A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas


A Lenda da Raínha Lupa ten a súa realidade día a día na agra de Quilmas. Alí, os membros da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica fai que a súa maxestade baixe do Olimpo Celta cada mañá para sachar nas completas hortas onde a Xunta e a empresa Stolt Sea Farm queren ampliar as súa piscinas con rodaballo.
Na loita seguen os veciños da pequena aldea de Quilmas, que seguen a preferir trigo a rodaballo. Para manterse vivos levan artellando 7 mercados ecolóxicos en 7 meses. O desta de fin de semana será a 3ª edición deste Mercado Ecolóxico-Tradicional "Pola Defensa da Terra" de Quilmas, xa case convertido en referente por selo único mercado ecolóxico de toda a Costa da Morte, facendo do consumo responsable unha realidade na nosa bisbarra.
Limpando ríos
Ademais a fin de semana completarase o domingo 2 de outubro, coa participación na IV Limpeza Simultánea de Ríos, actividade enfocada á concienciación cidadá cara o voluntariado medioambiental. O percorrido escollido, polo monte de Carnota, é de gran beleza e merece a pena coñecelo.
A Limpeza, enmarcada no Proxecto Ríos, desenvolverase en 30 puntos do país, entre o dos veciños de Muxía.
Programa do Mercado Ecolóxico de Quilmas "Pola Defensa da Terra"

Sábado 1 de outubro
Abrirá o sábado ben cedo, a partir das 10:00h, co Mercado ecolóxico tradicional de hortalizas, mel, alimentación ecolóxica e artesanía de proximidade. Estará aberto ata a tardiña, con parada para o xantar.
Ademais haberá momento para a Degustación de diferentes variedades de tomate e mel. A Música estará presente durante todo o día, e haberá diferentes postos informativos de asociacións que defenden o territorio, promoven a biodiversidade e fomentan o consumo responsable.
Ademais, hai a posibilidade de facer o xantar na feira, na Barra da Raínha Lupa con produtos biolóxicos e naturais, xa que haberá un pulpeiro e diversos postos con empanadas, e outros produtos caseiros...
Domingo 2 de outubro
A partir das 10:30h unha expedición sairá dende Quilmas para realizar a limpeza dun tramo do río de Vadebois, a actividade terá unha duración de 2 horas aproximadamente. Esta xornada rematará na Lagoa de Caldebarcos onde, conmemorando o día mundial das aves, realizarase un avistamento de paxaros nesta marisma.
Desta volta, a entidade coordinadora en Carnota é ADEGA Costa da Morte e, para acudir, precísase de facer unha inscrición previa través dunha chamada ao 697.364.124.
Postos para o 3º Mercado Tradicional Ecolóxico do 1 de outubro

Produtos da horta
- Dolores (Teo)- Hortalizas e roquillas.
- Xulio e Belén (Cambre)- Respostería, pemento do couto, empanadas.
- Raínha Lupa (Quilmas)- Hortalizas, mel, fariñas e pan, conservas e aromáticas.
- Senra SCG (A Estrada)- Horta e mel.
- Millo e Landras (Vilasantar)- Queixo fresco, rixós, chourizos e carne de porco celta, horta.
- Casa do Campo (A Estrada)- Hortalizas, pan, conservas.
- Finca de Cora (A Estrada)- Hortalizas, pizzas, galletas e conservas.
- Milhulloa (Palas de Rei)- Herbas menciñeiras e grelos deshidratados e cosmética natural.
- Carme de Socastro (Socastro- Rois)- Horta e queixos.
Mel
- Monte Veciñal de Caldebarcos e San Cibrán (Caldebarcos)- Mel
- AGA (Arzúa)- Mel
- Santi (Louro)- Mel, requeixo e alimentación ecolóxica.
Asociacións/colectivos informativas
- ADEGA
- Sindicato Labrego Galego- SLG
- Asociación Galega de Apicultura- AGA
- Monte Pindo Parque Natural
- ZocaMiñoca- Cooperativa de consumo responsable
- Implicadas no desenvolvemento- ONG
Artesanía
- BolaTola (Panchés)- Cosmética natural. xabróns, ungüentos, cremas...
- Charo (San Mamede)- Cerámica.
- Charamusca (Canedo)- Cerámica
- Nacho Porto (Cornido)- Cerámica
- Cesteiro de Rois- Cesteiría tradicional
- Francisco (Porto do Son)- Cesteiría tradicional
- Susana (Quiroga)- Cerámica e mandís con materiais reutilizados.
- O pano encantado (Ponteceso)- Roupa para nenos.
- Carme (Louro)- Diademas e adornos con teas reutilizadas.
Outros
- Menduíña (Cangas)- Cervexa artesá
- Empanadas de millo (Rois)- Filloas, empanadas, etc...
- Ánxel (O Carballiño)- Pulpeiría
- Equisol (Santiago)- Comercio Xusto
- Queixería Don Gabino (Vilalba)- Queixo de San Simón.
Cómpre lembrar que toddas as persoas que expoñen neste mercado fan unha produción sustentable e respectuosa co medio e comercializan directamente os seus produtos. Importantísimo no eido do consumo responsable esto da proximidade na venda, favorecendo o consumo local.
Novas relacionadas
- Especialistas internacionais introducirán a construción ecolóxica na Costa da Morte.
- Os voluntarios de Muxía recollen cogumelos e limpan o río.
- Quilmas segue loitando polo consumo responsable cun novo Mercado Ecolóxico e unha limpeza de ríos.
- 7 mercados ecolóxicos para 7 meses.
- O Mercado Ecolóxico de Quilmas acada bos resultados.
Máis novas
- Os Muíños de Caldebarcos volven sentirse vivos.
- Recunchos da Costa: Os Muíños de Vadebois de Caldebarcos.
- O pobo que quere trigo e non rodaballo .
- Quilmas vive .
Fonte
- Nota de prensa da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa.