Martes. 23.04.2024
El tiempo
Laura Canosa
10:00
08/04/20

Os sentimientos dun 2020 ao outro lado da "mascarilla"

Laura Louzan enfermeira de medicina interna do HVdX
Laura Louzan enfermeira de medicina interna do HVdX
Os sentimientos dun 2020 ao outro lado da "mascarilla"

Nestes tempos de Covid todo o mundo fala das heroínas das enfermeiras, sii daquelas que coidan a eses pacientes en soidade nunha habitación sen poder ter as súas familias ó lado.

Pero esas mesmas están todo o ano a pé de cama, administrando medicacións, axudando na hixiene do paciente, realizando curas pero sobre todo aportando humanidade e compañía.

Neste momento a compañía é esencial.

Enfermeiras que entran cada turno con incerteza ao que encontrarán, como estará a unidade, si terei algún paciente máis crítico polo que teña que correr pensando en poder darlle unha oportunidade. Aprendemos de repente o que se precisa para unha urxencia á que non estábamos acostumadas.

Persoal que leva un medo consigo, medo a contaxiarse e despois chegar a casa e poder levarllo a súa familia. Pero sobre todo tristeza porque a veces non está na nosa man loitar contra este bicho devastador.

Ansiedade porque a veces non só hai altas a domicilio ás que aplaudes e lle dis que “moita sorte”, senon baixas da vida. Xente que falece sen ter unha man ó lado, sen haberse despedido dos seus como merecían, sen deixar os recados que houberan querido dar “ seguide rindo sen min, levádevos ben, aquello para ti o outro para teu irmán, coidade de vosa nai”.

Os “adeuses” son dun viaxe sen regreso. Este tren non é como o que leva un cancro ou unha enfermidade crónica no que nos van avisando das paradas que faltan ata chegar a última estación. Aquí os pasaxeiros (a familia) non ven as montañas do horizonte, as curvas dos raíles, e non hai campás que soen ó chegar o destino, non hai flores que os despidan nin xente no andén.

Quizais sexa máis difícil entender por que se foron?

Conciliación familiar? Nesta época as enfermeiras deixan de lado a fillos, quizais tamén a seus pais cos que solo falan por teléfono para saber si están ben. Porque non queren achegarse demasiado. Buscan outras casas o na propia casa evitan tocarse, distancianse e rexeitan bicos ou caricias. Por medo. Por medo de contaxiar, porque nós estamos si ou si fronte aos verdadeiros positivos.

Si, verdadeiros positivos que se sinten sen forzas, sen ánimo, tristes, sen fame nin ganas de falar. Porque o ser humano faise pequeniño cando se sinte só. E só é a nosa voz debaixo dunha "mascarilla", unhas gafas empañadas e un gorro a que lle di “que tal pasou a noite?”

Quizais esto nos ensine que o importante non é viaxar, ter grandes coches, vestir de marca, comer manxares….

Porque o que imos buscar cando isto acabe vai ser: poder bicar os nosos fillos, comer uns ovos fritos ou un churrasco cos nosos irmáns, poder rir e conversar tomando un café, sair a rúa e respirar sen ter que levar unha mascarilla, disfrutar de camiñar pola aldea, poder ir o fin de semana a casa de nosos país.

Non só falo polas enfermeiras, sinon por toda esa xente que está traballando sabendo que son necesarios para a rodaxe deste mundo.

A todos eles GRACIAS, e a todos os que están dando parte do seu tempo para axudar no que se poda. Porque todos van ter algo que os deixe tocados tras esta pandemia. Un ser querido que se foi, unha economía precaria tras quedar cos seus comercios e empresas pechados ó mellor durante un tempo ou o millor definitivamente, ou simplemente a sensación de impotencia de que as familias nin sequera puideron chorar os seus mortos.

  • Laura Canosa. Enfermeira de Medicina Interna do HVX dende 2008. Si dende que empecei a traballar aqui esta era unha pequena familia na que fas moitos amigos e incluso algunhas compañeiras son parte da túa vida cotidiá fóra do traballo.
    Agora a forza como equipo e a colaboración é mais visible. Gracias á nosa supervisora por manexar perfectamente o timón deste barco; senón a tormenta nos faría naufragar.

Comentarios