A necesaria reforma tributaria local
08:45 09/06/17
Non se pode estar máis de acordo cos que defenden melloras inmediatas na tributación municipal. Porque se trata dunha cuestión imprescindible e urxente.
A simplificación de procedementos administrativos e a incorporación das novas tecnoloxías son aspectos substanciais que facilitan a tramitación e o cumprimento das obrigas tributarias. E xa toca que se poñan en marcha.
Como tamén é hora de revisar todos os tributos municipais, así como efectuar unha análise rigorosa do sistema de beneficios fiscais, da función de interese xeral que os xustifica, da súa eficacia para a consecución dos obxectivos propostos e da súa eficiencia para, con base en criterios fundamentalmente económicos, decidir o mantemento, modificación ou supresión dos mesmos.
No que atinxe especificamente aos tributos potestativos, isto é, aos impostos que poden impoñer os concellos de forma voluntaria: Imposto sobre construcións instalacións e obras (ICIO) e Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (PLUSVALÍAS), tamén é preciso actuar de inmediato.
Así, no primeiro caso, deberase modificar o ICIO introducindo melloras técnicas e, sobre todo, intensificando a comprobación sobre as edificacións concluídas, para practicar a liquidación definitiva en base ao custo real e efectivo da obra. A outra reforma inaprazable afecta ao imposto de PLUSVALÍAS, onde o vixente deseño grava incluso aos supostos nos que, polo efecto da crise e a depreciación dos inmobles, se están xerando verdadeiras minusvalías.

En fin. Estas son algunhas das medidas que se demandan tamén desde a Comisión de análise de Facendas locais, da Federación Galega de Municipios e Provincias, coas que non podemos estar máis de acordo.
Domingo Guerra. Economía Municipal.
- Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra
- Tesoureir@s de Administración Local.
- Prevención da corrupción.
- Catro concellos non renden contas.
- Investimentos financeiramente sostibles.
- Economía municipal: Nós cumprimos!.
- O Informe dez meses despois.
- A e-Administración.
- Economía Municipal. Reforma do financiamento local.
- Economía Municipal. Pagar tarde, mal e arrastro.
- Chegou o momento.
- O necesario control.
- Non vos parece?.
- A voltas coa débeda.
- Administracións de 4ª División.
- Non somos “mexebos”.
- Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando.
- O peixe intelixente.
- Desafíos municipai.
- O soldo do alcalde.
- Repasando o PIB dos Concellos QPC.
- Facturas no caixón.
- Débeda viva a 31/12/2013.
- Solvencia financeira municipal.
- Os concellos e a crise.
- Reposición da legalidade urbanística.
- Loito por culpa do mar.
- Remanente de tesourería.
- Eficacia recadatoria.
- Oportunidade perdida.
- Gasto de persoal.
- Rendición da conta xeral.
- A Conta Xeral.
- A contribución.
- Cuestión de confianza e moción de censura.
- Débeda municipal.
- A prórroga do orzamento municipal.
- Presión fiscal dos nosos concellos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).