Venres. 29.05.2020
El tiempo
07:00
13/07/12

Revolta

Hoxe vou facer algo diferente. Quero ceder este esparzo a alguén cun perfil ben distinto ao meu. Unha muller, nai de familia, duns 30 e pico que, a raíz dos últimos sucesos (recurtes, manifestacions, etc) facía hoxe esta reflexión que, minimamente adaptada por cuestións editoriais, paso a transcribir:


Oído hoxe: "O que faltaba, que tal e como están as cousas o Concello teña que poñer actividades para conciliar vida familiar e laboral! O que non poida coidar dos seus fillos, que non os teña!!"

Pero como o din os católicos, que logo van a misa, expían os seus pecados e fan obras de caridade dando limosna aos pobres, xa esta!

A xente con cartos volvese gilipollas. Dou grazas ao meu pai por terme educado nun mundo real, solidario e con toda esa bondade que a igrexa católica só predica e que so algunhas persoas practican. O ben común por enriba do individual.

Canto se parece isto, o esquema máis básico da igrexa, ao do comunismo, e que diferentes son. O primeiro só serve para que os que se benefician dos demais, alcancen o perdón!

Me indigna moito máis escoitar a un veciño ou concidadán expresarse de maneira egoísta e insolidaria, moito máis que ver a prima de risco, porque o que esta ao teu carón é realmente o que debe remar na túa mesma dirección, pero vexo que para uns poucos, outros moitos sobramos.

Ás veces penso na satisfacción que deberon sentir aqueles galegos cando na revolta irmandiña acabaron cos señores feudais, ou cando os franceses pasaron pola guillotina ao rei, ou cando en España se levou a cabo a desamortización. Vaise facendo realmente necesaria a chegada do pobo ao poder.


Insisto, nin é un texto que me corresponda (aínda que o suscriba) nin foi aleccionado por min. É, simplemente, o sentir de calquera. Só é cuestión de tempo.


  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

comentarios