Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Martiño Nercellas
17:01
22/01/18

Os campionatos de caza de raposo

Os campionatos de caza de raposo
Un raposo cazado Así anunciaban os cazadores a apertura da temporada da caza do raposo Consideracións sobre a legalidade dos campionatos de raposo e se resultan coherentes cos principios que rexen a ordenación cinexética. A pesar de que a Lei 13/2013, de caza de Galiza, recolle a figura das competicións de caza, algunhas delas tal e como se desenvolven poden resultar totalmente opostas ao que se pretende con dita lei. A isto debe engadirse a manifesta e xeralizada repulsa da sociedade cara este tipo de eventos, sendo incluso denostado por cada vez máis aficionados á caza e organizacións cinexéticas defensoras do que definen como “caza social". Estes campionatos nada teñen que ver cunha práctica ordenada da caza e representan unha manifestación anacrónica dunha barbarie contra o noso patrimonio natural, nomeadamente contra os raposos, mamíferos carnívoros fundamentais para o equilibrio e funcionamento ecolóxico do noso medio natural. Estas competicións poden estar vulnerando a propia Lei de caza pois:
  • Están á marxe das previsións que os Tecores recollen nos seus Plans cinexéticos de ordenación, e teñen moi difícil encaixe nas memorias dos Plans Anuais de caza.
  • Trátase dun formato competitivo que organiza a Federación de Caza baseado exclusivamente en premiar a habilidade en matar maior número de raposos nun tempo moi curto, nun espazo moi concreto, e unha presión elevadísima por número de escopetas, co cal de modo combinado se están propiciando "unhas condicións cruentas" da práctica cinexética, co que se pode estar incumprindo o artigo 61 da lei.
  • Ademais o formato de competición da lugar ao que a lei define, no apartado 1 do artigo 69, coma un procedemento que "turba gravemente a tranquilidade das poboacións dunha especie cinexética" e, polo tanto, susceptible de ser considerado coma "unha morte indiscriminada de exemplares" mediante, o que podemos interpretar coma un particular procedemento masivo de captura de caza, neste caso polo alto número de persoas exercendo a acción de cazar, e o importante número de exemplares que poden chegar a matarse. Deste modo pode entenderse que se vulnera o artigo 69, e estar incorrendo nun dos supostos de "procedementos de caza prohibidos".
  • Ademais de ser contrario aos principios de "...protexer, conservar, fomentar, e aproveitar ordeadamente os recursos cinexéticos de modo compatible co equilibrio natural", que se recollen no artigo 1 da lei.
Polo tanto estamos ante un procedemento cruento, indiscriminado, e sometido a un método masivo de captura, que pode interpretarse contrario aos principios que promulga a lei de caza no tocante ao ordenación cinexética sobre as exixencias ecolóxicas e de sostibilidade que deben considerarse na planificación e aproveitamento dos recursos cinexéticos.
  • Martiño Nercellas Méndez (Biólogo), artigo publicado en La Opinión da Coruña

Novas relacionadas

Máis artigos de Martiño Nercellas

  • Quen encarnou ao “vakner” de Fisterra? Outra interpretación do que puido ser este “animal grande e moi daniño”.
  • Presumamos do ourizo da Costa da Morte.
  • Sobre a ética e a estética da restauración da Igrexa de Fisterra.
  • Comentarios