martes. 19.08.2025
El tiempo

Os calendarios da 2ª e 3ª FUTGAL xa en www.futboldacosta.com

Liga da costa en futboldacostacom
Primeira xornada da Liga da Costa
Os calendarios da 2ª e 3ª FUTGAL xa en www.futboldacosta.com

Xa temos en www.futboldacosta.com os calendarios das Ligas da Costa, da 2ª e 3ª FUTGAL. Unhas ligas que empezan o 14 de setembro e rematan o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Unha fermosa e moi auténtica Liga da Costa, que vertebra de esquina a esquina unha comarca (de Malpica a Outes) só cun filial, o do Sofán B, que permitirá volver vivir derbis ante o Sa Lorenzo. Pero volverá haber derbis fermosos como os Muros-Monte Louro; os Baio-Zas, ou os Corme Ponteceso, Tralo visto a temporada pasada parece que Baio, Soneira e Xallas partirían como favoritos, pero haberá que ter moito ollo co reforzado Porteño, e o recén descendido San Lorenzo.

terceira da costa en futboldacostacom
Primeira xornada da 3ª

Pola súa parte, a 3ª preséntase tamén ben intensa, con derbis como os malpicáns (Buño, Seaia e Cerqueda) e ceenses (Cee, Pereiriña e Inter de Brens).

Máis info

Comentarios