Mércores. 08.07.2020
El tiempo

"Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego", o novo libro de José Manuel Castro Marcote

"Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego", o novo libro de José Manuel Castro Marcote
cogumelos-dunares-libro-marcote-portada Cando dicimos que na Costa da Morte vive un dos meirandes especialistas en micoloxía (a ciencia que estudia os cogumelos) de toda a península, non o dicimos porque si. Nin sequera porque sexa colaborador desta casa. I é que cando o dicimos é porque José Manuel Castro Marcote o é. A semana pasada, para comezar a temporada, retomabamos a >sección Nocións micolóxicas. E o facíamos repasando unhas das máis coñecidas: as Macrolepiotas. As súas publicacións son demandadas de moitas partes do país, polo que podemos sentirnos ben afortunados en QPC e máis no Boletín da Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo, da que o propio Marcote é socio-fundador. De feito, xa podemos disfrutar da 3ª edición do seu recoñecido libro "Cogomelos de Galicia", editado pola Xunta de Galicia. Pero esta semana coñeciamos unha nova moi positiva. O propio Marcote vén de publicar un novo libro: "Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego", que chega da man da editorial valenciana Ellago Ediciones. Foron 10 de anos de traballos de estudio e catalogación de especies. A obra consta dunha introdución, coa descrición dun sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes e as estratexias de adaptación. A conti- nuación encóntrase a parte descritiva, con 80 fichas con macro- e microfotografías a toda cor e observacións de todas as especies.

comentarios