Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha poesía inédita de Vicente Risco e Otero Pedraio sobre o Monte Pindo

Unha poesía inédita de Vicente Risco e Otero Pedraio sobre o Monte Pindo

Xa leramos varios poemas para o Monte Pindo da man do compañeiro Miro Villar. Hoxe aparcamos os achádegos arqueolóxicos e as denuncias medioambientais e seguimos os pasos de recuperación histórica e patrimonial que nos marca a Asociación Monte Pindo Parque Natural. Pasos que de novo chegan en verso, como a poesía inédita de Vicente Risco e Otero Pedraio recentemente descuberta pola entidade.

Unha poesía dedicada a Isidro Parga Pondal en 1936, escrita en alemándurante unha excursión polo Monte Pindo feita co mítico Seminario de Estudos Galegos no mes de xuño de 1936. Unha poesía que constitúe unha declaración de marxismo e amor polo Olimpo Celta.

Hoxe, por cortesía do Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal, a entidade fai pública a carta e todos os documentos que a acompañaban.
Poden coller máis información, ver os documentos orixinais e as traducións en www.montepindo.org.

Novas relacionadas

Outras novas de interese

Máis novas

Fonte

Comentarios