Venres. 19.04.2024
El tiempo
21:18
02/02/12

Témolos a eito

Témolos a eito

Oe, alguén leva conta de cantos quedan? A estas alturas non son demasiados, e sería bo facer algunha caste de reconto da realidade na que nos movemos. O digo para evitar malentendidos e saber, a ciencia certa, cal é a realidade elemental da clase política, aquí, a este nivel, o do mínimo común denominador da nosa bisbarra.

Podemos ir de sur a norte, se así o queredes. En Carnota non os hai, aló menos por agora. En Cee temos a primeira na frente co plusmarquista mundial das imputacions, 7 a día de hoxe, líder indiscutible deste “ranking” de pacotilla que hoxe arrancamos. 7, tantas como enaniños acompañaban a Blancaneves no conto.

O seu carón en Corcubión un home atormentado e imputado, por suposta prevariación (un afeccionado ao carón do outro, claro). É o que ten non contar con comisión de goberno sobre a que esparexer a merda. Xusto a un lado deles, sen facer fronteira, en Fisterra, outro tri-imputado, acompañado de edís na mesma condición e pola mesma teima, a de contar con actuacións de luxo nas festas do verán (oe, que terán esas festas que resulta tan importante que toque xente coñecida?, para que?)

Non moi lonxe outro imputado, aínda que este máis galego, o é polo estomago. I é que en Muxía como no resto de Galicia ir ás centolas sen Permex que che ampare é o que ten... que é delito disque. Agora, quen se atreve coa comparación?

En Vimianzo debemos remontarnos xa unha xeración porque o que hai non tivo tempo aínda (que non digo que cando teña caia, pero esta mazá da corrupción éche ben gostosa polo que se ve). Unha eminencia, o máis astuto, o mellor preparado para o terreo que pisaba, retirado da poltrona unicamente pola súa precaria saúde e por unha mala xogada diante do partido caeu. Prevariación e tráfico de influencias. Non somos ninguén Alejandro, está visto.

Parede con parede, en Camariñas, máis do mesmo. Aquí, como noutros casos, media a inquina política pero, con ou sen ela, os xuices, en todas partes menos en Valencia onde como é sabido as sentencias se deciden tirando os dados, a ver que sae, os xuices dicia, aquí, parecen saber minimamente o que fan e saber ler parece que saben. Outro máis, o 6º, senón me fala a conta.

En Zas só hai touros e maricons soldado!!! Ai non, perdón, iso era en Kentaky... ou en Minessotta... non sei. Non, en Zas o que non hai son nin imputados nin débedas, ao igual que en Dumbría, dous lugares aos que se critica con saña dende determinados entornos, esquecendo que a día de hoxe son do pouco que se salva nesta selva xudicial do esperpento e a falsidade. Me queda un, Mazaricos, onde a esta hora se pregunta por que ninguén avisou de que caía o satélite. Pero caeu, e pillou debaixo ó alcalde que, seguramente, menos sacou en limpo de tantas cousas como temos escoitado.

6 de 10 (e un xa xubilado pero presunto tamén). Non é un mal dato, a vista do marabillosamente ben que nos van as cousas. Stupendo, que diría Forges. Para botar cohetes.

Así as cousas, poden presentarme o “guapo” que me vai dicir a min ou a calquera que o que debo facer e respetar a lei, pagar os meus impostos e “apertarme o cinto” como pide Sorayita?.Estades de coña, non? Na cultura do Gran Hermano, Camps, “amiguito del alma, te quiero un huevo”, etc... o mellor que podemos facer é exportar presuntos delincuentes... témolos a puñados.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Verdades

Novas relacionadas

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Comentarios