Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración
Quero aproveitar que estades en Galicia con motivo da celebración do X Pleno do Consello das Comunidades Galegas para facervos un rogo que coido será do voso interese. Sabedes ben, os que me coñecedes, que a miña longa traxectoria na colectividade comezou na capital uruguaia sendo un mozo emigrante que desexaba manter viva na beira riopratense o lume solidario da miña aldeán lareira de Tines [Vimianzo]. Fun eu, un emigrante, o primeiro en impartir un curso de idioma galego normativizado no exterior no ano 1984. Aqueles anos de entusiasta actividade tiveron froitos e moitos éxitos porque falar de Galicia era para min unha obriga apaixoada e patriótica que me enchía o corazón de fondo alento.
Cando volvín definitivamente para a miña terra descubrín que tiña morriña do meu espazo montevideano de candombe, mate, murga, Peñarol e doce de leite. A xente do meu país era fría en comparanza cos meus garimosos amigos do barrio e compañeiros da escola, liceo e universidade. O peor foi ter que oír parvadas sobre os emigrantes no Río da Prata. Tal semellaba que a transición democrática fixera maxia e agora, dun día para outro, os novos ricos desprezaban aos irmáns de fóra que os estiveran mantendo durante máis dun século. É certo que foron anos de gran crecemento económico e de modernización dun estado ancorado nun longo inmovilismo. Os sucesivos gobernos [UCD, PSOE, PP] teñen recursos e destinan moitos cartos para axudar as familias da diáspora e os nosos descendentes tramitan a nacionalidade xa que non queren esquecer as súas raíces.
Por desgracia, agora mesmo, estamos asulagados nunha crise e sen ter resoltos unha serie de problemas. A participación electoral segue sendo motivo de debate e cos emigrantes perdendo dereitos. Disque en tempos de recurtes sociais non é correcto falar dos problemas dos residentes no exterior. Entón, meus amigos e amigas, o panorama do futuro estase a complicar. Se cando había cartiños non se fixo, semella que neste momento non se moverá ficha. Aínda está sen resolver se somos de aquí ou somos de aló porque aínda hai quen sostén que somos estranxeiros por nacer lonxe. A verdade é que eu son optimista e sei que a forza da identidade galega pode con todas as barreiras que se lle poidan poñer. Quero dicir ---para que me entendades--- que son tan netos de Galicia os que viven na esquina porteña de Belgrano e Pasco como os da esquina picheleira da rúa do Hórreo coa rúa da Senra.
Vou pasar ao meu rogo logo desta pequena leria introductoria. Pídovos, por favor, que fagades unha reflexión sobre o futuro das vosas entidades. Eu sei que non é doado ser membro activo dunha directiva que se enfronta diariamente a unha realidade de escasa participación social. Hai entidades sen mocidade e sen persoas de mediana idade. Non podemos seguir así. Non somos bos galegos se deixamos morrer a casa que edificaron os nosos avós. A pregunta é se hai algunha solución e a resposta é ao meu entender moi clariña. Soamente poderemos prestar servizos culturais, deportivos e sanitarios se nos comprometemos coa UNIDADE. Diredes que o asunto é moi delicado xa que cada entidade ten os seus propios intereses ou que a culpa é dos dirixentes reacios ao futuro que prefiren oficiar de enterradores antes de aceptar a integración nunha alianza de futuro.
Non vou dicir que sexa doado camiñar polos vieiros da UNIDADE pero tampouco podo negar que unha ampla maioría de dirixentes son xente sensata e xenerosa. Levan toda a vida no seo da colectividade emigrante empurrando para que o fogar social non se veña abaixo. Aqueles que non teñen unha venda nos ollos están convencidos e así o manifestan de que ou collen o temón os netos ou a dorna esmocerá soíña en calquera curruncho americano ou europeo. Hai máis de dez anos que escribín: “A emigración galega necesita dun empurre emocional que veña de aqueles que naceron lonxe de Galicia. Eles son os lexítimos propietarios de máis dun século de loita e morriña. Os nosos descendentes non teñen morriña. O que teñen é conciencia de que o seu sangue veu do outro lado do mar. Non están freados por tristes recordos. Os seus recordos son fermosos. Lembran que os avós falaban de Rosalía de Castro e do río Miño e que os domingos arredor da mesa sempre se falaba de Galicia. Non esquecen que na familia nunca faltou o pan e o viño para facer o camiño.”
Sigo pensando que a nosa maior forza está nos nosos descendentes. Pídovos prezados compañeiros e compañeiras da diáspora que sexades valentes e comecedes a falar de UNIDADE. Merecedes todos os recoñecementos polo labor feito pero chegou o momento de actuar con responsabilidade. Os novos tripulantes da cultura galega polos mares do mundo tamén levan nas súas veas o sangue solidario da antiga e rexa etnia galaica. Non teño dúbidas de que as entidades en activo durante os vindeiros cincuenta anos serán menos numerosas pero moi sólidas e consolidadas. Os nosos sucesores non estarán nelas por interese senón por sentimento e ninguén andará detrás das subvencións da Xunta de Galicia. Os dirixentes das entidades galegas de mañá terán completa liberdade de acción xa que soamente estarán atados polo único fío que non rompe: o sentimental. O dobre legado recibido [material ---un inmoble--- e inmaterial ---unha cultura---] fará que sexan orgullosos cidadáns alemáns, arxentinos, brasileiros, cubanos, suizos, uruguaios ou venezolanos que cada 25 xullo berrarán forte e en harmonía: forza Galicia!
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Novas relacionadas
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).