Xoves. 18.04.2024
El tiempo
Óscar de Souto
09:54
23/08/18

Crime pasional

Crime pasional
Esteiro do Anllons Como algúns xa sabedes que eu son cabanés, poida que, polo titulado do artigo, poiderades creer que ía dar algún detalle escabroso sobre o acaecido estes días no meu Concello. Mais non vai ser o argumento, por suposto. Si decirvos que este feito debería trocar certas cousas que secularmente están moi mal por aquí. Mais, a pesares das manifestacións de repulsa convocadas nalgunhas capitais galegas, por aquí, a min “paréceme” que pouco ou nada mudará. En Ponteceso, por exemplo, o Concello lindante, fai un minuto de silencio e pequena concentración e.... pola noite..... festa na Graña con foguetes e orquestra, non sei se era a Olimpus, pero resoaba forte en Cesullas, Cesullas.... precisamente a parroquia na que foi soterrada a víctima ese mesmo día. En Cabana outro minuto e bandeiras a medio astil, un día, e pouco mais, de momento. A min dame a sensación de que todos estes casos están demasiado de moda e tanta foto e tanta propaganda da a sensación de que non respeta nada as familias e os amigos/as de unha parte e da outra e que só procuran vender mais. Pois poida que, como en calqueroutro crime, hai moitas mais vítimas que a propia víctima. Respeto que nunca ten a prensa (especialmente a de papel) cando ocorre, por poñer outro exemplo, nun accidente de tráfico, e sitúan a foto do cadáver na portada do xornal... sen máis contemplacións. Fantástico. E hoxe eu quero falar doutro crime pasional. O crime daqueles que aman loucamente a Galicia e, de súpeto, deciden falar en castelán. Moitas veces cun moi marcado acento galego e con demasiadas expresións mixtas. Ese novo bilingüismo do castrapo. Moi curioso amar tanto a esta Terra e ao mesmo tempo agredila asi intentando malamente falar noutra fala foránea. Tamén temos que mencionar outro crime pasional en Cabana. Si. O que fixemos todos o permitir que as eléctricas plantasen tres eólicos xigantes, de cento cincuenta metros, xusto na cima do Camiño dos Faros, no mirador do Castelo de Lourido. Si. Xusto onde eu compuxen aquel poema de “alta paz que me asiste” en pleno monte Ghontón. Aos pés da miña ria atentarán contra a paisaxe que era precisamente o último de valer que ainda nos quedaba. Vexo decote como a xente abandona tuppers plásicos, bolsas e toda clase de porcalladas na beiramar e sigo sendo testemuño de “crimes pasionais” contra a nosa amada paraxe que hoxe fixeron famosa os medios por ese desgraciado suceso que non representa a Cabana nin reprenta a ningún cabanés.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios