Jorge Lariño, Xiana Lago e Elian Numa, monitores de luxo para o campus de verán atletismo de Olimpia

11:50 19/08/25
Jorge Lariño, Xiana Lago e Elian Numa, monitores de luxo para o campus de verán atletismo de Olimpia
A vindeira semana comeza o campus de verán atletismo de Olimpia, e conta cuns adestradores de luxo. Jorge Lariño, Xiana Lago e Elian Numa volven ao seu club de orixe, neste caso para formar a novos atletas, nun acto que serve ademais de recoñecemento para os 3 mellores atletas xurdidos en Cee e en toda a comarca nas dúas últimas décadas.
O campus, que se desenvolverá no San Paio de Refoxos, será do 25 ao 29 de agosto, con horarios de 11:00h a 12:30h para nenos de 2018 a 2008. Poden confirmar inscrición no 627 183 915 ou en adolimpiadecee@gmail.com.