Venres. 19.04.2024
El tiempo
Domingo Guerra
20:41
07/10/18

Canto cobraron os nosos alcaldes en 2017

Canto cobraron os nosos alcaldes en 2017

Neste mesmo espazo, nun artigo publicado o día 11 de febreiro de 2015, sinalaba que «o cargo de alcalde debe ser remunerado. Ben remunerado. Porque, esixe estar dispoñible as vinte catro horas do día para resolver os múltiples problemas que afectan ao municipio». E sigo pensando o mesmo.

Pero tamén comentaba que a partir das eleccións de 2015 ese salario tería un tope máximo, vinculado ao número de habitantes, polo que a poboación sería a variable que determinaría as retribucións dos presidentes das nosas Corporacións Municipais.

Deste xeito, os alcaldes e alcaldesas dos concellos comprendidos entre 1.000 e 5.000 habitantes percibirían 40.000 euros como máximo ao ano; os de entre 5.001 e 10.000 habitantes ata 45.000 euros, e así sucesivamente.

Pois ben, xa temos datos sobre a cantidade total percibida en 2017. Así que, nesta táboa, presentamos a información detallada dos nosos concellos.

Taboa do que cobran os alcaldes da Costa da Morte

Segundo esta información, os únicos concellos que superan o tope (descoñecemos a situación de Fisterra) son os de Cabana (229,72 euros), Dumbría (400,08 euros) e Zas (799,92 euros), aínda que con cantidades certamente pequenas.

Podemos opinar sobre si o límite establecido é ou non suficiente. Si é xusto ou non considerar o tamaño poboacional como mellor medida para determinar estas retribucións. Si a dedicación debe ser sempre en exclusiva ou pode ser parcial, etcétera. Que cada un de nós extraia a súa propia conclusión.

Pero ninguén cuestionará que todos os candidatos ás vindeiras eleccións municipais coñecen cál é o tope máximo ao que adecuar as súas carteiras. Non como antes, que cada un fixaba en pleno as retribucións de forma arbitraria e, moitas veces, créanme, vulnerando o sentido común.

  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios