Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:25
14/05/10

"Agallas"

As verdades como puños de José Luis Louzán

Escoito o presidente do goberno e penso en finais. A fin dunha época chegou e os tempos os marcan os de sempre, coas frases de sempre. “Hai que apertar o cinto”, “sempre acabamos pagando os mesmos” ou a manida defensa do funcionario “Hey, que non todo son persoas detrás de ventaniñas sen facer nada”. Non, certo, tampouco todos os empresarios son Diaz Ferran nin van en Mercedes pero esa é a imaxe coa que un pensa nun empresario. Ou nun banqueiro.

Seguramente errei nestes meses últimos en transmitir a que me refería cando dicía que non mandan os que pensamos que o fan, os que eliximos para que o fagan. Non souben, tal vez, definir con claridade que esta a suceder as nosas costas, pero a inestimable axuda do presidente e da sua Maxestade o Rey de España ven de novo no meu auxilio. Cando dicía que en realidade todo este conto , toda esta historia de grandes capitais en perigo, rescates multimillonarios con cartos publicos, déficit e mais déficit, toda esta cantinela repetida de parados, de desastre tras desastre non ten nada que ver en absoluto con nos, non. So somos a victima propiciatoria. Un peón necesario. Pura carne de cañón. E Zapatero nolo demostraba este pasado martes.

Porque todo isto non vai de rebaixar unha media do 5% o soldo dos funcionarios, non. Isto non vai de conxelar as pensións, nin de eliminar o cheque bebe. Nada que ver. Isto vai de dignidade e nos, todos, carecemos dela, Isto vai de que cando se decidía o noso futuro, nesa mesa non estaba sentado ningún de nos. Porque isto vai de nos ou eles, e esta vez, como sempre, como case sempre, apandamos. Porque somos uns cagons e uns aburridos, e porque non nos gusta nadiña afrontar a toma de decisións e apechugar coas consecuencias. O mellor, o mais fácil, sempre é que a decisión a tomen outros, outros que nunca apandan con ela, que nunca pagan por consecuencia ningunha e que nunca, nunca, teñen a culpa de nada nin son responsables de nada.

O que nos pasa non ten que ver coa Bolsa, nin cos presupostos do estado. O que nos pasa forma parte da razón pola que neste pais oubo 40 anos de dictadura sen que ninguen movera un dedo. O que nos sucede ten que ver coa razón pola que o fascismo campa as suas anchas polo país, co motivo polo que a dereita goberna eternamente España, sexa coas sigras que sexa. Somos unha banda de mequetrefes miserables. Unha panda de blandos, faltos de carácter. Galegos, Catalans, Vascos…. Calquera. Non temos sangue nas veas e aquí entra o sucedido co Rey e co asua saida gloriosa do hospital en Barcelona.

Porque noutro pais, con cidadans de verdade, con orgullo e coraxe propios e non insuflados falamente pola televisión cando se precisa. Nun pais serio, cheo de cidadans conscientes, cando un Rey sae dun Hospital publico onde recibiu un trato que ningun outro cidadan ten nin en soños a esperanza de recibir, afirmando que “debemos estar orgullosos de nuestra sanidad publica” sen pasar por urxencias, sen esperar horas ou incluso días polas probas, sen ter que velas e desexalas para que un funcionario detrás dunha ventaniña lle faga caso a un enfermo, cidadan español, igual que o rey, cando noutro país sae un Rey e afirma iso nestas circusntancias… o día seguinte un país con xente de verdade se convirte nunha Republica. E punto.

Aquí aplaudimos.

O que suceda de aquí en diante é un enigma. Nun país serio, de cidadans con agallas, non coma este, as ruas estarían inzadas de protesta, de batalla en democracia, de protestas por unha nefasta política, que obvia o comportamento vil e usureiro da banca e das entidades finacieiras en xeral e castiga, de novo, por enésima vez, a clase traballadora, o autónomo e os pensionistas porque, simplemente, fáltalle a todos eles coraxe e vergoña propia suficiente para defenderse cando son insultados, atacados deste xeito, sin mediar provocación e polas costas.

Non sei que pasara pero a min, comigo, que non conten para isto. Eu non teño a culpa, non é o meu problema. Para manifestarme, para pechar en sinal de protesta, para escribir o meu Parlametario, o meu Senador (se os tivera, que diso non gasto), aquí me teñen. Para berrar aquí ou onde me deixen que isto é un abuso e un desatino, aquí estou. Para pintar a mona e dicir que claro, que a crise, que as cousas son así e demais… comigo non conten para iso. Chegan vostedes.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios