Solutions. Medio ambiente e enerxía
10:30 19/11/10
Sigo con esta xeira de artigos “dando solucións”. Para os que me seguen vou indo o gran, para o resto remítovos ó primeiro artigo desta serie.
Hai varias cousas que me sacan das miñas casillas en materia medioambiental. A primeira e principal pasa pola mercantilización que se fai do medio ambiente dende varios eidos… unha mercantilización que, nembargantes, non nos esta permitida os pobres mortais que, cando falamos de que necesitamos estradas nos vemos tratados como pobres ignorantes. Nada que ver con cando unha entidade ecoloxista, calquera, fala da “xestión razoable” de certos entornos. Hai, de súpeto, a necesidade se volve virtude.
Dáse en Galicia unha circunstancia que non se produce noutros puntos de España. Nun país coma este, seco, semidesertico, Galicia, Asturias e a cornixa cantábrica son directamente unha anomalía. A España verde é tan verde como ocre, ou amarela, é o resto do territorio. E nese senso escoito como, dende Murcia, Castilla-La Mancha ou Extremadura se fala de “solidariedade”, de “compartir” e demais, mentres se afanan en pedir auga como posesos. ¿Auga para beber?... non. Auga para regar. Para producir en “La huerta valenciana” por exemplo, cítricos e verduras que precisan de cantidades de auga cas que cada vez se conta menos nese lugar. E veña a pedir.
O asunto é que queda feo falar de mercantilización pero ¿Por qué non podemos vender a nosa auga?. Porque ¿temos claro que é a nosa auga, non?. Si é así, dando unha volta maior de torca, ¿Por qué non pedimos pola explotación hidráulica de Galicia?.
Digo isto dende unha óptica puramente económica e de xestión. Non falo de nacionalizar os ríos e fontes pero, a dia de hoxe, e dende a desaparición da Confederación Hidrográfica do Norte, a auga é nosa. Nosa, da Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude da cesión de competencias en materia hidrolóxica feita polo estado e consolidada no organismo “Augas de Galicia” que xestiona, autoriza ou sanciona no referente a ríos e demais no territorio galego. ¿Por qué non podemos xestionalo?. ¿Por qué non podemos poñer un prezo razoable a convinte o feito de ser o mais importante produtor nacional de electricidade de fontes limpas do pais?. So en hidráulica e eólica damos moito mais do que recibimos. ¿Por qué?
Basicamente se trata dun problema de xestión. Ningunha autoridade política se atreveu nunca, dende Galicia, a facer patente o que resulta evidente; que si “baixamos o machete” en Madrid non se produce nada. Ou, aló menos, se produciría un 65% menos. A cifra é basicamente o total do producido en canto a corrente eléctrica no país (coa trampa de sumar tamén as centrais térmicas que si ben poderían estar en calquera lugar, están aquí e tamén contaminan aquí). ¿Por qué non utilizamos como argumento, por exemplo, para a devolución da débeda histórica, o feito de que a meseta depende de nos en canto a auga e a súa xestión?
Pagamos o seguro de coche máis caro de España ¿Por qué?. Ben, o feito de que as estradas sexan sensiblemente peores se suma o de que aquí chove durante mais de sete meses o ano de xeito habitual… firmes esbaradizos, maior risco, primas mais altas. ¿Acaso o goberno estatal subvenciona este feito singular?, ¿Por qué nós “subvencionamos” colateralmente a produción de electricidade, deixando de cobrar o que deberiamos por ela?
Outro debate son os nosos espazos naturais. Eu son o primeiro que cre que debemos defender o noso pero me parece mais razoable outra solución. Nunca faremos de Galicia una potencia turística. Hai mil razóns pero, a principal, é o feito insoslaiable de que aquí chove moito. Moitísimo. Si, xa sei, Irlanda e tal e cual. A diferenza é que alí se vai a aprender inglés, a sumerxirse nun entorno de enorme e coidada beleza paisaxística… en inglés. Aquí como moito galego, e grazas o goberno de Feijoo cada dia menos.
Así que, ¿que podemos ofrecer?. A min ocorréseme o mesmo que a maioría pero eu penso que, neste caso, esas ideas xerais, sustanciadas no turismo de mar ou no sendeirismo de explotación dos espazos naturais propios (con parques naturais declarados e sustentados economicamente polo estado) debería ser bandeira e principal receptor de fondos públicos en materia turística. Aquí dase outro problema chamado Rías Baixas. Alí, pola súa especial configuración xeográfica e meteorolóxica, si funciona o sistema tradicional de turismo de sol. No Rosal incluso, e na península do Morrazo podemos ata falar de microclima, con veráns reais de 5 meses. Nada que ver cos noso escasos dous meses (ademais, mal ubicados porque aquí o calor real e a praia son viables de finais de xuño a primeiros de Agosto, o mes vacacional por antonomasia). Non digo ningunha tonteria, están os informes anuais da Aemet para corroborar a historia.
Con estes datos un pode entender porque para a Xunta a promoción de Galicia se limita a paixase, praias inmensas, gastronomía a base de receitas do século XVIII e festas populares, todas orgullo dos seus promotores e feligreses. Porque si falamos de espazos virxes, entornos únicos na devastada xeografía europea e produto natural sen aditivos… Cambados pecha.
Non continuo que me encendo e perdo a perspectiva. As solucións son claras. Querenza do noso, do que nos pertence e do que sufrimos, aproveitamento sostible do entorno e todo co patrocinio da cousa pública, que na vez de gastar en cuchipandas e paridas (pagarlle un soldo a un Alcalde dunha vila de menos de 10.000 habitantes, se mire como se mire, é unha parida) debería dedicarse a investir en facernos a todos mais fácil vivir nun entorno que non nos quere ver diante.
Todo depende, como sempre dos que xestionan os nosos cartos. Repito ¿saben o que fan?
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.