luns. 02.12.2024
El tiempo

As Cartas do Avó Pascasio: Aplausos para o gobernador gayego de San Luís!

As Cartas do Avó Pascasio: Aplausos para o gobernador gayego de San Luís!
Moi querida neta Cristina: Escríboche da miña propia man pero a verdade é que o lapicero vai só. Coñece os meus sentimentos máis íntimos e por iso fai unha mellor letra para a miña valente neta das fermosas terras fonsagradinas. Non é para menos. Ti estás fóra da cancha pero estás xogando o campionato da recuperación ética na Arxentina. Como pode ser? As mentiras non poden tapar unha meritoria acción de goberno recoñecida por todos os organismos internacionais. Hai unha forte luz no teu corazón que iluminará a actual escura noite malia que miles de macristas seguen pichicateados coa falopa mediática que repartía o gordo sorete na televisión. É unha evidencia que cada día se reducen máis os adictos ao incorporarse ao programa de rehabilitación patriótica que te cura para volver á vereda da solidariedade entre cidadáns. Ao final serán os bos gayegos os que saquen ao país do horroroso pozo de insensateces no que caeu. Se inoculou en gran parte da clase media unas cantas falsas ideas para metelos no labirinto mentres os máis ricos da sociedade se regocixaban con esaxerados beneficios. Alégranos moito que un descendiente da nosa honrada linaxe veña a botarche unha man. Referímonos ao gobernador da provincia de San Luís, Alberto Rodríguez Saa, que se cansou de esperar algunha pequena sinal desde o goberno nacional e púxose ao choio. Cóntoche que o apelido Saa (Sáa, Saá) é un topónimo moi presente en toda a xeografía galega. Acá arriba está o bo compañeiro Manuel Saa, dentista en Montevideo, nacido no municipio de Paderne de Allariz. Alí, na parroquia de San Salvador de Mourisco, hai unha aldea chamada Saa. Cando fales con Alberto lle podes dicir que lea o artigo de Miguel Costa no blog Fror na area relativo á etimología do apelido Saa. Os avós alegrámonos moito ao decatarnos que o gobernador de San Luís, en base á lei de Promoción Industrial procedeu a incoar expediente de expropiación da empresa "Cerámica San Lorenzo" situada en Vila Mercés. Pechou as portas sen avisar en claro incumplimiento da lexislación laboral. Quedaron na rúa uns 160 traballadores que se dedicaban á elaboración de azulexos, pisos e revestimientos cerámicos. O gobernador gayego é unha persoa seria e responsable. Actuou con rapidez para evitar o fame e a desocupación que Macri está implantando en todo o territorio nacional. Serán fondos provinciales os que cubran o capital de traballo inicial e unha axuda social ata que arrinque a cadea de comercialización. Puido tomar esta positiva medida porque conta cunha economía saneada que posúe recursos propios en tesorería para que os desempleados poidan ter uns ingresos que lle permitan vivir con dignidade. O gobernador é moi crítico con Macri ao sinalar que ?goberna para os ricos sen ningunha dúbida?. Temos outro gayego que consideramos o gran campión de Illa Maciel. Vos o conocés mellor que nós, visitáchelo en abril do 2016 pero non che fixaches en que comparte apelido co heroe das Malvinas: Manuel Olveira Traba. Aínda que Paco ten acento andaluz polo seu nacemento en Málaga é evidente que o seu apelido paterno é típico do municipio galego de Fisterra, o lugar onde naceron os mellores marineros do mundo. O noso querido sacerdote é valente e non dubidou en escribirlle ao presidente Macri unha carta na que expresaba o seu pensamento cunha alta dose de humor ao estilo galaico, é dicir, moitísimo razonamiento. Comeza a misiva con fina ironía: "Desculpe o Señor que o moleste, xa sei que debe de ter tantas preocupacións e tarefas como Presidente pero é que se me encheu de pobres o recibidor. O final é máis forte, logo de falar da pobreza e os ricos e o inferno, ao recomendar a don Mauricio que axude aos pobres porque ademais de blanquear as súas contas, blanquearía o seu corazón". Aplausos para Francisco Olveira! Son dous exemplos que se nos ocorren para destacar o aporte da nobre estirpe de Galicia ao teu inminente retorno. Despídome. Teño un compromiso que ten relación co noso querido sacerdote católico de Illa Maciel. Trátase da representación teatral de Esperando a carroza a beneficio do comedor do pai Paco mediante a entrega de leite de longa duración e alimentos non perecederos. A neta Silvia Ramos vaise a encargar de que a función especial nos chegue en directo por satélite desde a Esquina da Participación Popular no Parque Avellaneda. Lembro que me encantou ver á inmensa Chinesa Zorrilla nesta comedia do recoñecido dramaturgo Jacobo Langsner que aínda que nacido en Rumanía chegou ao Uruguay con tres anos. Recibe o agarimo do avó fonsagradino que atopou a felicidade no fogón a beiras do Prata.
  • Pascasio Fernández Gómez
 
  • Manuel Suárez Suárez.

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

Comentarios