Non somos “mexebos”
09:44 11/05/15
Este mes de maio cumprimos dous anos aflorando datos irrefutables, que acreditan aprobación de orzamentos e rendición de contas fóra de prazo, remanentes de tesourería negativos ou, por exemplo, niveis de endebedamento e gastos de persoal excesivos. Por tanto, dispoñemos de información específica dos nosos concellos, para votar con máis rigor.
Así e todo, sabemos que durante o período electoral os mesmos responsables deses malos resultados intentarán terxiversar a realidade, como si a obxectividade dos datos fose algo manipulable, como si o transcurso do tempo non puxera a cada quen no seu lugar. En fin, como si fóramos “mexebos”, que é como lle chamamos en Muros aos que teñen pouca intelixencia, vamos, aos parvos.
Por outro lado, a esencia do debate electoral, en concellos avanzados, fundaméntase na análise racional dos problemas que padece o municipio, coa finalidade de atopar solucións. Para iso, formúlanse propostas e confróntanse ideas, loxicamente, desde postulados diferentes. Non ten sentido a inxuria nin a demagoxia. E hoxe en día, menos que nunca. Porque, as distintas opcións saben que os votantes estamos cada vez mellor formados e somos máis críticos. E non toleramos que nos insulten chamándonos mexebos na cara, cando se promete que se fará de todo con menos impostos, ou cando se afirma que a transparencia presidirá a xestión dos recursos públicos. Porque, non existe unha fórmula máxica que permita conxugar orzamentos expansivos con menos imposición; nin se pode apelar ao principio de transparencia como si ese comportamento non fose consubstancial á democracia e ao sentido común.
O vixente descrédito da política –ademais de pola intensidade da corrupción–, é a primeira derivada deste tipo de actuacións. Con todo, e sabendo que existen fundadas razóns para o escepticismo, confiemos na capacidade e sensatez dos candidatos a alcalde e a concelleiros. E oxalá acertemos coa nosa elección.
- Domingo Guerra (domingoguerra@quepasanacosta.gal). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra
- Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando.
- O peixe intelixente.
- Desafíos municipai.
- O soldo do alcalde.
- Repasando o PIB dos Concellos QPC.
- Facturas no caixón.
- Débeda viva a 31/12/2013.
- Solvencia financeira municipal.
- Os concellos e a crise.
- Reposición da legalidade urbanística.
- Loito por culpa do mar.
- Remanente de tesourería.
- Eficacia recadatoria.
- Oportunidade perdida.
- Gasto de persoal.
- Rendición da conta xeral.
- A Conta Xeral.
- A contribución.
- Cuestión de confianza e moción de censura.
- Débeda municipal.
- A prórroga do orzamento municipal.
- Presión fiscal dos nosos concellos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).