No prelo a edición de "Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García"

A exhumación da obra dos escritores da Costa da Morte, quer aínda inédita, quer édita e inaccesible por diversas razóns, debe ser sempre unha boa nova para a cultura da nosa comarca. Desta volta as persoas lectoras do dixital Que pasa na Costa hanme permitir certa dose de «autobombo» para publicitar que a vindeira semana entra no prelo das Edicións Fervenza, pequena editora de amplo catálogo que dirixe Manuel Núñez en Silleda, a obra Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García.
Sen ningunha axuda institucional de entidades laxesas ou galegas, pois malia seren solicitadas até hoxe non amosaron sensibilidade cara ao proxecto, este pequeno selo editorial vai arriscarse a publicar unha obra de 352 páxinas, que como subliña o título é unha compilación dos textos poéticos do escritor de Laxe que teñen relación co mar e en particular coa Costa da Morte ou «costa brava», topónimo este último que adoitaban reivindicar nesa altura fronte ao primeiro que veu de fóra coma unha creación do xornalismo sensacionalista por mor da traxedia dos naufraxios e das súas lendas.
Unha parte dos textos xa foi agrupada polo propio Antón Zapata García (Laxe, 1886 – Bos Aires, 1953) baixo o epígrafe «Dorna saudal» no seu único libro de poemas A roseira da soidade (1954, póstumo) e o resto destes versos publicouse en revistas e xornais da época nos moitos anos da súa diáspora bonaerense.
O estudo introdutorio ábrese cunha breve anotación biográfica e unha análise do contido dos seus poemas descritivos do mar e da vida mariñeira, para rematar coa análise e un glosario do seu léxico mariñeiro, tendo en conta a clasificación que fai Alvar no Léxico de los mariñeros peninsulares [1985: 43-60], no que non se definen as palabras de uso máis común mais si todas as demais e no que se ofrecen a maioría dos contextos de uso. Aos doce apartados sinalados por Alvar engadíronselle outros dous a maiores: o primeiro intitulado Fraseoloxía mariñeira e o segundo Onomástica mariñeira.
E a obra complétase coa antoloxía dos poemas, en edición anotada. Deseguida reproducimos, como botón de mostra, dous sonetos que se antologan na obra:
A COSTA DA MORTE
ANTIGAMENTE os celtas, de prodixioso nume, chamáron-a, en brigántigo, «País dos Silenzosos», pois vêndo ao sol poñerse, coidaban que o seu lume ía quentar âs ánimas dos antenados nosos.
Os bardos e os druídas, até ao facho Néreo, ían pelegriñando ao vîr a lúa chea; e xunto ao rexo dolmen, unxidos de mistéreo, ceibaban os seus pregos â Hora da Estadea.
No fondo d-eses tempos, inda hoxe, ao mariñante —se a costa medoñenta do Nerio olla por diante—, rexúrdelle o relembro dos nosos antenados:
¡seméllan-lle seus faros, n-as nuites tenebrales, phantásticos ciriales que aluman a marfoxa dos probes afogados!...
A VILA DE LAXE
AO pê da «Arca grande», e sobre a pedra dura, a filla ben querida dos ártabros, laxesa, espéllase n-as ondas tranquías, coor turquesa, pieitando os seus cabelos de ourífica finura.
De pesca e mariñeira tên a lanzal feitura, e, de outo señorío, tamén prestanza acesa: pol-o abolengo, pode ser céltica princesa, pois, n-ela, de Altamira, o embrema ainda figura.
No vran, as súas praias son leitos de puntillas enonde a siesta dormen as peixadoras quillas sin relembrar nortadas, trebóns e furacáns;
e cando na invernía o mar morde os cantiles, e afonda lanchas e homes, e tira côs petriles... ¡a branca vila enlóitase pol-ós mortos laxeiráns!...
- Miro Villar, ceense Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Autor do blog As crebas.
Artigos de Miro Villar en QPC
- A dez anos da Homenaxe a Cipriano Fernández, alcalde republicano de Fisterra que foi represaliado en 1936.
- As comarcas de Bergantiños e Fisterra na guía de viaxes francesa Joanne de 1890.
- De “coreanos” a “faroleiros”. Unha cala sobre os alcumes da Costa da Morte no Portal de Ditados Tópicos Galegos.
- Unha obra teatral contra a lesbofobia no distrito de Corcubión en 1901.
- A escura lembranza do Prestige.
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (3ª parte).
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (2ª parte).
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (1ª parte).
- Unha crítica á celebración do 12 de outubro nos versos de Antón Zapata García.
- Novos testemuños do franquismo de Eugenio López López.
- A romaxe da Barca desde a emigración bonaerense:
- A fundación en Bos Aires do xermolo da «Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión» e a unificación coa «Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía».
- Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Tres sonetos de Antón Zapata García no Día de Galiza do ano 1947.
- A Costa da Morte en Nova Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial.
- Efeméride: No 80 aniversario da publicación de «Na morte de Lexandro Bóveda» de Antón Zapata García.
- Efeméride: No 64 aniversario do pasamento do poeta Antón Zapata García.
- Os artigos literarios de Baldomero Cores no diario vespertino La Noche.
- Nemancos (1953-1954), a revista dirixida por Baldomero Cores Trasmonte.
- «O pino de Corcubión» en dous poemas de Xervasio Paz Lestón.
- Paco Souto, in memoriam.
- Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- El Eco de Mugía (1902-1904). No 115 aniversario dunha cabeceira da prensa costeira
- “A relixión do mar”, de Xosé Iglesias Lamela.
- Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.
- “O pino de Corcubión”, un poema de López Abente.
- Nos 80 anos (1936-2016) dun decembro negro na Costa da Morte.
- O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Emigración e antifranquismo na poesía de Xervasio Paz Lestón (23/10/1898 – 1977).
- No trinta aniversario do colectivo de poesía «Un Medio» de Cee.
- «A Virxe d’a Barca», un poema de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917.
- Coplas populares na nosa lingua no Programa de Festas de Cee, agosto de 1952.
- Adagio por outono.
- A xeira do Seminario de Estudos Galegos en 1936 a Fisterra.
- «Saúde e Terra, irmá(n)s!». Exposición conmemorativa do Centenario das Irmandades da Fala (1916 – 2016).
- A vinte anos I Encontro de Escritores e Escritoras da Costa da Morte, primeira actividade do Batallón Literario.
- O poeta maltés Stephen Cachia critica o peche temporal do Museo da Pesca de Fisterra.
- No natalicio do escritor emigrante muxián Victorino Abente Lago.
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (III).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (II).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (I).
- Ceés / Ceesa e outras propostas filolóxicas polémicas en Xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega.
- Os neofranquistas de Cee non queren mudar o nome do colexio público Eugenio López.
Novas relacionadas
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- Miro Villar, un contacontos de primeira.
- Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
- As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG.
- Miro Villar explica por que rexeita o Faro Nerio.
- Miro Villar: Estranxeiro na súa patria.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).