Un ano de recollida de sinaturas a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural

Comeza forte o 2012 a Asociación Monte Pindo Parque Natural. Tras un ano e dous meses de traballo de recuperación do patrimonio natural, cultural e etnográfico do Olimpo Celta, este 2012 vai estar cargado de loita política.

I é que "se ben cada vez nos atopamos con menos barreiras e máis apoios na sociedade e entre os sectores implicados", apuntan dende a directiva, a Consellería de Medio Ambiente non variou a súa posición negativa ante a declaración.

Deste xeito, a entidade vén de anunciar que a partir do día 1 de xaneiro de 2012, e durante os 365 días do ano, dará comezo a recollida de sinaturas mediante un formulario na nosa web adscrito ao servizo Actuable.es "A prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural!".

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte