu futuro. Só unha sociedade decadente pode ser pasiva ante as agresións que sofre.

Novas relacionadas

Máis información

Entrevistas con Fran Hermida

Outros artigos Sen xeito

Fonte

Comentarios