A Costa da Morte en tres exposicións temporais que se mostran en Compostela
Coinciden na efervescencia cultural da cidade compostelá e nun intervalo de tempo aproximado tres magnas exposicións ou mostras de obrigada visita e nas que a Costa da Morte, en maior ou menos medida tamén está presente. Debrizámonos sobre todas tres dunha maneira cronolóxica, lembrando o seu contido e anotando esa presenza do noso territorio.
A primeiras delas, intitulada «Galicia universal. A arte galega nas coleccións de Abanca e Afundación», inaugurouse o 16 de Marzo e vai permanecer aberta até o 14 de Outubro de 2018 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, onde se pode visitar todos os días, agás o luns que pecha o museo, en horario de 10 a 20 horas, mais é tamén moi recomendable facer unha visita comentada ou guiada, como a que fixemos nós e que foi unha marabilla, nas horas que sinala o sitio web da propia Cidade da Cultura.
No catálogo desta mostra afírmase: «Galicia universal. A arte galega nas coleccións de Abanca e Afundación» supón a maior exposición de pezas das coleccións privadas desas entidades reunidas ata o momento. Pintura, escultura, fotografías e instalacións compoñen este percorrido por 150 anos de arte galega. Nela pode contemplarse unha escolma de 192 pezas que abarcan desde o primeiro terzo do XIX ata a actualidade.
De feito, e pola primeira vez, unha mesma mostra reúne 119 dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos, como Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Vieitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro, ou Antía Moure, entre outros moitos.
No que atinxe á presenza da Costa da Morte, o propio vídeo de presentación que reproducimos ábrese coa escultura en madeira de Álvaro de la Vega (Paradela, Lugo, 1954), quen viviu e mantivo o seu estudio durante moitos anos na vila de Corcubión e na actualidade tamén é profesor de Plástica no CPI de Mazaricos e mora en Noia. A súa peza é unha das primeiras que atopamos ao entrar na exposición.
E na última parte aparecen salientada a obra de dous dos nosos máis grandes fotógrafos memorialistas, con dúas imaxes da autoría do muxián Ramón Caamaño (cuxa posta en valor débese a persoas como Manuel Sendón e o Fotográfico de Vigo, mais que na súa propia vila debería contar cun espazo ou museo digno) e do laxés José Vidal, de quen recentemente se fixo unha recuperación que se pode ollar no derradeiro andar do Museo do Mar de Laxe.
A segunda é a Mostra «Terras de Salitre. Cristina Mittermeier», que se pode visitar na compostelá Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19) desde o pasado 4 de maio e até o día 2 de setembro de 2018, sempre de luns a domingo, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h, aínda que os domingos de xullo e agosto pecha por descanso do persoal. Tamén ofrece visitas guiadas, mais son previa cita e para grupos mínimos de 10 persoas.
Cristina Mittermeier, a gran fotógrafa dos océanos, percorreu coa súa cámara nos últimos anos espazos costeiros e lugares fascinantes que van desde a Columbia Británica en Canadá, até Hawai, a India ou Madagascar. O seu obxectivo chegou ás costas galegas e as imaxes escollidas para esta mostra testemuñan o seu convivio con mariscadoras, redeiras ou percebeiras. En cada fotografía percíbese a enorme paixón polo mar e polos océanos, pola fauna, na defensa do medio ambiente mais tamén na defensa e o respecto que amosa polas persoas que habitan estes espazos e os seus oficios.
Na escolla que se fixo para «Terras de Salitre» de Cristina Mittermeier hai imaxes de todo o litoral desde A Guarda e Baiona até Carnota. A representación da Costa da Morte estaría nas fotografías que retratan as mariscadoras de Lira e nas que se albisca a ría de Corcubión ou Fisterra ao fondo.
Mariñeiros de Muros nunha foto de Català-RocaFinalmente, tamén é moi recomendable a exposición «Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia (1956-1976)», comisariada por Anxo Rabuñal e Agar Ledo, que se inaugurou o 9 de maio e que vai estar até o 7 de outubro, no Auditorio de Galicia, tamén todos os días agás os luns, na que se recolle unha escolma de 116 instantáneas de Francesc Català-Roca (1922-1998), do fondo do Arxiu Històric do COAC (Col·legi d'Arquitectes de Catalunya) e que foron tiradas durante as sete campañas que realizou entre os anos 1956 e 1976 como fotógrafo de guías turísticas e postais, percorrendo coa súa moto vespa o territorio de boa parte do noso País.
Nesta escolla non figura ningunha imaxe explícita da Costa da Morte, aínda que si de mariñeiros de Muros e das súas rúas e o seu peirao, porén nalgúns dos paneis que historian a fotografía de viaxes antes de Català-Roca aparecen imaxes do noso territorio na cámara de Ruth Matilda Anderson.
Velaquí unha das imaxes que recolle Diana Pastoriza na súa bitácora Palabras da man ao corazón.
- Miro Villar, ceense Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Autor do blog As crebas.
Artigos de Miro Villar en QPC
- Lembranza do poeta Manuel Caamaño Devesa (Laxe, 1879 – Montevideo, 1928) no seu noventa cabodano.
- No prelo a edición de “Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García”.
- A dez anos da Homenaxe a Cipriano Fernández, alcalde republicano de Fisterra que foi represaliado en 1936.
- As comarcas de Bergantiños e Fisterra na guía de viaxes francesa Joanne de 1890.
- De “coreanos” a “faroleiros”. Unha cala sobre os alcumes da Costa da Morte no Portal de Ditados Tópicos Galegos.
- Unha obra teatral contra a lesbofobia no distrito de Corcubión en 1901.
- A escura lembranza do Prestige.
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (3ª parte).
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (2ª parte).
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (1ª parte).
- Unha crítica á celebración do 12 de outubro nos versos de Antón Zapata García.
- Novos testemuños do franquismo de Eugenio López López.
- A romaxe da Barca desde a emigración bonaerense:
- A fundación en Bos Aires do xermolo da «Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión» e a unificación coa «Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía».
- Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Tres sonetos de Antón Zapata García no Día de Galiza do ano 1947.
- A Costa da Morte en Nova Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial.
- Efeméride: No 80 aniversario da publicación de «Na morte de Lexandro Bóveda» de Antón Zapata García.
- Efeméride: No 64 aniversario do pasamento do poeta Antón Zapata García.
- Os artigos literarios de Baldomero Cores no diario vespertino La Noche.
- Nemancos (1953-1954), a revista dirixida por Baldomero Cores Trasmonte.
- «O pino de Corcubión» en dous poemas de Xervasio Paz Lestón.
- Paco Souto, in memoriam.
- Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- El Eco de Mugía (1902-1904). No 115 aniversario dunha cabeceira da prensa costeira
- “A relixión do mar”, de Xosé Iglesias Lamela.
- Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.
- “O pino de Corcubión”, un poema de López Abente.
- Nos 80 anos (1936-2016) dun decembro negro na Costa da Morte.
- O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Emigración e antifranquismo na poesía de Xervasio Paz Lestón (23/10/1898 – 1977).
- No trinta aniversario do colectivo de poesía «Un Medio» de Cee.
- «A Virxe d’a Barca», un poema de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917.
- Coplas populares na nosa lingua no Programa de Festas de Cee, agosto de 1952.
- Adagio por outono.
- A xeira do Seminario de Estudos Galegos en 1936 a Fisterra.
- «Saúde e Terra, irmá(n)s!». Exposición conmemorativa do Centenario das Irmandades da Fala (1916 – 2016).
- A vinte anos I Encontro de Escritores e Escritoras da Costa da Morte, primeira actividade do Batallón Literario.
- O poeta maltés Stephen Cachia critica o peche temporal do Museo da Pesca de Fisterra.
- No natalicio do escritor emigrante muxián Victorino Abente Lago.
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (III).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (II).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (I).
- Ceés / Ceesa e outras propostas filolóxicas polémicas en Xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega.
- Os neofranquistas de Cee non queren mudar o nome do colexio público Eugenio López.
Novas relacionadas
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- Miro Villar, un contacontos de primeira.
- Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
- As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG.
- Miro Villar explica por que rexeita o Faro Nerio.
- Miro Villar: Estranxeiro na súa patria.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).