Imputado o ex alcalde de Vimianzo por Prevaricación e Tráfico de Influencias


O ex-alcalde de Vimianzo, Alejandro Rguez, acaba de ser imputado polo Xulgado de Corcubión por presunta Prevaricarión e Tráfico de Influencias. A denuncia parte do actual alcalde vimiancés, Manuel Antelo, e está relacionada con asuntos de obras menores.
Segundo consta na denuncia, presentada o 2 de xaneiro e aceptada o pasado día 17, hai unha serie de obras menores contratadas días antes de rematar a anterior lexislatura á empresa Excavaciones Cernadas, que xuntas suman máis de 150.000€. Obras que, segundo comprobou o actual grupo de goberno, se adxudicaron sen proxecto previo, e téndose agotado as partidas de obras menores.
Deste xeito, Alejandro Rodríguez terá que pasar declaración no Xulgado de Inst. Nº1 de Corcubión o 1 de marzo ás 11:20h.
Novas relacionadas
- Nova imputación a Ramón Vigo por delito medioambiental.
- Repaso ao Sumario da Operación Orquesta (VI): As adxudicacións de Neria<7a>.
- O Tribunal de Contas xa investiga a Rosa Quintana, a Evaristo Lareo e ao Alcalde de Laracha.
- O alto custe da Casa da Cultura de Vimianzo.
- Alejandro Rodríguez elude responsabilidades sobre a Casa da Cultura.
Fonte
- Cadena Ser - Radio Nordés.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).