Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Da perfecta sintonía entre o Río Xallas e o Monte Pindo

Da perfecta sintonía entre o Río Xallas e o Monte Pindo

En perfecta sintonía se acompañan o Monte Pindo e o río Xallas. Que sería dun sen o outro. O seu misticismo vai máis alá das súas estruturas físicas e xa son dous dos elementos naturais de máis valor da Costa da Morte.
Precisamente nesa liña traballan as novas entidades Asociación Monte Pindo Parque Natural e Plataforma pola Defensa do Río Xallas, que hai escasas datas compartían mesa de debate na Feira Ecolóxica Terr@ctiva de Arzúa. Unha mesa que servía para deixar constancia da necesidade de coidar o noso patromonio natural coma un verdadeiro tesouro.

E ese coidado, esa posta en valor, chega de moitos xeitos. Un deles é a difusión, e por traemos este estupendo artigo que nos brinda a Asociación Monte Pindo Parque Natural: Rio Xallas: Arteria de vida do Monte Pindo!.

Non o perdades, pois fai un repaso dende o Sars romano ao Coadoiro de hoxendía, atravesando os seus 65 quilómetros de lonxitude escoitando as historias dende o Padre Sarmiento ata Vidal Romaní.

Siga lendo en:

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios