Unha gran crise europea (1709-1711): as orixes da nosa emigración
20:21 26/03/12
Na actualidade é ben coñecido por todos a importancia que ten a emigración en Galicia, en xeral, e nas terras fisterrás, en particular. Na nosa zona, a emigración non deixa de ser un mal endémico que se repite con maior ou menor intensidade según as diferentes variables, aínda que na actualidade o factor primordial desencadeante da mesma sexa o económico. Así, coincidindo coa actual crise económica, a emigración repunta e volta a recuperar destinos case que esquecidos como Suiza, que tivera un papel fundamental nos setenta e primeira parte dos oitenta do século pasado.
Os inicios do fenómeno migratorio como algo recurrente na nosa zona podemos situalos trescentos anos atrás. Aínda que na segunda metade do século XVII atopamos nos rexistros parroquiais algunhas referencias a veciños falecidos en Castela ou Madrid, será a partir do século XVIII, e concretamente da crise de 1709-11, cando o fenómeno da emigración se consolide para pasar a formar parte da realidade cotiá dos habitantes do territorio máis occidental da provincia de A Coruña.
Se nos adentramos na análise dos motivos que levaron a estas personas a tomar a decisión de emigrar, atopámonos que, desde mediados do século XVII, dábanse en Galicia, sobre todo na costa, claros síntomas dunha recuperación demográfica. Este feito, unido a un período negativo no entorno agrario fará que se rompa o precario equilibrio existente entre poboación e recursos. Pero, ademais desta situación circunstancial, outros integrantes estables potenciaron sempre a emigración de parte dos seus habitantes. Entre eles estarían un medio físico adverso, debido á situación xeográfica e climática; a existencia dun sistema económico de base agraria tradicional, na que o tamaño e a composición das explotacións agrícolas, en xeral pequenas e pouco rentables, imposibilitaba o mantemento dunha familia numerosa. Por outro lado, estaba a incidencia da estrutura e distribución da poboación, as formas de transmisión do patrimonio e o feito de carecer de núcleos urbans capaces de acoller o excedente de man de obra rural. Ademáis, sobre estos veciños recaían inxustas cargas tributarias e continuas levas militares.
Como consecuencia do agravamento de todos estos axentes mencionados, e diante da necesidade apremiante de atopar novas fontes de ingresos para subsistir, os galegos incorpóranse a unha corrente emigratoria de duración, distancia e intensidade desigual. En primeiro lugar, e cara o entorno máis próximo, marchan os xoves solteiros que buscan unha axuda complementaria para a economía familiar, ou que intentan fundar un fogar independente para, en numerosos casos, regresar unha vez conseguido este obxetivo. Trátase dun movemento no que se integran por igual as mulleres que se empregan no servizo doméstico.
Hai ademáis unha migración estacional, sobre todo desde as localidades máis orientais e meridionais, formada por campesiños que buscan un xornal e que marchan a traballar nas tarefas da sega ou de cava de viñas en grandes explotacións sitas no norte de Portugal, Navarra, Andalucía... De todas formas este tipo de desplazamento tivo como centro básico de destino as zonas agrarias castelás, aínda que progresivamente será sustituido, debido ás mellores expectativas, pola marcha concreta hacia Madrid. Este cambio trouxo variacións na duración da emigración, pois a veces convertíase en definitiva, e tamén no tipo de traballos desempeñados polos seus integrantes, xa que os homes ocuparon postos dentro da parcela de servizos (augadores, porteadores, criados, peóns,…) e as mulleres, ademais das diversas ocupacións dentro do ámbito do servizo doméstico, empregáronse como nodrizas. A esta corrente unirase outra desde a área máis occidental galega que opta por enlazar con Cádiz e con cidades andaluzas próximas para, desde alí, pasar a América nun intento de emular a outros membros desas comunidades que tiveran éxito na aventura.
Para o estudo da emigración, o problema máis grave ó que temos que enfrontarnos é o das fontes. Unha das máis importantes, por non dicir a que máis, para reconstrui-lo fenómeno migratorio é o rexistro sacramental dos libros de bautizados e defuncións, conservados nos arquivos parroquiais. Partindo da base que no antigo réxime a emigración predominante é masculina, a través desta fonte podemos saber dúas cousas: A primeira é a existencia ou non de emigración. Para esto chega con saber ás relacións de masculinidade ó morrer, é dicir, saber cantos homes morren por cada 100 mulleres. A outra información que podemos obter, aínda que neste caso só coñeceremos unha parte mínima dos casos reais, é o destino dos emigrantes, que queda sinalado nos actos de honras fúnebres que os familiares celebran na parroquia orixinaria do finado.
A análise dos datos dos arquivos parroquiais na comarca de Fisterra amosan que a emigración nesta zona empeza a coller importancia a finais do século XVII, incrementándose o fenómeno de forma considerable a partir da década de 1710.
As correntes migratorias afectarán á poboación nos seus principais compoñentes: casamentos, nacementos e falecementos. Precisamente, a análise destes últimos permite deixar en evidencia a anomalía existente nas relacións de masculinidade (morren moitas máis mulleres que homes). De non haber emigración, as diferenzas entre as relacións de masculinidade ó nacer e ó morrer non deberían ser moi acusadas.
O estudio das series de bautizados e difuntos nas diferentes parroquias amosa o gran contraste existente entre os nenos nacidos e os homes enterrados. Para o período comprendido entre 1671 e 1780 a diferencia porcentual ronda o 33%. Esto quere dicir que de cada 100 nenos bautizados na nosa zona só aparecen 67 contabilizados como difuntos na idade adulta, o que é un claro síntoma de mobilidade xeográfica ou migratoria.

- Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
- Espallando a historia da Costa da Morte polas escolas da bisbarra.
- Unha viaxe histórica pola época medieval con Víctor Castiñeira.
A gran crise europea
Especial Guerra da Independencia
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (I): A creación das Xuntas en 1808 e os primeiros movementos.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (II): O primeiro plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (IV): A chegada dos aliados ingleses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (V): As primeiras actuacións contra os franceses.
- Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (VI): Enfrontamento do alcalde de Corcubión, Bartolomé Figueroa Porrúa co axudante de marina, Manuel Barruti.
As terras fisterrás no século XVIII
A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos
- As orixes das terras de Nemancos (I).
- As orixes das terras de Nemancos (II) – A organización do territorio (I).
- As orixes das terras de Nemancos (III) – A organización do territorio (II).
- As orixes das terras de Nemancos (IV) – O mar: de perigo a fonte de riqueza .
- As orixes das terras de Nemancos (V) – A nobreza: O fin da hexemonía dos Mariño .
- As orixes das terras de Nemancos (VI) – A nobreza: Os condes de Trastámara.
- As orixes das terras de Nemancos (VII) – A nobreza: a hexemonía dos Moscoso.
- As orixes das terras de Nemancos (VIII)- As tensións de mediados do s.XV: A intromisión nobiliar nas rendas reais.
- As orixes das terras de Nemancos (IX): As tensións de mediados do s. XV: A xurisdicción de Corcubión e as guerras do século XV .
- As orixes das terras de Nemancos (X): As tensións de mediados do s. XV: Das loitas entre o arcebispo e os Moscoso ó levantamento e fracaso dos irmandiños.
- As orixes das terras de Nemancos (XI). A Xurisdicción de Corcubión: organización e xestión do territorio.
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss.XVI-XX): 21. Evolución a través dos rexistros sacramentais (II).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte): A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).