Xa o dicía Mon: "Unha biblioteca é un hospital para a mente"

Facíase entrega onte no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura, a entrega dos premios de Achegamento á Cultura que leva décadas organizando a Biblioteca de Cee. E como non puido ser doutro xeito, o acto servíu de homenaxe ao eterno bibliotecario ceense e organizador durante máis de 30 anos destes certames, o querido José Ramón Rey “Mon”, falecido recentemente.
A Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” fíxolle entrega a cada alumn@ un marcapáxinas cunha mítica frase de Mon: "Unha biblioteca é un hospital para a mente"
A Biblioteca agradeceu a todos os centros participantes, a cativada tan entregada, a Imprenta Paco de Cee por facer gratuitamente os nosos marcapáxinas, tal como leva facendo os últimos dezaoito anos.
Os Concursos promovidos pola Biblioteca ceense teñen como obxectivos fundamentais, fomentar a creación literaria, promocionar a
lectura e facilitarlle aos nenos e nenas de Educación Primaria canles de expresión creativa na nosa lingua, para desta maneira contribuír a crear unha sociedade onde o libro e a lectura en lingua galega teñan un papel destacado entre a nosa xuventude.
O número de obras presentadas aos diferentes concursos deste ano 2025 foron un total de 330 traballos (192 para o marcapáxinas e 108 literarios), procedentes dos centros educativos CEIP Brens, Vila de Cee e Manuela Rial Mouzo.
As cifras que recollen nos 34 anos de vida (1992-2025) destes certames contabilízanse a día de hoxe un total de 8.660 traballos presentados.
Os gañadores foron:
Primeiro e segundo de primaria:
Obra gañadora: “O diccionario”, de Catuxa Outes Tomé, do Colexio Manuela Rial Mouzo.
Accésits para: “O novo mundo de Sara” de Angi Mia Cen Zhang, do Colexio Manuela Rial Mouzo; e “O meu primeiro libro” de Fabricio Fernández Canelón, do Colexio Manuela Rial Mouzo.
Terceiro e cuarto de primaria:
Obra gañadora: “A estantería de libros de Aurelio” de Martina Allo Vázquez, do Colexio Manuela Rial Mouzo.
Accésits para: “O Xardin dos libros” de Lukas Romero Álvarez, do Colexio Manuela Rial Mouzo; e “Lara e a pócima máxica” de Uxía Trillo Riveiro, do Colexio Manuela Rial Mouzo.
Quinto e sexto de primaria:
Obra gañadora: “O libro dos avós” de Lois Casais Lestón, do Colexio Vila de Cee.
Accésits para: “Le toda a vida” de Nora Domínguez Rodríguez, do Colexio Vila de Cee; e “O tesouro dos libros” de Ainara Negreira Paz, do Colexio Manuela Rial Mouzo.
XXI CONCURSO NA PROCURA DO NOSO MARCAPAXINAS
Obra gañadora: “Ler, outro camiño” de Marina López Rodríguez, do Colexio Vila de Cee.
Accésits para:
“Le, soña e punkietéate” de Arai Quinteiro Quintela, do Colexio Vila de Cee.
"Convértete en cazorada de letras” de Nían Quintero Quintela, do Colexio Vila de Cee.
“Que non se extinga a lectura” de Mauro Lago Elorza, do Colexio Manuela Rial Mouzo.
“Todas as emocións nun libro atoparás” de Aarón Pazos Romero, do CEIP de Brens.