sábado. 10.05.2025
El tiempo
21:50
05/11/10

Solutions. Economía

Solutions. Economía
Esta Semana recibín unha crítica de un dos meus lectores que me fixo reflexionar. Me dicía este amigo que teño costume de criticar, sancionar ou as veces menosprezar decisións, accións ou ausencias da administración ou dos gobernantes pero, me dicía este amigo, nunca aporto solucións. Díxenlle que non era de todo certo e coincidimos (resulta, non sei porque, que os meus lectores, salvo excepcións, soen ser xente civilizada. Cousa curiosa.) pero a verdade é que a critica me fixo reflexionar. Así que isto é o que imos facer. Mentres políticos de medio pelo, asociacións sen fin concreto e supostos estadistas ignorantes do fundamental seguen campando as súas anchas, eu, dende eiqui e mentres mo permitan vou ofrecer solucións. Ollo, as miñas solucións. Seguramente non coincidiremos pero teñan por seguro que só vou dar opinións que, creo e agardo, teñen base fundamentada. E vou comezar, que non se diga, pola economía. Sei que este asunto é, seguro, motivo de quebradeiros de cabeza diversos entre a parroquia lectora e por iso, e porque eu tamén as padezo, vou ofrecer estas “solutions” dende a óptica dun paisano, eu, que sen ter nin puñetera de economía si se considera en posición de ofrecer solucións a actual situación. Solucións simples pero evidentes, que senón son aplicadas polos que poden facelo é, xa o adianto, porque non queren. Porque nin interesa nin sirve para o fin principal de cada solución suposta que se adopta para a actual crise. A iso irei dentro dun pouco. Solucións. Ben, mirade, isto é moi simple. A cada problema una solución, así que ¿cal é o problema?. O problema esta no mesmo sistema. Un método denominado capitalismo que se basea nunha receita infalible pero, por desgraza, cíclica. Oferta e demanda. A maior demanda, aumento da oferta, caída do prezo ata un punto onde este repunta, xusto no mesmo lugar no que a oferta non é capaz de chegar a demanda. Ata o de agora ben ¿non?. A esta liña básica se suman variables pero de todas as posibles unha é a protagonista; a banca. ¿Por qué?. Pois porque ela, a banca, as caixas, os manexadores da base financeira, do carto puro e duro son os únicos que, en todo este xogo, traballan libres e a vontade. A regulación necesaria desapareceu país por país, no caso dos EE.UU. incluso de xeito total, deixando na man do propio mercado a suposta “regulación” natural que teorizaron os liberais. Regulación sen regulamento simplemente non existe. Pero penitencia sen sacrificio tampouco. E de aquí parte a primeira solución. Da penitencia. É urxente que se poña en marcha un sistema que fiscalice e obrigue as entidades financeiras a pagar un canon fixo por cada una das operacións interbancarias. Igualmente, o estado debería percibir una cantidade por cada transacción natural da banca, entre entidades ou entre contas correntes, controlando o mesmo tempo que a mesma cantidade, o imposto por transferencia digamos, non se repercuta nunca no cliente. Nunca. Debería igualmente quedar prohibida ningunha forma de financiamento de partidos políticos mediante a créditos, empréstitos ou axudas dende ou mediante a entidades financeiras, nacionais ou internacionais. Ninguén pode agardar que unha persoa con dous dedos de frente crea no seu proxecto político cando debe cartos a bancos e caixas por igual. A man executora é a do titiriteiro que manexa a marioneta, nunca “Macario” falou sen permiso de Jose Luis Moreno. En materia de emprego, si de capitalismo falamos, fagamos caso dos que o inventaron e argumentaron. Dicía Milton Friedman que “nunca un goberno creou emprego. Son os empresarios os que contratan”. Así que fagamos a vida máis fácil ó empresario, ollo ó pequeno empresario. O maioritario en España non son nin Díaz Ferrán nin o resto de encorbatados. Son PYMES e autónomos os que sosteñen no fundamental o emprego de calidade e de longa duración. Fusilar a impostos de taxas a todo un sector non vai a promover ningún relanzamento do emprego. Mercados financeiros internacionais. Mentres o raposo quede encargado de gardar das galiñas, o galiñeiro vai seguir baleiro. Ninguén no seu sano xuízo pode pretender que me fíe nin do FMI, nin do Banco Mundial nin dos seus brazos executores no mediatico, Financial Times e demais. Cuñas puras e duras dos mesmos “ases” que acabaron cos regulamentos en Wall Street ata o punto de permitir aberracións financeiras como as Hipotecas Subprime. Non se pode asumir un nivel de endebedamento familiar como o que se sofre en España. Un endebedamento do que se pode culpar a cada un de nos, si, pero que ten claros promotores; a banca e o goberno financiado pola mesma. Todo ben mastigado e trasladado a garganta do publico mediante a televisión e a un martilleo constante de “gasta,gasta,gasta” e “compra,compra,compra” sen medida nin base real. A innovación esta moi ben, pero non se pode agardar que nos salve a todos despois de 30 anos mandando a traballar fora a canto científico sobresaínte preparábamos en España. ¿Quen vai innovar agora, quen vai investigar?. Vaiamos o simple, a receita básica. Industrialización, comunicación, fomento dos emprendedores. As subvencións son negativas. Soster isto en Galicia, onde o sector primario vive basicamente da subvención pode resultar demasiado revolucionario pero, créanme, a perversión do sistema chega a tales niveles que si pregunto a un neno de 10 anos que atope pola rúa como debo facer para falsear una factura e conseguir que me subvencionen o total da miña inversión, non dubiden que saberá dicirme que debo facer. Múltiples exemplos avalan o que digo o longo de dúas décadas. Os cartos foron colocados en mans inadecuadas que o desprazaron os seus amigos, deixando so as migas para os auténticos emprendedores. Non digo que non se fomente o emprendemento, pero creo que nunca, en 25 anos de fondos europeos, se chegou de verdade a facilitar a estes o investimento e a axuda ao mesmo. Non me estenderei máis, prometo seguir a próxima semana. Simplemente un par de datos. Co que custa a visita do Papa católico pagamos 15 anos de proxectos industrias na Costa da Morte e poderiamos crear mais de 500 empregos de calidade. Co custo dos mobles do monte Gaias pagamos o seguro de accidentes que xa non teñen os mariñeiros galegos. Co custo da goleta que a Consellería de Mar vai pagar (do noso peto) sufragaríamos unha decena de Obradoiros de Emprego na comarca, 100 empregos con formación incluída para 9 meses, mais ou menos. ¿Realmente saben o que fan os que nos gobernan?, ¿Realmente están preparados para manexar os nosos cartos?.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anterioires

Comentarios