Martes. 23.04.2024
El tiempo
09:17
19/08/13

Utilizar o WhatsApp como unha ferramenta de marketing

Utilizar o WhatsApp como unha ferramenta de marketing
Fidelizando a traves do whatsapp Tes WhatsApp no teu teléfono móbil? Poucos poderán responder que non a esta pregunta, xa que os programas de mensaxería instantánea desprazaron aos antigos sms e mms do noso día a día. A través de esta aplicación e doutras similares, compartimos a diario centos de datos en forma de texto, vídeo, fotografías, localizacións, voz… pero, podemos sacarlle algún partido desde o punto de vista do marketing a esta ferramenta?

Utilizar WhatsApp non é gratis

Si, xa o sei. Mandar mensaxes mediante esta aplicación non costa cartos, pero facer unha acción de marketing con esta ferramenta non sae gratis, polo menos no que a tempo se refire. Iso si, ao non ter que invertir diñeiro é unha ferramenta idónea para pequenas e medianas empresas que non teñen orzamentos para marketing. Necesitas ter unha base de datos cos teléfonos móbiles dos teus clientes e necesitas dedicar un momento a pensar o que lles vas ofrecer e como o vas a facer. Para que funcione hai que dedicarlle tempo, e o tempo tamén costa cartos. Así que se tes pensado invertir tempo nesto, faino para que funcione. O recomendable é crear un grupo con todos os teus clientes e publicar nese grupo a información, de xeito que se alguén se quere ir do grupo o poida facer rápido e deixe de recibir as mensaxes. Tamén podes traballar con diferentes grupos de clientes en función dos intereses de cada quen. Se son mensaxes individualizadas (como un recordatorio dunha cita para cambiar aceite nun taller) podes envialas a un só contacto directamente.

Buscar a utilidade para os clientes

Ofrecer contidos que lle faciliten a vida aos nosos clientes. Poñamos o exemplo de un restaurante que quere promocionar o seu menú do día. A priori pode parecer un contido moi útil, pero se un cliente ao que non lle interesa recibe todos os días unha mensaxe co menú do día, o máis probable é que bloquee o número do restaurante e podemos dar gracias se non acaba aborrecendo ao restaurante pola súa comunicación. Isto solucionaríase preguntándolle aos clientes se se queren apuntar para recibir esta información e facendo un grupo con eles.

Principais usos

Cada vez se está a empregar máis. Hai exemplos de moi mal uso (spam) e hai exemplos que van máis alá e o fan realmente útil. Na miña opinión a maior potencialidade da ferramenta está relacionada coa fidelización de clientes e co aumento da frecuencia de compra.
  • Avisar de festas e eventos.
  • Promocións e ofertas.
  • Utilizado polos clientes para pedir citas (perruquerías, dentistas…) e tamén o pode empregar a empresa para recordar esas citas.
  • Xestionar reservas en restaurantes, hoteis, talleres mecánicos...
  • Canle de atención ao cliente. Pedirlles a súa opinión sobre o servizo.
  • Para amosar novidades (nunha tenda de roupa, tecnoloxía).
  • Para crear un grupo de clientes VIP con ofertas especiais ou que reciban a información antes que ninguén.
  • Concursos e sorteos.
Un dos casos máis coñecidos e que máis se repiten cando buscas exemplos online é o de unha peixería de Cádiz que envía os prezos dos produtos aos seus clientes cada mañá ou unha tenda de bocadillos que atende os pedidos dun instituto. Ambos moi simples e fáciles de aplicar.

Puntos fortes

    Comunicación directa e instantánea cos teus clientes
  • Pódense enviar contidos multimedia ou mesmo enlaces a páxinas web
  • Unha vez que tes base de datos e mensaxe preparada, costa o mesmo mandar unha mensaxe que centos delas
En resumo, como en todas as accións de marketing, hai unhas regras básicas: usa o sentido común, aporta valor aos teus clientes e non bombardees con mensaxes continuas. Se apostas por esta canle, faino público no teu establecementos e incentiva que os teus clientes o empreguen para ter unha liña directa coa túa empresa. Ah! E non te poñas a enviar mensaxes de madrugada cando o resto da xente durme.

Artigos relacionados

Artigos en Marketing de andar por casa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios