Peregrinos de Autopista
17:54 30/03/17
A nova vía rápida Carballo-Pazos, e tamén a recén estrenada autopista sen peaxe tramo Carballo-Vimianzo, modificaron xa inevitablemente por sempre as economías das localidades polas que pasa de largo ou polas que empeza e remata, beneficiando a todos aqueles que conseguiron atraer clientes ós seus establecementos e tamén causando peches naqueles que, por un motivo ou outro, quedaron xa fóra de xogo.
E son os finais de destino como Laxe e Fisterra, Cee ou Corcubión, tamén Ponteceso ou Pazos, os que, dun ou doutro xeito, rentaron este fluxo de peregrinos de autopista que arriman o seu pan a esta sardiña cada finde para disfrutar do noso paraiso verdescente conectado, por fin, co resto do planeta.
No pasado eran as rutas marítimas Venecia, Fisterra, Bretaña e Gales a nosa particular galiña dos ovos de ouro, máis hoxe en día son as comunicacións terrestres a chave que desfecha a cancela do progreso deste edén atlántico onde: tranquilidade, sol, praia, gastronomía e paisaxe, conxúranse para ofertar o mellor de nós, cada verán. Coa nosa xenuína fórmula máxica de fusionar clásicos infalibles como frescos percebes roncudianos e primicias como a famosa fabada con polbo e almejas, todo fresco, e, para máis inri, todo barato, barato, barato.
E tamén mencionemos a publicidade de baixo custo (internet, xornais, folletos, eventos, radios, etc) que, as veces, inclina a balanza para que elixamos un ou outro local. Ainda que esa relación entre trato o cliente, profesionalidade e calidade do servicio é a que culmina un éxito rotundo ou un trastazo de “se vende, traspasa ou alquila”. Porque está claro que algúns quéixanse de que teñen o seu vaso medio baldeiro e non se decatan de que, en realidade, ese mesmo vaso téñeno medio cheo.
E a todos/as os que se mofan, moi a miúdo, do voluntariado, eso de colaborar de balde para promocionar as nosas comarcas, debo sinalarlles que se os voluntarios frenásemos nesta intensa loita decisiva seguramente frenaría tamén esa chegada anual de peregrinos e xa non precisariâmos autopistas, nin locais, nin percebes, nin reservas para poder dilapidar algún aforriño.
Así que, grazas voluntarios/as, grazas peregrinos/as de autopista, grazas por facer posible que xire a roda do turismo findesemanero e, tamén ese turismo de hotel e vacacións, o turismo caravanero, o turismo en xeral tan ineludiblemente imprescindible para a nosa maltreita economía local. Que o vaso rebose é un asunto primordial que require da axuda incondicional de todos/as nós, porque nesto perdemos ou ganamos demasiado. O futuro da costa verdescente decídese hoxe porque mañán xa será demasiado tarde.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- A nosa sangue celeste.
- Descende o paro na Costa Morta.
- A creatividade costeira… florece na primavera.
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán.
- O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana.
- Buscando tesouros na praia de Laxe.
- A morte da Costa da Morte.
- Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas.
- Unha de cal e unha de area.
- Obscenidade, sexo e poesía.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).