Domingo. 23.02.2020
El tiempo
José Luis Louzán
18:55
23/10/09

O vaso medio cheo...

O vaso medio cheo...
As verdades como puños de José Luis Louzán

Realmente hai cousas as que o calificativo “flipante”  quédalles curto. Falo de actitudes en materia política, de xeitos, de accións, pero sobre todo de ausencia de complexos a hora de mentir, ou de ignorar o simple sentido común das cousas.  

Leo que se esta estudando a posibilidade de lexislar máis (nunca se di mellor, sempre mais ou novamente) en materia de alcol e xoves e escoito algún dos globos sonda lanzados a opinión publica polo goberno de aquí e polo dala. Que si imos rematar co dous por un en discotecas e pubs, que si acabouse o de vender alcol despois das dez da noite fora de bares e restaurantes. Pamplinas, bobadas e falla total e absoluta de gañas de facer nada. Mais do mesmo para que nada cambie, cando as solucións son evidentes para todo aquel con ollos e mentres a administración segue mais preocupada pola recadación asociada o Imposto especial sobre bebidas alcohólicas que o feito de que unha parte importante da mocidade actual será alcohólica ou drogodependente en cinco ou dez anos. Pero non importa, a cobrar que senón a ver con que financiamos o modus vivendi do parlamento ¿non? 

Chamádeme “carca” ou tolo (eu fun mozo, bebín coma Cosaco e fixen as que me dou a gana, pero comparado cos de agora fun un bendito... non o digo eu, dino eles) pero aquí queda o meu propio; 
Plan en tres puntos para acabar co alcoholismo na xuventude Galega. 

  • 1º- Queda prohibida a venda e distribución de bebidas alcohólicas en Grandes Superficies, supermercados de mais de 200 m2 ou calquera outro establecemento de alimentación de superior superficie que a indicada. Nestes establecementos so se poderán expedir bebidas por debaixo dos 8.5º.Vol. A venda e distribución so se realizaría, deste modo, en pequenas tendas de barrio, ou da aldea, supermercados de pequeno tamaño, tendas especializadas ou, do mesmo modo que se fai agora, en bares e restaurantes. Acabouse así a venda a menores (e moito mais fácil meter medo de peche a un paisano si vende a menores que o Sr. Carrefour, por exemplo), rematou o botellón, e por suposto, o alcohol a baixo prezo que é o 90% do que os xoves consumen nas súas festas particulares. A distribución a hostalería a realizarían como ata o de agora os profesionais da venda a profesionais e quedaría limitada a ese rango de bebidas (8.5%vol, e dicir, cervexas ou o mal chamado “viño sen alcohol”) o que os grandes almacéns (Carrefour, Alcampo, Eroski, etc) poderían dispensar nos seus estantes.   
  • 2º- En caso de intoxicación etílica dun menor os pais ou titores deste pagaran unha multa, ademais de cumprir o tempo de servizos comunitarios que a xustiza estime. No caso de reincidencia dos feitos en mais de tres ocasións, os pais ou titores perderían a garda e custodia do rapaz/a I e que educar debe ser un acto responsable pero si algo ou alguén ten a culpa do actual estado das cousas (“Pozuelo Gate” e demais devaneos xuvenís co lado “chungo” da lei)  son os pais “colegas” dos seus fillos. Un pai non debe nunca ser un ditador, pero tampouco ten que ser mais “enrollado” co seu fillo que os seus propios amigos. Un pai é unha autoridade e, cando deixa de selo.... 
  • 3º- A idade legal para consumir alcohol nun Bar, Cafetería, Restaurante, Pub ou discoteca non será inferior os 21 anos. No caso de ser esta inferior, o menor ou maior sen dereito real o consumo, debera estar acompañado dun pai ou titor que se faga responsable do mesmo. I é que nunca entenderei porque hai que ter cumpridos os 18 anos para conducir e con 16 un pode beber viño ou calesquera licor de menos de 40º ata caer desmaiado. Si resulta perigoso que un conduza non o é menos que se dedique noite tras noite a matar neuronas en plena adolescencia. 

Porque, por si alguén aínda non se decatou, temos un enorme problema co alcohol neste pais. Beber ata estar borracho ou en estado catatónico non so non é motivo de escarnio publico senón que no rural segue a ser respetado ou admitido, sobre todo entre os homes, coma algo para nada reprobable. E non é así. Mentres concelleiros de tódolos partidos, os menos a Deus Grazas, toman decisións ou acoden a plenos e actos de goberno totalmente borrachos, mozos e mozas de todas idades dedican horas e horas na fin de semana a inxerir alcohol da peor calidade a esgalla. 

No terceiro país de Europa en superficie de viñedo, nun dos que mellor calidade presenta nalgún dos seus viños, a marca mais consumida deste é a que ven en envase Tetra-Brick.... a 0.60€ o cartón. 

Así que non, para cando chegan os mozos os bares do 2x1... xa veñen cegos... tanto coma os políticos que deben lexislar na materia, polo que vexo... Hip¡¡    

  • José Luis Louzán.

comentarios