Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Digna Rdgz. Romar
12:05
25/03/21

A memoria, a riqueza dun pobo

A memoria, a riqueza dun pobo

A riqueza dun pobo non se basea en cantas empresas teña ou en ter casas moi luxosas ou coches de alta gama aparcados nas garaxes. Non, a riqueza dun pobo mídese pola calidade da súa xente, pero non porque estes sexan boas ou malas persoas, senón polo que estes habitantes aportan ó ben común. Porque, vivir nun pobo non se limita a habitar nel, non, é algo máis, un sentimento, raizame, unha historia que compartimos un grupo de persoas, que sin unirnos o sangue, somos parte dunha gran familia. Ou quen non se alegrou de chegar a Suiza e atoparse alguén do seu pobo ou incluso dos pobos veciños; ou cantos, recén chegados a embarcarse, sendo aínda uns nenos, ó ver veciños abordo, non pensou: eu estou salvado, estes vanme axudar; ou aqueles que marcharon facer as Américas e só pensaron en regresar ó seu pobo para enriquecelo con novos barcos ou outras empresas que formarían con aqueles compañeiros que os acompañaban na aventura; ou esas mulleres, que esperando a que os seus homes trouxeran a riqueza esperada dás súas viaxes, teceron unha rede de apoios mutuos para criar ós seus fillos entre todas, nas boas e nas malas.

Esta gran familia que son os pobos, necesitan que existan persoas especias, que sendo só un graiño máis, aportan ese extra de unión. Esas persoas que sempre están ahí colaborando, que sin importarlle o cansos que cheguen despois de 12 horas no mar, collen as súas libretas e carteiras e se percorren o pobo recaudando para poder facer as Festas do Patrón. Eses seres que siguen o equipo de fútbol do pobo por todos os campos da Costa, axudando nas cantinas ou vendendo rifas dun Xamón. Eses que xa sexan nas Asociacións de Veciños, de Montes, Cofradías e incluso ANPAS, poñen todo o seu tempo e empeño en conseguir que o seu pobo mellore, que ninguén o dane e que os seus veciños vivan tranquilos. Eses que, sin esperar, nada a cambio ou incluso recibindo críticas e queixas, enfróntanse coas Administracións que faga falta, sacando do seu tempo libre. Seres que tanto se poñen a organizar unha Sardiñada, como unha manifestación, un baile ou incluso unha obra de teatro.

A memoría dun pobo escríbese gracias a todas estas persoas, que non pensan só en sí mesmos, senon que case antepoñen o seu benestar polo dos demais.

Cando unha destas persoas desaparece, unha luciña se acende na nosa memoria colectiva, porque perdemos a persoa, pero nunca perderemos o legado que nos deixóu: esas festas, eses berros polos campos, esas mans cheas de callos, eses bailes na verbena e sobretodo esa sonrisa que nos deixa na cara cando os recordamos.

Por todas eses seres que formaron e forman parte da memoría dos pobos, que nunca se nos olviden, pero sobretodo, que intentemos ser un deles para que a memoría do noso pobo non morra.

  • Digna Rdguez. Romar: Enfermeira, eventual do Sergas en A.P. e Atención Especializada. Moi orgullosa de ser de Camelle.

Máis artigos de Digna Rdgz. Romar

Comentarios