Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:27
30/04/10

A fin dos moderados

A fin dos moderados
As verdades como puños de José Luis Louzán

Vivimos no tempo dos moderados. Ninguén o pensa cando fala de que o goberno e a administración da cousa publica necesitan discreción, prudencia e tento no trato e no debate. Pero ninguén pode crer en serio que os moderados son os únicos garantes destas cualidades. A historia coma sempre nos ensina que os moderados, en xeral, son o autentico cáncer político da nosa era.

 

Si os moderados estiveran o mando dende sempre a escravitude seguiría sendo legal. A muller nunca tería conquerido os dereitos que ten, nada de aborto, nada de saír da casa a traballar. Gays e lesbianas seguirían no armario e os traballadores seguirían laborando por un soldo miserable e sen beneficios sociais. A sanidade publica sería unha utopía e aquí, en España, o estado das autonomías ou a democracia, por moi mal que este, tampouco serían unha realidade. Sen Lincoln, Betty Friedan, Harvey Milk ou sen Churchill e Roosevelt. Pensen no que seria de Europa si no ano 41 o presidente dos Estados Unidos tivera sido un moderado. 

Confúndese a moderación coa transixencia, con ser un pusilánime sen alma. Me fai graza cando alguén me prevé, as veces dende o cariño, contra este costume meu de dar a miña opinión sen que ma pidan. Non saben, penso, que durante anos estiven calado e dou exactamente o mesmo. Non saben que, como xa dixen nalgunha ocasión, por moito que pensen que o seu silencio público os fai inmunes a crítica, en realidade todos sabemos de que pe “coxean”. Todo o mundo é ou de dereitas ou de esquerdas ou centrista. Que crean que non se sabe ou que non é publico so fai que agravar o problema. E mellor dirixir a mensaxe que formar parte dela descoñecendo o seu contido. 

Nestes días os moderados campan as súas anchas na costa da morte. En tódolos eidos, no político, no empresarial e comercial, no educativo. Un arranque de paixón dun líder político esta peor visto que nunca e a nadería, o baleiro ideolóxico é tomado coma síntoma de equilibrio. E nada mais lonxe da realidade, nada mais distante do necesario neste momento, nesta encrucillada social e histórica na que nos atopamos. Señores, as veces hai que loitar. As veces, por exemplo, hai que pegar un golpe na mesa, señores empresarios, e dicir que ata aquí chegamos e visitar os administradores e manifestarlles que xa esta ben, que por activa e por pasiva pedimos, rogamos, solicitamos pero que agora esiximos. Queremos ser iguais que os demais, que se teñan en conta as nosas especiais condicións, que se entenda onde vivimos e as difíciles circunstancias que nos rodean... queremos respeto, por Dios, respeto. Vale de tomarlle o pelo a unha comunidade de máis de 25.000 VOTANTES. 

E se hai que ir a “guerra” vaise. E se hai que pedir a os catro inútiles que nos mal mandan que dimitan, se pide. E se hai que saír a rúa, en masa, e se hai que “armala” e demostrar que temos sangue nas veas se demostra e se sae... e punto. 

O tempo dos pusilánimes, preocupados polo que dirán, preocupados polo seu penoso dia a dia mais que polo futuro dos seus fillos acabou. Se hai que ir a “guerra” para que remate a escravitude hai que ir, se hai que denunciar as portas do “congreso” e berrar que somos iguais, que temos dereitos, que pagamos impostos e que nos deben respeto, pois imos. Todos. Acabou a época dos mercachifles de segunda categoría, asustados que buscan medrar en base a cargos miserables de pacotilla. Presidente de... Secretario de... da igual. Non significan nada, non serven para nada e non existen cifras que demostren que a existencia deste ou do outro organismo, asociación, agrupación ou o que demo sexan, chiringuitos ao fin e o cabo, fixeron nada por nos. ¿Cantos postos de traballo se crearon nestes últimos 20 anos na Costa da Morte?. ¿Cantos se destruíron?. ¿E admisible que se perdan 7000 habitantes nunha década e ninguén sexa capaz de asumir responsabilidades?, ¿E admisible expropiar e logo construír case un millón de metros cadrados de solo industrial para que ninguén teña capacidade económica para ocupalos sen que ninguén dimita?, ¿ten sentido dotar areas industriais cando calquera pode ter legalmente unha nave industrial no medio das casas?.  Voamos sen instrumentos, descoñecemos os datos e mentres os de sempre viven tan tranquilos. 

Pensen. ¿Que pasaría si, cada mes, saísen publicadas cifras dun organismo estatístico independente cos datos de paro e ocupación laboral nos doce concellos da costa?, ¿e si compararamos ese dato co de hai 15 anos?, ¿e si facemos un saldo entre empregos creados neses tempo e empregos destruídos?, ¿sae positivo ou negativo?, e si sae negativo ¿que?... ¿a quen lle pedimos contas?.  

¿A quen lle pedimos contas polo mapa de inversións dos últimos 25 anos?. Alguén nacido o pe da Comarcal 552 entre Vimianzo e Cee so puido ver unha obra pública na súa vida, a da reforma da estrada. Nada mais ¿quen é o encargado de decidir estas cousas?, ¿quen deseñou un mapa de inversións que fai que alguén que abandonase a comarca hai 30 anos e volvese nos últimos días non note cambio algún de mención, salvo na costa de Cee e por dúas obras en Vimianzo?. ¿Como se explica semellante desatino de proxección?. ¿Como se pode xustificar semellante ignorancia das normas mínimas en organización e desenvolvemento de núcleos urbanos?.  

Acabouse o da moderación coma estilo, coma recurso para dirixir absolutamente nada. Sigamos elixindo moderados e acabaremos por poñer o ultimo cravo na tapa da caixa. O próximo meapilas que me diga que me arrisco cando expoño publica e claramente o meu pensar e o meu sentir sobre o asunto que sexa nun país con liberdade de expresión, leis que protexen a igualdade e a liberdade de prensa e supóstamente democrático terei que preguntarlle si o seu comentario é unha prudente chamada a moderación.... ou unha ameaza.  

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios