Xoves. 25.04.2024
El tiempo
Serxio Iglesias
11:54
04/02/11

Marbella

Estoulle dando moitas voltas a columna desta semana. Non é para menos. Non tódolos días se interveñen tres concellos na bisbarra, se detén a tres alcaldes e se practican 11 detencións en relación coa corrupción política. Aquí, na miña terra polo menos non. Hai quen en tempos tan remotos como hai sete días falaba, o respecto de Fitur e da promoción turística da bisbarra, de que non era preciso “marbellizar” a Costa da Morte. O autor desta declaración a facía en prol de impedir que a bisbarra se volverá “como Marbella” en canto a un suposto abuso do litoral, por excesivo numero de visitantes e por construción indiscriminada de urbanizacións e edificios en primeira liña de Praia. Claro que, paradoxos do destino, o que non terminamos de entender é que, en realidade, xa somos “Marbella”. Hai décadas. Resulta que xa non temos nada que envexar a fermosísima localidade malagueña. Bueno, si, o sol. Ese non hai xeito de tráelo, pero polo demais, estamos na onda. Temos todo o litoral fisterrán inzado de edificios e de denuncias por obras ilegais, fóra de plano, sen permisos municipais ou da Xunta e cheos de irregularidades. Moitos deses edificios que provocan que, literalmente “non quede un metro por construír” na vila do Cristo, están denunciados, nos tribunais ou xa coa orde de derrubo enriba. Outros agardan a un xuíz con gañas de traballar, pero pinta a que non hai modo xa de salvar o litoral Fisterrán. Xa temos “high society” disto do figureo e a alta política. Persoeiros a cabalo de vehículos de gran cilindrada dispostos a lucir Rolex, traxe e corbata nos mais emblemáticos restaurantes, festas e saraos, o tempo que señoritas de moi bo ver (ou non) fan as veces de Nuria Bermúdez na buscar dun oco na carteira do magnate de turno. Xa me entendedes… Faltábanos o golpe de graza e o luns chegou. Faltábanos a gota que colmara o vaso das vaidades e, por arte do Xulgado nº2 de Corcubión, aquí esta, xa chegou. A caste que faltaba para ser finalmente Marbella. Para poder completar a metamorfose. O palmero de tribunal. O jaleador de alcaldes-cachulis. O pailán de turno, que hai unha década, cando Ramón Vigo provocou no PP de Cee a maior escisión na súa historia (“Os Chechenos” os chamaban) inxuriaron e insultaron, ofenderon gravemente o actual líder dos Independentes. Pero o mércores... hipocrisía. Nun exercicio de funanbulismo digno do mellor artista, os áais tímidos déronlle a man a súa saída do Xulgado das Miragres, os máis interesados o agarraron polos ombreiros para despois dedicarlle un “Vamos Ramón” ben sentido. Os máis valentes, indignos e temerosos abrazábanse a el como quen agarra a ultima táboa dese veleiro que se afunde. Porque algo podrece e se somerxe no mar da Costa da Morte e nos converte a todos en viles mercenarios a disposición dun xeito terrible de entender a democracia. Tanto tes, tanto vales, estar na foto aínda que sexa de comparsa. Estar disposto a figurar pase o que pase aínda que o acusado sexa, en efecto, o teu principal inimigo político. Aínda que lección tras elección ti teñas votado o PP. Agora non, agora toca Independente. “Xogámonos moito”. Claro Cando co paso do tempo se saiba algo máis da Operación Orquestra, seguramente, viran as “escapadas”. Os esquecementos, as dubidas… “¿fariamos ben aquel dia Pepito?”, “Non sei muller, pero, ¿que querías que fixera?”. Bueno, podías comezar por ter dignidade e non amosar a a toda España que careces dela e que, por figurar, sírvevos ata a saída dun alcalde imputado por cinco supostos delitos nun xulgado de Instrución. Suborno, falsidade documental, prevaricación, trafico de influencias, delito contra a Facenda pública. A Presunción de inocencia se supón e resulta inestimable. Pero a presunción non é inocencia. E presunción. O igual que unha imputación non é nunca unha condena. Pero é unha imputación. Marbella é un sitio estupendo. Teñen bo clima, nivel de vida, coches caros e dáche a sensación de que esta deseñado para que un descanse e desfrute. Seis meses de bo clima asegurado, mar, praias longas e paseos marítimos interminables. Luxo e lugares fermosos por igual. Gastronomía puramente mediterránea. Si, todo esta construído, si, alí a Pantoja e Cachuli fixeron boas migas e levaban as cousas en bolsas de basura negras. Pero claro nós, que somos o cumio da dignidade de occidente dende o luns pola maña non queremos “Marbellizarnos”. Xa, xa. Corrupción, trafico de influencias, malversación de fondos, delitos contra a facenda, suborno, Prevaricación. ¿Marbella?. Non, peor. Costa da Morte.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Artigos relacionados

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores

Comentarios