Venres. 19.04.2024
El tiempo

Intoxicación con cogomelos

Intoxicación con cogomelos
micoloxicas-amanita-phalloides Amanita phalloides

Nas datas de outono, coas primeiras saídas ao monte de miles de persoas que disfrutan do lecer de pasear e recoller cogomelos, soen aparecer na prensa algúns casos de intoxicacións graves ou incluso fatais. A todos nos soan nomes casi satánicos como amanita, faloides, panterina,…É a outra cara de este mundo que da tantas satisfaccións os iniciados.
Estas novas veñen a recordarnos que para comer algo que apañamos, temos que coñecelo perfectamente, sexan cogomelos ou plantas. Falando de plantas, fai catro ou cinco anos saío na prensa que unha familia de Ourense intoxicárase con espinacas cultivadas na súa horta. Uns días máis tarde descubríase que na realidade esa familia, que acababa de chegar de Cataluña, plantou sementes de espinacas estrando abondantemente a leira pero comeu estramonio, pranta veleñosa que medrou espontaneamente nese terreo demasiado abonado. Conclusión: para recoller espinacas hai que coñecelas perfectamente.
Pero nesta ocasión gostaríame falar de outros tipos de intoxicacións menos comentados pero moito máis abondosos.

Moitas intoxicacións débense a comer cogomelos en mal estado ou mal conservados, ó que leva a que provoquen intoxicacións de orixe gastrointestinal. Este tipo de intoxicacións tamén se produce por intolerancias de tipo alérxico a sustancias presentes en algúns cogomelos (trealasas, compostos poliacetilénicos,…) como Armillaria mellea, Lepista nebularis, algús Suillus,…Para evitalas, cando comemos unha especie de cogomelo por primeira vez debemos facelo en pequena cantidade, aumentando a inxesta en comidas posteriores.

Unha intoxicación máis insidiosa é a ocasionada por inxesta de cogomelos con altas concentracións de metais pesados: plomo, mercurio, cadmio ou zinc. Baste decir que algúns cogomelos chegan a conter unha concentración de metais pesados cen veces maior a do terreo onde se atopan. Este tipo de intoxicacións, que poden chegar a ser graves, hai que tratar de evitalas non consumindo cogomelos que medren as beiras das estradas, xardíns de cidades ou industrias contaminantes.

Para acabar imos comentar unha serie de intoxicacións graves, nalgúns casos mortes, provocadas pola inxestión de Tricholoma equestre tanto en Francia como en Polonia. A enfermedade dexenerativa provocada, rabdomiolisis, foi reproducida no laboratorio con ratos, aportándolle unha cantidade excesiva e reiterada no tempo do cogomelo. Recentemente este experimento levouse a cabo con moitos outros cogomelos considerados excelentes comestibles dando os mesmos resultados.

Conclusión

Para evitar intoxicarse hai que coñecer perfectamente o cogomelo, colleitalo en sitios non contaminados e conservalo en bo estado, ter precaución na primeira inxesta ademáis de evitar o consumo excesivo e reiterado.

A disfrutar.

  • José Manuel Marcote.

Comentarios